miércoles, 18 de febrero de 2009

O PRINCIPAL MÉRITO DA POLÍTICA DEPORTIVA DO BNG CONSISTIU EN EXPULSAR DE GALICIA A DAVID CAL


O único mérito da política deportiva do BNG nestes catro anos de bipartito consistiu en expulsar de Galicia ao medallista olímpico David Cal, ao que a Conselleira nacionalista de Cultura e Deportes, Ánxela Bugallo, forzou a deixar o Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra -onde adestraba- para continuar entrenando en Asturias, onde o Principado lle ofreceu todo tipo de facilidades, que en Galicia se lle negan.

O bipartito presenta ás súas costas un triste balance de expulsións, que inclúe desde deportistas de elite como David Cal ata empresas punteiras como Pescanova, pero tamén os milleiros de mozos que nestes catro anos se viron obrigados a emigrar a outras Comunidades en busca de oportunidades laborais que en Galicia non atoparon.

Así o demostran os 11.540 mozos que tiveron que marchar de Galicia no ano 2007, unha cifra récord que pon de manifesto o fracaso das políticas laborais e de xuventude do Executivo bipartito.

Con estes antecedentes, tanto Touriño como Quintana carecen agora de forza moral para pedir o apoio dos mozos nos comicios do vindeiro 1 de marzo.

4 comentarios:

Andrés Álvarez dijo...

Cousas do nacionalismo "democrático" que nos goberna. Case que importa máis ter un carné dun determinado partido que facer méritos persoais.

ROA dijo...

si poden dicir misa, todos sabemos o que en realidad fra´n, creación de máis e máis consorcios, colocacion a dedo dos seus "amigos" e punto pelota e outros 4 anos a vivir, que para iso e o carto de todos, eso si, mentres a afundir a nosa comunidade na miseria e a fomentar o odio entre a xente pola nosa lingua.

elías maceiras fraga dijo...

O de David Cal, mesmo o ataque que co seu galegués fan ó idioma real de Galicia, son cousas a ter en conta á hora de votar.
Eu xa botei as súas papeletas no contenedor.

Nel dijo...

Lembramos outramaneira de ver o conflito entre a Consellaría e o abanderado de Louzán, David Cal. Habería que recordar as críticas doutros deportistas, por exemplo, Bea do Grove, a Cal e a Morlán, o seu adestrador e militante do PP, para coñecer a manipulación política que o PP fai deste caso.

http://www.vieiros.com/nova/61465/que-pasa-no-piraguismo-galego

Fago unha pregunta: estades de acordo en que se sae unha convocatoria de axudas a deportistas de elite no DOG e un deportista non presenta os papeis é culpa do convocante e non do convocado? Esatdes de acordo coas palabras de Morlán cando dixo que non era cousa del ler o DOG?