A reunión celebrada en Monte Pío entre José Blanco e Emilio Pérez Touriño para tratar o adianto electoral confirma a posición mostrada polos medios de comunicación e o Partido Popular.
Para tratar o tema do adianto electoral o presidente non se rodeou dos membros do seu Goberno; nin sequera convidou ao cume ao seu vicepresidente. O encontro foi con José Blanco, o líder na sombra do PSOE en Galicia, quen ademais move os fíos dun presidente da Xunta que lle rende pleitesía.
Os intereses que moverán aos socialistas á hora de fixar a data serán puramente electorais e non atendendo as necesidades dos galegos: na reunión non estaban os conselleiros que poderían explicar ao presidente como de avanzados están os proxectos nos que traballan.
O PSOE debería saber que xunto á crise, os galegos votarán -cando queira Blanco- sen esquecer tres anos de desgoberno, de malas noticias e de non avanzar no seu benestar persoal.

No hay comentarios:
Publicar un comentario