jueves, 14 de agosto de 2008

MENTRES A SITUACIÓN ECONÓMICA DE GALICIA SE DESMORONA TOURIÑO SEGUE DE VERANEO

É inconcibible que mentres a situación económica de Galicia se desmorona, o Presidente da Xunta se dedique por igual a veranear e a lanzar mensaxes triunfalistas e irresponsables sobre a conxuntura da economía galega.

O dato do IPC galego demostra que a inflación en Galicia segue desbocada mentres o Goberno, non só non sabe como controlala, senón que nin sequera o intenta.

Para os galegos que non viven en San Caetano é inconcebible que os prezos crezan en Galicia nun 5,6% nun só ano, tres décimas máis do que subiron no resto de España.

A Zapatero custoulle pero xa asume que estamos a atravesar unha crise económica severa; aquí, coa inflación por encima da media nacional, os nosos dirixentes seguen negándoa.

O número de autónomos en Galicia descendeu nun 48% durante o primeiro semestre.

o desemprego segue ofrecendo datos negativos en Galicia, onde se destruíron case 10.000 postos de traballo en doce meses.

Quenes pagan os efectos da crise? nós, os cidadáns.

No hay comentarios: