miércoles, 22 de agosto de 2007

A Educación, un valor


Vou a expoñer un estracto do meu discurso de fin de curso de II-Bachar. no Xunqueira II para volver a reclamar a educación como un valor da sociedade, espero que a vós tamén vos guste.

(...Aos xóvenes tocounos vivir cambios educativos que viron facéndose ó longo da democracia e que nos fixeron ser pezas de axedrez dos diferentes gobernos centrais, os que pretenderon impoñer un modelo educativo hipotecado ata a chegada do seguinte partido político, isto é a verdade.
Nunca na historia de España houbo consenso á hora de establecer unha lei orgánica da educación, noutros países sí como o caso de Finlandia ou mesmo o veciño Portugal, e os indicadores mostran que unha consecuencia disto é, que estes países están nos primeiros postos do ranking de bos resultados mentres que España segue á cola dos paupérrimos en nivel educativo.
As reformas deberían ser "ad multos annos", por un prazo moi longo de tempo.

Os máis novos consideramos que a educación é o instrumento máis adecuado para a construcción da identidade persoal dos individuos; os xóvenes defendemos que a educación é a maneira esencial para o desarroio das nosas capacidades e para entender e analizar a realidade por nós mesmos e para o respecto das diferenzas individuais e de pensamento, non sempre respectado por algunha xente.
Isto xa foi defendido polos ilustrados do S.XVIII de Inglaterra, Francia e Alemaña, nós aínda o estamos a reclamar no S.XXI, progresamos moito sí, pero as carencias son evidentes, os datos son obxextivos, e o fracaso escolar é patente.
Tense que defender porque é o medio para a renovación cultural, que é o que fai libres ás persoas, a cultura, sen exclusións e imposicións.
É o medio para comprometerse coa DEMOCRACIA e co RÉXIMEN DE LIBERDADES que establecimos no ano 1978, onde a xente pode decidir por sí mesma, onde o mérito e o esforzo teñen o seu xusto recoñecemento, onde ninguén vive sometido á arbitrariedade.

Non me sinto membro do Narcicismo apocalíptico, movemento que di que quen denuncia algo síntese como último supervivinte dunha nobre estirpe, non o sinto así, sinto o que é "vox populi" sobre este tema.
É por estes motivos, que ofrecer unha boa educación é a maior riqueza dun país e da súa cidadanía.
Entendemos que hai que ofrecer unha educación que poida responder ás cambiantes demandas da sociedade pero con límites, somos alumnos e persoas, non máquinas coas que se pode experimentar.
Cando nun ano non se podía repetir en primeiro da ESO, ó seguinte sí; cando nun ano podías pasar con dúas suspensas, ó seguinte fan setembro, decembro, febreiro, abril e xuño...

Os alumnos temos frentes abertos por tódolos sitios, nas aulas crece o porcentaxe de conflictividade, hai pouca motivación... Hai profesores que parece que lle deron o título no mercadillo, é máis, algúns semellan que veñen a clase por facer acto de presencia; ou aqueles profesores que pensan que como vivimos no mundo da información, internet pode facer o traballo por eles chegando ós exames sen ter idea do que entraba...
Hai unha falta moi grande de formación pedagóxica para afrontar situacións que se presentan nos centros educativos, isto son feitos non palabras...)
O que espero é que o próximo goberno que lle toque dirixir os destinos de España e a tarefa de ofrecer unha boa educación reflexionen e empecen a escoitar a pedagogos, especialistas, alumnos, etc... para facer o cambio que se precisa nestes termos educativos para recuperar o tempo perdido e que non se volvan a repetir casos nos que nomear a personaxes como Locke, por exemplo, sexa falar de ovnis... con todo o que lles debemos a este tipo de pensadores. As novas xeracións de xóvenes, pola nosa parte, temos que facer presión dende a política ou dende a movilización para reclamar un Dereito fundamental como o é a Educación de calidade. Saúdos.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Respecto a la educación: el problema de la educación bajo mi punto de vista es muy simple. Lo resumiré con un caso típico...

Si tienes 18 años te sacas bellas artes en 5 años (u otra carrera igual de fácil, para obtener puntos de oposición), opositas a profesor de secundaria de matemáticas y te encuentras enseñando algo de lo que careces de un conocimiento global a alumnos de bachiller.

Este caso es demasiado habitual, y no es el principal problema, lo verdaderaente traumático es que en el mejor de los casos te está dando matemáticas un físico, matemático o ingeniero pero que carece de lo más importante: conocimientos pedagógicos.

La buena educación se sustenta en dos pilares básicos: el conocimiento y la capacidad para trasmitirlo.

Los famosos 'divulgadores' sólo se cuidan en el mundo anglosajón (los mejores libro ténicos son de ellos). En esos países se distingue claramente entre el invetigador y el divulgador.

La solución bajo mi punto de vista (soy ingeniero industrial) es clara: cada carrera superior debe tener 3 años básicos y llegados a cuatro debería existir una rama pedagógica sólo a través de la cual, acabándola, se te permitiría opositar: sólo así nos aseguraríamos conocimiento y capacidad para divulgarlo (los cursos de preparación actuales son de risa)

Un abrazo.

Anónimo dijo...

Aínda hai máis do discurso?... 18 anos... quedei coa boca aberta, medirei os meus comentarios a partires de agura, eres bo rapaz e sabes moito.

Anónimo dijo...

Prefiero que me enseña alguien que le cueste enseñar que alguien que no tenga ni puta idea

Anónimo dijo...

No creo que la educación en España sea mala, pero losmedios que hay son mínimos... Primero porque no hay un nivel adecuado al siglo xxi y después porque no existen acuerdos en las materias a impartir.

Anónimo dijo...

La educación es España no es mala, es pésima. Y la situación se hace más evidente a medida que se avanza en los estudios. Los catedráticos están acomodados, desganados. La mayoría ni tienen interés, ni capacidad para comunicar.

Anónimo dijo...

Estimado Jose Luis. Me estás dando la razón completamente en mi artículo, lo recordaré como tal. Un abrazo