lunes, 9 de febrero de 2009

Valentía política

É preciso comparar a valentía, a responsabilidade e a capacidade de liderado de Alberto Núñez Feijóo coa nula ética dun Emilio Pérez Touriño que avala e impulsa o malgasto na Xunta.

Fronte a un candidato que ten os seus principios e ideas moi claras, está un presidente do Goberno Galego que manexa os fondos públicos pensando só en darse caprichos de novo rico e en levar vida de estrela do cinema.

Estamos nun país no que os cesamentos e as dimisións non se estilan, e no que é práctica habitual tratar de aguantar ata capear os temporais. Feijóo demostrou que iso non vai con el, que aposta pola limpeza, por dignificar a clase política.

No hay comentarios: