Moi pouco durou a harmonía no bipartito galego. Nestas datas recentes e tra-las negociacións para extrapolar o pacto autonómico ós municipios e deputacións, tanto BNG como PSdeg, enarboláronse nunha loita política e dialéctica que reflexa a clara antipatía que se mostran os señores e señoras que nos están a gobernar. Poucos días fai que escoitabamos a un Carlos Aymerich chamando "dictador" a un socialista de raza como é o lucense Orozco, polo simple feito de preferir dirixir os destinos de Lugo en minoría con apoios puntuais do centro dereita do PP.
Orozco, un home que sempre estivo en sintonía coa política de Paco Vázquez, convertiuse nun elemento molesto para a cúpula socialista e para o nacionalismo dado en Lugo. Orozco non pactará para gobernar maioritariamente custe o que custe, e con este sentir evitará situacións que se deron no goberno autonómico onde moitas veces xa non se sabía quen era o presidente e quen era o goberno.
A radicalidade do actual BNG pasa por impoñer o seu proxecto, Galiza, que non é o de Galicia, xa que defendendo a Galicia estamos defendendo a identidade sen exclusións, e Galiza é un modelo pensado na idade medieval, co que entendeo que Orozco non pacte coas actuais persoas da UPG.
No hay comentarios:
Publicar un comentario