lunes, 20 de agosto de 2007

Alexandre Bóveda... In memoriam


Por circunstancias da vida eu teño a honra de ter na miña casa o manifesto orixinal en fotocopia da fundación do PG (Partido Galeguista) incautado pola policía en 1936, asinado por figuras que me enchen de emoción cando investigo sobre as súas obras.
Figuras como Bóveda son os verdadeiros símbolos da reivindicación galeguista como o autogoberno, o recoñecemento da nosa cultura eo noso progreso... tales figuras son patrimonio de tódolos galegos, sen exclusións, xa que todo galego merece ter o dereito a defender a súa persoa, obra e figura, por iso, creo que é un grave erro que certas organizacións como Galiza Nova fagan demagoxia coa súa persoa, apropiándose dun dos iconos máis vencellados ao pobo galego, porque a súa labor xa non pasa desapercibida para ninguén. Parece que ningún partido máis que o BNG pode reivindicar a súa figura, para a que tan só falta que lle den carnet de militancia sobre a súa tumba, cando todos sabemos que os principios de Bóveda ao igual que os de Castelao defiren moito do leninismo e do independentismo da UPG, sector patriarca en Galiza Nova e no BNG. É respetable e até admirable que se ensalce a figura de Bóveda por parte do BNG, pero o que non pode ocorrer hoxe en día é que se queira patrimonializar de maneira partidista todo o galeguismo.
A súa obra céntrase nas reclamas autonomistas para Galicia, nunca excedendo o tono galeguista hacia imposicións independentistas, e disto hai escritos que así o recoñecen referíndose a Galicia dentro do Estado español... O seu catolicismo confeso e as súas ideas conservadoras creo que non pegan moito nunha ideoloxía como o BNG, por iso non ten o dereito a facer del a súa arma política.
Non é hoxe o día no que me deixa de tremer a miña carne cando leo e releo o proceso condenatorio que o levou ao seu fusilamento de maneira cobarde, vil e cruel. Quen fora o membro central da comisión redactora do Estatuto no Comité de Autonomía, motor do PG e deputado nacional nas cortes republicanas foi detido polos militares insurrectos sen cometeres ningún delito máis "que o de servir a Galicia, a miña patria..."
Bóveda é unha das persoas que con máis valentía se enfrontou ao seu destino e espero que algún día tódalas aquelas persoas que morreron inxustamente como el polo único delito de defender as súas ideas sexan levados á memoria da cidadanía sen intrumentalizacións políticas por parte de ningún partido e de ningunha lei que trate de facer mortos bos e mortos malos...
"Nunha guerra entre irmáns non hai vencedores, tan só vencidos..."

6 comentarios:

Sísar dijo...

Increíble reflexión sobre Bóveda, sin ataduras en el lenguaje.

Pensar diferente o no estar de acuerdo con actitudes de otra gente es ser derechista o extrema derecha hoy en día.

Me niego a que todos los que pensamos diferente se nos tache o intente cohibir nuestra libertad de expresión.

Excelente post. Bóveda se merece un homenaje por parte del Pp también, pero ya saldría Iría Aboy diciendo que prostuimos los símbolos galegos. Increíble a las cotas que llegan algunos.

Jorge Cubela dijo...

Amigo sísar el PP ya le hizo el mejor de los homenajes posibles, lo nombraron, junto a Rajoy Leloup, hijo adoptivo de la Provincia de Pontevedra. Saludos.

Anónimo dijo...

sisar lameculos

Anónimo dijo...

Hombre, si bien es cierto que Bóveda era una persona moderada y dijo que el problema del reconocimiento de Galicia era sobre todo económico, no es menos cierto que participó en ese invento llamado "partido galleguista" (de hecho se presentó por el frente popular en el 36, una coalición de partidos de izquierdas) y el PG tenía la autodeterminación en su programa.

Anónimo dijo...

PD: por no hablar que resultó elegido digamos, para ser generosos, de forma un tanto confusa.

Jorge Cubela dijo...

Sí, se presentó por el FP pero ya en el 36, en plena radicalización política. Pero hay que tener en cuenta que Bóveda era fiel a Castelao más que al PG y a ningún otro, lo hubiera seguido hasta el fin del mundo, pero Bóveda no era ni mucho menos de izquierdas radical, se termina su horizonte en progresista y yo también lo soy, no sé porque ese término sólo es comparable para la izquierda... hoy todo el mundo busca el progreso! saludos