domingo, 19 de agosto de 2007

Reforma do Estatuto...

Onte, no día da "Galiza mártir", o vicepresidente da Xunta de GALICIA e líder do BNG, Anxo Quintana, volvía a falar da reforma do Estatuto galego, paralizado pola negativa a aceptar o termo "Nación".
Falaba responsabilizando ao PP de Núñez Feijoo con estas palabras: "se queren un diálogo e acordos o primero que teñen que facer é levantar o veto a un Estatuto de nación para Galiza".
Para min o sentimento de ser galego e de nacer en Galicia é igual, moito ou máis profundo cao dun nacionalista ou independentista. Primeiro, porque a idea que defenden eles de Galicia non é a que defendo eu nin a maioría dos galegos. A súa idea é Galiza e a miña Galicia, que son ben diferentes. Mentres un, o primeiro, susténtase na "exclusión" ( ao conxunto de España), na imposición a todo (falar galego, pensar como eles, etc..) e que tan só é acollido por dous de cada dez galegos; o segundo, é a escenificación da vontade de case tódolos galegos, oito de cada dez, e é a idea que defende a nosa cultura, o noso idioma, o noso patrimonio sen ter que excluirse de nada nin de ninguén, nin impoñer nada, porque para toda esta xente ser galego é perfectamente compatible coa idea de ser español e pertencer a España, ou recoñecer dúas linguas oficiais. Non é máis lexítima unha idea que a outra pero o que é evidente é que unha é a que quere a inmensa maioría do pobo galego, a de Galicia. Falo de oito de cada dez galegos, nin máis nin menos. Para min é tan traumático pensar nas persoas que renegan de ser galego ou de ser galeguista das que renegan de ser español, aínda que ambas son lexítimas e o respeto como ideoloxía o merecen ter cada unda das ideas, mais eu non o comparto nin me identifico con ningunha das dúas.

Para min, e que é co que intentan loitar os nacionalismos, ser español é unha maneira de ser galego e ser galego é unha maneira de ser español, porque Galicia é unha parte de España por legalidade, por historia e por sentimento...

Para min e, creo que para todos, o autogoberno foi o que fixo posible que Galicia saia no mapa das autopistas, nas citas culturais ou que teñamos institucións propias e sinais de identidade. A unidade dos galegos aséntase arredor do noso Estatuto e do noso parlamento. O noso Estatuto, aprobado no 1981, supuxo para nós e para o futuro de Galicia a primeira etapa de reinserción económica e de desarroio máis importante da nosa historia. Levamos 25 anos convivindo sen conflictividades máis que aquelas creadas polos nacionalismos que se declararon excluíntes, erro no que non pode caer, polo ben de Galicia, Anxo Quintana.

O que debía ser unha reforma por unanimidade é paralizada pola minoría que pretende impoñer a unha maioría o que tan só pensa esa minoría, que é a única responsable desta situación.
O líder Núñez Feijoo, para min unha persoa humilde e comprometida no devir de Galicia ao igual que Anxo Quintana, plantexara fórmulas de definición alternativas a "Nación" pero "próximas" a un reflexo desta idea, co que eu o exculpo de toda responsabilidade, xa que, el máis que ningún outro tratou de buscar o consenso a través da "proximidade" para que dita reforma fora respaldada por todos e coa que todo o mundo se puidese identificar, pero a intransixencia duns poucos ou quizais só de Quintana fixo que chegáramos até aquí sen nada. Creo que o camiño para non defraudar á nosa historia, aos nosos devanceiros e a toda a sociedade galega, para non establecer bos e malos, será que tanto BNG, PP e PSOE vaian da man, co que pido ao señor Quintana, con quen tiven oportunidade unha vez en Pontevedra de intercambiar unhas palabras, reflexione e pense no ben de Galicia de maneira realista co sentimento da maioría para sacar do caixón a reforma do Estatuto e non perder o vagón das demais CCAA, que xa iniciaron as súas respectivas reformas e que xa foron aprobadas dentro do consenso como en Andalucía.
Saúdos lectores.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Siento ser tan crítico pero lo siento, no todas las ideas son igual de respetables, ese es un tópico absurdo.

"Lo que hace respetable una idea es la fuerza de su argumentación, su resistencia al confrontarla con otras"

El término cultura excluyente o inversionista, como se prefiera, es en si mismo un contrasentido. ¿Qué nos aporta culturamente o patrimonialmente 'excluir'? Nada, nos empobreceremos intelectual, social y económicamente.

Esa idea me parece pobre, mediocre y por tanto mucho menos respetable que la idea de la convivencia de las dos culturas. Nosotros, por cierto, somos una mezcla de las dos.

Un abrazo.

Anónimo dijo...

Lin o anterior comentario...non logro definilo, ¿en que te amparas, acordo ou desacordo?. Eu votei a Anxo Quintana nas eleccións autonómicas porque penso que é unha persoa moi razoabel que ten o aval da boa xestión que fixo en Allariz, por ningures o culparía do estancamento do Estatuto. Para ser do PP falas con moderación e argumentación sen diferenciar bos e malos pero todo isto débese a Genova e a Ferraz... cando os galegos saiban o que é posibel sendo Nación o aceptarán. Moi boas noites.