martes, 23 de diciembre de 2008

Actividades de AiD; CAF; folgas; taxas; un pouquiño de todo...

Este ano comezamos co II Ciclo de Cine que fai AID; seguimos cunha Charla Informativa sobre o Plan Bolonia á que acudiron 170 persoas; e máis tarde, reunímonos co Vicerrector para que respondera daquelas cuestións que lles preocupaban ós alumnos con respecto a este tema, liderando así os problemas dos estudiantes de Dereito ante persoaas que están por enriba nosa no Goberno da USC; e, por último, fixemos unha última charla informativa coas aclaracións do vicerreitorado, fixemos unha explicación detallada das nosas propostas para a Xunta de Facultade e explicamos o sentido de AID; eu intervín en ambas charlas, e pódovos dicir que a xente estaba moi dEsinformada sobre todo o relativo Ó Plan Bolonia, máis podo dicir, estaban totalmente desinformados.

É bonito facer folgas contra as taxas e Bolonia, publicar que o alumnado fai un seguimento de dita folga do 90% e logo que iso non sirva para nada, tan só para criticar a unha Consellería dun partido político diferente ó que os CAF apoian e que está na Xunta de Galicia igualmente, o BNG. Unha das cousas que clarifican o seu único interés, o electoralismo partidista ó servicio duns poucos políticos.
E senón a ver cántas folgas non haberá xa pensadas para xaneiro-febreiro ante as Eleccións Autonómicas. Tempo ó tempo, e recordade isto.
E, logo, non terán tamén parte de responsabilidade ambos partidos do Goberno Galego igualmente ante a SUBA INDISCRIMINADA DAS TAXAS? digo eu que nun goberno ten que haber criterio e acordos.

Diagnóstico:

Dous Gobernos distintos, intereses partidistas diferentes. Polo tanto, seremos os xóvenes, universitarios e non universitaros, os que sigamos pagando este desinfortunio histórico.

Esperemos que o próximo Goberno saído das urnas lexitimamente, un do PP ou un do PSOE-BNG, teñan en conta que non tódolos estudiantes teñen as mesmas posibilidades, nin os mesmos recursos á hora de pagar matrículas tan altas e desproporcionadas para os servicios que se prestan.

Porque as BECAS en primeiro é fácil telas, pero mantelas debido ó alto número de créditos aprobados que hai que ter, un 80%, fan moi difícil que, ante UN TEMPO DE CRISE ECONÓMICA E DE RECESIÓN, no que todo subiu, a compra, os alugueres, os servicios públicos... a xente con menos recuros e en plena crise económica poidan facer unha carreira universitaria sen atranques. Estes señores que agora suben as taxas e poñen máis dificultades para a adquisición dunha BECA, son os mesmos que prometeron invertir en educación pública e facilitar ás familias con menos recursos que os seus fillos puideran estudar sen dificultades económicas engadidas.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

A suba taxas son decididas polo Consello Galego de Universidades, no que teñen representación cada universidade e cada partido político con representación parlamentar.

As folgas dos CAF, ademais de folgas tiñan unha vertente institucional moi importante, e conseguiuse, grazas aos CAF, que os Claustros das Universidades da Coruña e Vigo se posicionaran en contra da suba das Taxas.

Ademáis disto, dos tres partidos políticos con representación parlamentar no Horreo, só o BNG posicionouse en contra da suba das taxas, botando PP e PSOE a favor.

Como ben sabedes, este posicionamento da UdC, da UVI e do BNG non conseguiu parar a suba das taxas, xa que a propia Consellería ten representación no Consello, e votou a favor, xunto con PSOE, PP e USC. Si se conseguiu que o incremento fose igual ao IPC, e non maior coma viña sendo.

Polo tanto, non digades que é a Xunta quen sube únicamente, xa que é o CGU.

O problema principal das bolsas non son os requisitos académicos, senon os requisitos económicos, que fan que só o 17% dos estudantes teñan bolsas.
En calquera caso, as bolsas, ao non estar esta competencia transferida ao goberno galego, dependen do MINISTERIO DE EDUCACIÓN, POLÍTICA SOCIAL Y DEPORTE, con sede en Madrid.

Por último:
"Dous Gobernos distintos, intereses partidistas diferentes. Polo tanto, seremos os xóvenes, universitarios e non universitaros, os que sigamos pagando este desinfortunio histórico."

Quen fala, Jorge Cubela, o militante de NNXX, ou Jorge Cubela, o asociado de AID?
Porque é clavado á propaganda partidista e partidaria da precampaña de Núñez Feijoo.

Un saúdo.

Anónimo dijo...

Fala quen fala, quen quere dar a súa libre opinión ante mentiras dos mesmos memos de sempre.

Á pregunta final xa che respondín no outro artigo.

Fala Jorge Cubela que pode ser NNXX, de AID, do R.Madrid e do deportivo da coruña ó mesmo tempo.

Con mentes pechadas afundímonos.

Anónimo dijo...

Non me rebates o corpo do comentario.

Debo entender, entón, que non tes argumentos para rebatilo, ergo, que me das a razón?

Por certo, controla a túa linguaxe, creo que sempre me referín a ti con respeto, non uses, entón, "memos"

Anónimo dijo...

Yo perdí la beca este año por dos créditazos de mierda. Lo que no me parece justo ni normal es que se diga que hay más becas y es mentira!!

Saludos Cubela

Jorge Cubela dijo...

O de memos se interpretáchelo como hacia ti, pídote desculpas, pero pensei que quedaba claro que me estaba a referir ós políticos de turno. Sexan do partido que sexan non creo que resolvan esta cuestión a non ser que mo ensinen cun poder notarial xD

Anónimo dijo...

É máis grave, creo eu, o número de rapaces do rural que perden a súa bolsa porque os seus país teñen terras, terras que traballan, dan pouco pero que no catastro pesan moito. Estes rapaces perden o pago de transporte e/ou aloxamento por mor de seus pais dedicarse á agricultura... e os números son máis amplos que os dos que a perden por número de créditos.

Isto, que pode parecer paradoxico, é normal en España, xa que alí, terras = diñeiro. Porén, ese baremo non é válido para a Galiza minifundista.

Este problema, por exemplo, podería ser solucionado coa transferencia das bolsas ao goberno galego de modo que os criterios fosen decididos en termos galegos.

É por isto que recalco que as bolsas dependen do MEPSYD, antigo MEC.

Non comentastes nada do das taxas.

Un saúdo.

luisteira dijo...

@ Luisiño:

Ademais de rescribir o Catecismo do labrego, ¿tes algún argumento serio co que rebatir as posicións que explicitou no post Jorge Cubela?

O argumento de que os CAF salvaron o mundo, chegaron á lúa e foron os únicos que loitaron contra o establishment non me cadra. Será que levo bastantes anos na USC.

Dende AiD, invitámoste a presentarnos unha proposta razonable a partir da cal valorar se incorporala ó noso programa e, o que é máis importante, ó conxunto de accións que levaremos a cabo tanto no Claustro como no Consello de goberno como nas diferentes comisións da universidade, así como na Xunta de facultade de Dereito.

Un afectuoso saúdo, e non mestures touciño e velocidade. No PP hai demasiadas sensibilidades ideolóxicas como para botarllo en cara a ninguén, xa sin ir a que é o partido de MEDIA Galicia.

Anónimo dijo...

Arias:

A ver Luisiño, lamento ter que che contestar, non por que me amargue o diálogo e a desputa, máis ben porque me amarga traballar en vacacións. Pero como non podo deixarme á nugalla, alá vou:

Primeiro: AiD non depende orgánicamente, nin de maneira oficial nin extraoficial, a partido ningún. Non recibe ordes nin de forma directa nin a través de intermediarios de partido político algún. Non se extrapolan as ideas dalgún partido político á Universidade de Santiago a través de AiD. E isto dígocho eu porque non son afiliado a ningún partido, nin Xuventudes de partido nin nada diso. E porque son o Secretario de AiD, con facultades case similares as do superior segundo a Lei de Asociacions. É esixencia para pertencer a AiD obviar en tódalas reunións contidos político partidistas, non se toman decisións en consecuencia destes e se se chegasen a tomar resultan inválidas conforme ós Estatutos de AiD. E isto sigo a dicircho eu que sigo sendo o Secretario de AiD desde as tres ou catro liñas anteriores, e se isto deixa de ser así, rompemos a baralla e aquí non xoga ninguén. Non sei se che queda claro. Moitos pensan que, como cada quen ten a súa ideoloxía, pois que esta inflúe no devir da Asociación; pero claro, como as ideoloxías dos membros de AiD son tan diversas (si, hai alí xente que non son Jorge Cubela, de feito, Jorge Cubela en AiD só e un membro, coma min, ou coma Fernando Carreiras, ou Rocío ou Marta; e cada un deles só vale por un Asociado, nunca por tres nin catro), pois, dicía, que como as ideoloxías son tan diversas, non se acada nunca a liña de partido que estás empeñado en ver. E en vela onde non a hai. AiD nunca, Nunca, NUNCA, en reunión algunha de órgano Universitario, en propaganda, cartaces, folios, folletos, billetes ou portas de cuarto de baño; digo, se proclamou Españolista, Falanxista, Comunista, Independentista, Nacionalista, Dereitista, Esquerdista, Trapecista nin nada que acabe en ista. Porque é unha Asociación Estudantil, e alí collen os estudantes: e os estudantes son coma tódalas cousas, cada unha coas súas particularidades. Os antigos CAF si que o fixeron, e fano habitualmente. Por tres veces o oín eu da boca, lingua e voz, da Señora Feixóo, na Comisión do Plano de Boloña. Outra vez da boca do Señor Piñeiro, aínda representante do Alumnado da Facultade de Dereito (de base nacionalista-sindicalista dixo, concretamente). CAF trae con frecuencia, á Universidade, a comparecer políticos do Bloque. AiD nunca o fixo, e se algún día trae a algún político, garantoche que traerá a varios e de varios signos opostos, e non para que boten propagandas. E AiD non é nin de base sindicalista nin nacionalista. É de base Estudantil, e Asociativa, polo que a liberdade individual de AiD garántese plenamente e as capacidades volitivas "ad extra" no ámbito interno de AiD vense freadas pola mesma capacidade volitiva do igual, sen que a organización supoña unha xerarquía de potestade senón de responsabilidade e de traballo. Por tanto AiD É INDEPENDENTE E ESIXE A INDEPENDENCIA DOS SEUS MEMBROS PARA FUNCIONAR. E volvo a pensar se che queda claro ou non. Eu creo, que como persoa intelixente que presumo que es, agora teralo claro; pero se te empeñas en crer que non é así, eu só podo encollerme de ombreiros, e, amiguiño, "allá te las hayas" como dixera o outro...

Segundo: a Suba das mal chamadas Taxas: pois resulta que o di claramente a malnacida e peor criada LOU no artigo 81.2.b: fíxanse pola Comunidade Autónoma dentro dos límites que lle fixe o CUG. Pero o caso é que tal CUG está manipulado pola clase política que actúa por arriba. A ninguén se lle escapa como se rematan elixindo os Consellos de Goberno das Universidades Públicas, e tampouco se lle escapa a ninguén que os partidos políticos pretenden inmiscuírse na vida das Universidades e ter alí o seu pé, coma polbos que todo o abrazan. AiD naceu, precisamente, para evitar iso. E por iso, aínda que o BNG votase en contra da Suba dos Prezos Públicos, e o PP a favor e o PSOE que fixese calceta mentres estaban na votación (a min qué me importan esos señores, uns e outros) QUEN TEN CULPA DE QUE OS PREZOS PÚBLICOS SUBAN É A COMUNIDADE AUTÓNOMA, E TODOS AQUELES QUE APOIAN UN GOBERNO QUE LEXITIMA TAL SUBA. Aquí é onde os Universitarios temos que poñernos dacordo e tomar solucións drásticas e efectivas, por exemplo, deixar de pagar, por sistema, a Matrícula. Xa se vería como ían baixar o número de matriculados, o número de profesorado e tantas cousas, que, por caridade hacia si mesmas, as Universidades e Goberno, e o sursumcorda ou a Archicofradía de Babilonia, ían baixar as Taxas, os Pantalóns e o que fixese falta. Pero o que se fai é coller, saír á rúa sós, sen falarllo a ninguén, así como quen non quere a cousa, e porse a berrar. E O QUE É PEOR, INSULTAR, como eu o vin, e moitos máis, ÓS COMPAÑEIROS, POLOS CORREDORES DAS FACULTADES, VIOLENTAR A DOCENCIA E AS CLASES ÓS ESTUDANTES QUE DECIDIRON ASISTIR A ELAS, E ANDAR ESTROPEANDO UN INSTRUMENTO DE FESTA E LEDICIA, COMO É A GAITA, COLLÉNDOLLE AVERSIÓN MOITA XENTE, XA QUE OS QUE ÍAN CON ELA, TOCABAN DE PENA. E dígocho eu, que entre outros instrumentos, posúo gaita do obradoiro de Seivane, para os meus estudos dela, que fixen, cando non podía nin co punteiro.

Terceira: Non sei por qué pretendes vincularnos con GADED, asociación da que só coñezo a súa existencia, e coa que AiD non mantén relación algunha.

Cuarta: As bolsas ou becas... Falarei delas noutro momento, porque son as tres e cuarto, e quero ir comer.

Un Saúdo.

Jorge Cubela dijo...

Moi ben Iván.

Eu subscribo todo o lido.

Agora, Luisiño, se segues enteimado no mesmo do mesmo... non habería máis cuestións que respostar sobre o respostado.

Doutras cousas podes seguir opinando!

Anónimo dijo...

@etilik0

os argumentos que tiña que rebatir foron rebatidos no comentario #1.
Non creo que esté "rescribindo o catecismo do labrego", estou describindo unha realidade, que coñezo en casos concretos e que me tocan moi de preto.

As miñas propostas xa as fago onde toca, e é por iso que se consiguen cousas. Creo que non ten moito senso que faga propostas a AID, tendo en conta que é obvio que non comparto as vosas ideas.

@Arias:
Interesante explicación do funcionamento orgánico de Aid. Porén:
Que os comités se definan como nacionalistas non quere dicir que dependan do BNG, hai moito nacionalismo fóra do Bloque.

Non concordo coa túa teóría do goberno apoiado en dúas partes etc. Ten máis culpa o BNG, que votou en contra, que o PP, que votou a favor?

O de GADED expliqueino no comentario#18 do outro post.

Un saúdo.

Anónimo dijo...

Arias:

Luisiño dixo: "Que os comités se definan como nacionalistas non quere dicir que dependan do BNG, hai moito nacionalismo fóra do Bloque"

Estou dacordo, non obstante, no que vexo dos Comités, que son os de Dereito da USC, ¿podemos aplicar esta frase? Non por certo. Seino ben, e permíteme que non revele a fonte, por lealdade. Aínda que tamén sei que en Dereito, hai xente que non pertence ó BNG.

Mira, creo que a xente non é tan estúpida como para, tomando como punto de partida unhas siglas, meter en danza á xente. Non sei a qué ven ese rollo partidista que traedes moitos contra AiD que se é o brazo universitario do PP, que se gaitas zamoranas. O caso é que se se di unha cousa, veña a burra ó trigo, e dalle que dalle coa mesma teima, que somos do PP.

Pois non, e o caso é que creo que estades a buscar un inimigo, e como non o hai, creádelo da nada. Explícame, se non, o teu encono a propoñernos a nós algo ou nada. Simplemente das un non. E fíxate: da túa proposta poden surxir posturas comúns que beneficien a todos, ou que se defendan por todos. Pero só te centras en atacar as nosas posturas, buscando unha posición hexemónica que só te beneficie, políticamente, a ti ou a aqueles cos que estás. E iso, Luisiño, amigo, e defender o cú de un, e darlles polo mesmo ó resto do alumnado. E aí eu non, eh. Con posturas de Kamasutra político eu non xogo. As cousiñas claras ¿a defensa de quen estas disposto a facer, a dos CAF ou a do Estudantado? Dirasme: "carafio coa pregunta, xa me dirás que non se poden facer as dúas cousas a un tempo". É certo, pero ¿Consideras os CAF un medio ou un Fin para a defensa dos intereses do Estudantado?

Creo que debes reflexionar moito sobre as posturas que adoptas fronte ós teus compañeiros e tamén fronte a nós. Eu fágoo tódolos días, non vaias a pensar. E ás veces, obteño respostas.

Un saúdo.

Anónimo dijo...

"Simplemente das un non. E fíxate: da túa proposta poden surxir posturas comúns que beneficien a todos, ou que se defendan por todos."

Eu non teño que facervos propostas, polo simple feito de que non estou en condición de facelas, non entro dentro do voso espectro de acción.

Aínda así, non entendo por que non aceptades aquelo que vos parece ben, sen pensar de onde ven. Parece que o mero feito de unha idea/opinión vir dos comités é suficiente para desacreditala, e quizais non sexa o caso de Arias, mais si doutros.

"Pero só te centras en atacar as nosas posturas, buscando unha posición hexemónica que só te beneficie, políticamente, a ti ou a aqueles cos que estás."

Non é o caso, eu rebatinlle a Jorge a súa postura de que o goberno (galego e na súa totalidade) ten a culpa da suba das taxas, ademais do das bolsas.

O das bolsas xa quedou claro que, ao depender de Madrid, non teñen nada que ver co goberno galego. O da suba das taxas reafirmome en que non pode ter máis culpa de que suban o partido político que vota en contra que o que vota a favor. E reafirmome tamén en que o traballo institucional dos CAF (e só dos CAF, malia que IESGA tente colgarse medallas) conseguiu que os Claustros da UdC e da Uvi se posicionasen en contra da suba.
É mentira que coas folgas non se conseguiu nada, conseguiuse que só subisen o IPC e non máis, polo tanto, algo conseguiuse.

Se quixera criticar por criticar, criticaría as vosas actividades, mais non o fago, non entro a valoralas porque non as coñezo. Mais que criticar, rebato as críticas que Jorge fixo aos Comités.

Por último, para min, e creo que para todo o mundo, os Comités son un medio de defender os dereitos do estudantado.

Non son tan partisano como para crer que os Comités son o fin en si mesmo. Os Comités, son unha ferramenta, a mais importante en Galiza, para defender os dereitos do estudantado galego.

O problema que vexo é que para moitos dos chamados "independentes" (referindome en xeral, non só a AID) o fin non parece ser defender ao estudantado, se non debilitar a un medio de defendelo, como son os Comités.

Permitiredesme, continuando co simil, que non deixe que me enferrullen (ou que o tenten) a ferramenta.

Un saúdo

AlejandroAlmau dijo...

Alguien debería hacerse su propio blog...o comprarse un tetris...

Anónimo dijo...

Arias:

Se, Luisiño, soubeses música, á fe que serías un gran compositor de fugas. Con tres que che bailen a auga, tés variacións do tema para dar e tomar, cos desenvolvementos do resto. Xuntas todo en tres ou catro pentagramas, e fas un sistema fugado que nin o amigo Bach. Sorprendente capacidade para encher a blogosfera con pouca temática. Pero he aquí as maravillas da dialéctica. Mágoa de Santo Agostiño e a Escolástica Medieval. Á fe, tamén, que iamos salir graduados por Salamanca con unha soa sesión. En fin, desculpa as bromas, e poreime un pouco serio.

Sería conveniente saber quen se agocha detrás do teu pseudónimo. Por saber de qué facultade es, de qué universidade, se tes algo que ver cos CAF ou non, en fin, todo iso. As últimas palabras que falei con alguén dos CAF foron coa Señor Becoña, creo. Corríxanme os que teñan potestade para tal se estou en erro. Dicíame que nos tiñamos que por dacordo en moitas cousas para ir á Xunta de Facultade. Avogaba polo diálogo. Teña os meus parabéns por tan boa intención, e como dixen no seu momento, fagamos tábula rasa e reescribamos o reescribible.

AiD é unha asociación Independente de estudantes da Licenciatura en Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta definición van inclusas moitas cousas, que se determinarán a continuación: Estudantes de Dereito (non de ningunha outra titulación) da Universidade de Santiago de Compostela (non de ningunha outra facultade ou universidade Galegas nin Españolas nin Universais). Isto xa que, como é unha asociación de recente creación, non pode abarcar o inabarcable con tan curta idade. Un ano non da para moito. Non por iso estamos fechados a expandirnos. Pero cada cousa ó seu tempo. Así, por tanto, ancheamos algo por ir ó Claustro Universitario, e parello a iso, tamén houbo de anchear a mente e as concepcións particularistas, extendendo o ámbito de acción a toda a Universidade de Santiago de Compostela naquilo que se pode extender, e sen esquecer quen nos escolleu para o Claustro.

Por tanto, e como sabe máis o tolo na súa casa que o listo na allea, eu non valoro os resultados de ninguén en ningunha outra facultade. ¿Que os CAF obtiveron un resultado escandaloso na Facultade de Coscotroloxía da Universidade de Pernambuco? Pois Felicidades e ale, ale; a manter a cousa así e a traballar por Tutatis, por Xúpiter e por Favor. Xa ves o que me tolea o caso.

Centrémonos, por calquera dos anteriores, o que máis rabia che dea, na Facultade de Dereito da USC. No curso 2004-2005 levouse a cabo a reducción do programa de Dereito Romano a iniciativa, guerreira, dos CAF. Con tanto éxito e sorte que se puxo a xente cabrona, e nos de 1º dese curso (que casualmente é o primeiro da miña promoción) amamos a todo membro dos CAF "sicut proximo periculoso". Iso, sumado a certas meteduras de pata dalgúns dos membros, pois, levounos ó resultado que estamos a ver en Dereito. Non fala Iván Arias candidato a nada, senón que Iván Arias observador imparcial, que o foi ata 4º de Carreira. E comigo pregunta a un 80% dos Estudantes da Facultade de Dereito da USC. Creo que non erro moito na cifra.

A ausencia dun carácter paternalista ou ausencia de caudillismo leva a que AiD escoite ó alumnado antes de actuar. De aí que tódalas decisións que se toman dende o seo de AiD son previamente consultadas. O certo é que hai poucas mentes tan brillantes como para ter unha empatía total co resto de compañeiros. E por iso tantas veces precisamos saber o que queren. E así imos indo. Outro apunte a ter en conta.

As nosas actividades lévanse a cabo de xeito impoluto, e todo está claro, as contiñas o primeiro. Non como se andivo dicindo, que tales cartos ían parar a AiD e a posteriori os membros investíanos en "combinados de bebidas alcólicas", así, a lo fino...

As nosas iniciativas na Xunta de Facultade son defendidas pola maioría de Membros de AiD, excepto en ocasións, contadas, e por mor da inexistencia da disciplina de voto dentro de AiD (por iso o de Independentes tamén, mira se queremos liberdade). ¿E sabes por que defendidas por todos? Porque imos todos á Xunta de Facultade, así, a pleno, coma quen non quere a cousa. Porque non usamos recheo para as listas electorais (xa ves, puidemos ter presentados 18, e só tiñamos 17 para presentar) e por que tentamos ser, e somos, honrados. E non defendemos barbaridades nin nos paramos en discusións sobre o sexo dos anxos. Poñemos os pés na terra cada día e intentamos solucionar os problemas cotiáns. Mira, o último o Venres da semana pasada, con unha rapaza que veu agoniada porque se quedaba sen convocatorias de exame en Fin de Carreira. E solucionóuselle, e foise tranquila, e todos contentos.

Mira, Luisiño, non sei se teño que dar eu o brazo, ou o pé, a torcer ou a revirar. Creo que non. Non me importan nin o máis mínimo, xa ves ti, as verdades dos números que me estás a presentar, en primeiro lugar porque non me vinculan, nin no pouco, nin no moito. Métaos en conserva a quen tanto lle interesen, ou nun sudoku aquel ó que lle guste tal tortura xaponesa para abranda-los miolos. Aínda máis, os números tampouco me importan nin os meus, ¿sabes por que? Porque detrás de cada voto, do número, hai un votante. E o votante é quen a min me importa, principalmente, porque a tal debo estar agradecido e intentar darlle ben común, que por ser común, non será só ben para el, senón que para todos.

Con respecto de GADED non lles teño que faltar ó respecto nin á consideración. Principalmente porque non sei que fan nin qué deixan de facer. Si teño algunha referencia, pero, como digo, descoezo a verdade do caso, só felicitarei, e alá cada quen coa súa conciencia. Eu coa miña teño suficiente.

Dixecheslle a Etilik0, que menudo pseudónimo gasta: "As miñas propostas xa as fago onde toca, e é por iso que se consiguen cousas. Creo que non ten moito senso que faga propostas a AID, tendo en conta que é obvio que non comparto as vosas ideas." Máis adiante a min: "Eu non teño que facervos propostas, polo simple feito de que non estou en condición de facelas, non entro dentro do voso espectro de acción." En fin: ti non tes que facernos proposta algunha por istos e por aquilo, que se non comparto as vosas ideas, que se non estou dentro do voso ámbito de acción... Perralleiradas, en resumo. Propostas non, pero "Posts" si, e se puidera ser, un cada hora. Mira Luisiño, se queres facer algo polos teus compañeiros Universitarios falamos do que sexa. Pero estar descute que te descute por uns números... ¡Quédate cos máis gordos! Aquí trátase de beneficiar ó estudante e non fardar de enteiros. ¿Queres ou pretendes que pase coma sempre e cada quen pola súa banda? AiD pode, este ano, permitirse iso, con grave perxuízo para o CAF. En fin, en fin, como non sabemos quen es, nin en nome de quen ou qué falas, non faremos tal e agardaremos ó ano que vén, a resolver os pactos das comisións cos Comités. Pero ollo a ver por onde van os tiros, porque se de tonterías imos falar... Para mundo, que me baixo.

Non rebatiche, para que vexas, o que dixen das mal nomeadas taxas. ¿Achantas, Luis? ¿E non podemos estar dacordo niso? ¿E no das Bolsas para o alumnado? ¿E na mellora dos Servicios á comunidade Universitaria? ¿E no establecemento de normativas garantistas en tódolos procedementos na Universidade? ¿En iso hai que estar en contra porque o dicimos nós? Oia vostede, ou mellor lea: CAF e AiD propuxeron, no curso pasado, cousas similares que se votaron en Xunta de Facultade igual por todos. ¿Sabes por que? Porque hai cousas que deben ser dunha maneira, ou mellor deixar de ser doutra. Se o caso é descutir por descutir, creo que todos temos mellores cousas nas que perde-lo tempo. Por tanto, dime ti se é que podemos chegar a algún punto en común, despois de toda a palabrería verquida no Blog daquí o amigo Cubela. Porque un pasa xa todo o día dándolle ós dedos, sexa na gaita, sexa no órgano; como para vir ó ordenador e darlle outro maratón dixital e rematar non quitando nada en limpo.

Por iso, Luisiño, digoche, ¿Hai algo que che agrade para chegar a un punto en común, ou resúltache todo AiD tan "repulsivo" (quitémoslle cabalos á palabra) que con tan só nomealo sáeche un sarabullo na meninxe externa? Por favor, se ata ás veces os CAF deron algo no cravo. Só que despois, en tantas ocasións, ou se tiraron ó monte ou se subiron á parra de tal xeito que, ou escapabamos correndo, ou como fixo algún, plantou cara, e dixo ata aquí me mangonean aquí os salvadores da Ensinanza Pública Galega.

Somos moitos (moitísimos, onde vai dar) os que non nos sentimos representados polos CAF. E uns pasábamos ata un punto onde nos unimos para deixar de pasar. E outros dixeron, ata aquí pasei. E outros seguen a pasar. E outros si que se sinten representados. Para eles, como diría Patricia Conde, un bico... ou un manoxiño de rosas.

E aínda que os Comités, antigos CAF, sigan obtendo bos resultados noutros sitios, hai un vicio que teñen que perder: a súa endogamia, e deben relacionarse cos demais compañeiros e comezar a interactuar coas demais asociacións de Estudantes, porque os representados van todos no mesmo saco, e non para uns se extende o beneficio ou o perxuízo, senón que para todos. Esta intención é a que temos en AiD, e xa dimos pasos concretos para realizar iso. Porque sabemos, perfectamente, que o fin non é AiD, senón que os verdadeiros intereses e conveniencias do alumnado. E xa que ti dis o mesmo ¿cren o mesmo os Comités, pero cordialmente, e non só de papeleta? Tiven ocasión de falar con xente que leva na Facultade de Dereito moito tempo, e queda abraiada, ou polo menos iso me din, cos modais dos que usamos os membros de AiD, e os que usaba o CAF, e segue a usar na actualidade en algún caso. E iso xa di moito da persoa e da asociación, e do que pretende co seu actuar. Por tanto, Luisiño, non sei se "odiados" é a verba, pero, amados, dende logo, tampouco é. Con isto non quero dicir que a nós nos amen sublimemente, pero, amiguiño, a vaquiña polo que vale: aí está o deste ano, que non me deixa mentir.

Luisiño, volvo e digo: se algo en concreto, ou en abstracto, podemos sacar de conclusión que supoña un ben en común, seguimos na gresca. Pero se o único que conseguimos é falar por falar, ou escribir por escribir, ata que se nos desgasten e se nos poñan romos os dedos e quedar cos tocos, gastando paciencia, tempo, neuronas, humor e datas de Nadal diante do ordenador, Déanos, pois, o vento de onde mellor sexa propicio, e cada curuxa ó seu loureiro, que non hai nada máis do que latricar. Dixen.

Vale.

Alexis José Marrero Castillo dijo...

Como venezolano tengo mis luchas, que quizás no sean la misma, pero si en algo nos unen las ideas, me alegra mucho que la compartamos, si son diferentes también me alegra, de las dos formas porque se eres pensante e independiente
Mi intención de escribir en tu blog es desearte que esta navidad la pases como tu quiera, y si no puedes, que eso no sea un impedimento para que seas feliz. Y para el próximo año, no solo te deseo cosas buenas, porque ya las tiene, y eres tú... Te deseo que sea mejor para tu crecimiento, y para lograr las metas que te hayas propuesto. Sin mas preámbulo feliz navidad y prospero año nuevo, que locura…
Un abrazo