jueves, 18 de diciembre de 2008

AID GAÑOU AS ELECCIÓNS Á XUNTA DE FACULTADE EN DEREITO


Amigos e amigas:

Alumnos Independentes de Dereito gañou as eleccións.
Non son horas de facer análisis fáciles sobre o acontecido.
Tan só quero dicir que o CAF foi un digno rival, sobre todo a súa base máis nova, que tivo un comportamento moi bo tras os resultados.

Na Facultade de Dereito, cunha participación de 320 alumn@s, o 17,4% do censo, dos máis altos, senon o máis que houbo en Dereito nunca e tamén nestas eleccións na USC, e cunha diferencia de 102 votos do máis votado de AID sobre o máis votado dos CAF con 78 votos.
En lista aberta, con 41 candidatos presentados, podíase votar a un máximo de 18 persoas. Saían como electos os 26 máis votados deses 41 totais.

O apoio para AID foi o seguinte:

1- Jorge Cubela López, 180 votos.

2- Fernando Carreiras González, 177 votos.

3- Luís Teira Otero, 167 votos.

4- Amani Carballo Domínguez, 166 votos.

5- Carlos Serrallé Mayo, 165 votos.

6- Leticia Domínguez Susavila, 162 votos.

7- Rubén Ponce Díaz, 162 votos.

8- Iván Arias Balsa, 161, votos.

9- Alejandro Almau Taboada, 161 votos.

10- Iago Seijo Fraga, 160 votos.

11- Marta Pereira Rodríguez, 159 votos.

12- Pilar Feijoo Alonso, 158 votos.

13- Carlos Fabal Rodríguez, 157 votos.

14- Andrés Álvarez Fernandez, 157 votos.

15- Mario Velo Martínez, 154 votos.

16- Rocío Quinteiro Villanueva, 153 votos.

17- Pablo Cancio Rascado, 153 votos
.

Despois, os 9 máis votados dos 18 do CAF, que serán o resto dos representantes do alumnado.

Xaime Candal Soneira, 78 votos.
Inmaculada García Escourido, 76 votos.
Eva Castro Blando,73 votos.
Carmela López Jiménez, 72 votos.
Delfín Martínez Conde, 72 votos.
Pablo Martínez López, 72 votos.
Alba Feijoo López, 70 votos.
Elena Cortés Calvo, 69 votos.
Lucía Becoña Lorenzo, 68 votos.

Cunha franxa entre 180 e 153 votos para os membros da nosa candidatura, os 17 candidatos de AID foron os máis votados nestas eleccións. Vencemos en representación e en votos. O resto ata chegar ós 26 representantes foron para 9 integrantes dos CAF.

AID converteu en minoría de representantes tanto no Claustro como na Xunta de Facultade ós Comités Abertos e de Facultade de Dereito, a forza hexemónica ata este ano 2008.

TANTO NO CLAUSTRO COMO NA XUNTA DE FACULTADE, AID É A ASOCIACIÓN MÁIS VOTADA NUNHA FACULTADE EN TODA GALICIA.

Fóra de radicalismos, xente a figurar, e propostas ilusorias, AID fixo un traballo directo cara ó alumnado, con dedicación, esforzo e seriedade. A nós nos sería máis fácil poñer tamén como os CAF que "PULAREMOS POLA OPTATIVIDADE DE ROMANO" (algo que parece ser non creu ninguén), pero cremos que chamar parvos e faltar á intelixencia dos nosos compañeiros non é xusto...

En Dereito, ó revés que noutros sitios, primáronse o traballo e o esforzo.
Cunha campaña moi elaborada polo noso Presidente Fernando e o noso Secretario Iván
, traballamos arreo para que as nosas propostas chegasen ó maior número de xente. Alumno por alumno.

O éxito de AID é froito da súa unidade interna, do seu pluralismo, da súa convicción en querer mellorar os problemas dos estudiantes con uñas e dentes se fai falta e que, aquí, os únicos intereses que nos moven e nos moverán sempre son a defensa e a representación dos alumnos da histórica facultade de Dereito da USC, cuna de celebridades en tódolos campos académicos, políticos e culturais.

Moitas gracias compañeir@s!

22 comentarios:

Miguel A. Pazos Fernández dijo...

La USC se lo merece.

Andrés Álvarez dijo...

Ouhhhh...yeahhh! ¡Quiero una orla con nuestros nombres!...¡Muajajaja!

luisteira dijo...

Aún es cedo, que dijo Tonecho anoche cerrando Liberty a las 6 de la mañana.
Ésa es la actitud que debe mostrar un representante "do estudantado galego, barato, público, laico e de calidade".
Ante todo mucha calma, y a pensar en cómo aplicar a la vuelta de vacaciones todo lo que prometimos en campaña.
¡Estamos en deuda con más de la mitad del electorado de la Facultad!

luisteira dijo...

Lo ha dicho la radio, lo ha dicho Luís Teira

Anónimo dijo...

xke aid lo vale....

Anónimo dijo...

piensa en verde de Aid!!!!!

AlejandroAlmau dijo...

Como le chanamos a lo de ganar elecciones. Al final avanzamos todos TODOS.

Anónimo dijo...

Enhorabuena por vuestro trabajo. Cuando se trabaja honradamente, sin utilizar la representación estudiantil para fines personales o políticos, se acaba recibiendo el apoyo masivo que vosotros habéis recibido. Gracias por hacer mejor a nuestra maltratada Universidad pública y enhorabuena por este gran resultado, porque os lo merecéis.

Lo que sí me gustaría matizar es la afirmación de que "TANTO NO CLAUSTRO COMO NA XUNTA DE FACULTADE, AID É A ASOCIACIÓN MÁIS VOTADA NUNHA FACULTADE EN TODA GALICIA"

Simplemente, ese dato es erróneo. El Grupo Alternativo de Estudiantes de Derecho (GADED), fundado en 1996 y de cuya Junta Directiva formé parte durante 4 años, obtuvo hace dos semanas la victoria absoluta en la Facultad de Derecho de La Coruña, ganando todos los respresentantes posibles tanto en Claustro como en Junta de Facultad y Consejos de Departamento, sacando a IESGA de todos los órganos de representación y pasando CAF a ocupar la representación residual que permiten los restos electorales.

Los resultados numéricos de la lista de GADED han sido similares a los de los componentes de la lista de AID, con la diferencia de que la Facultad de Derecho de La Coruña posée un censo menor que la de Santiago.

Además, desde su fundación, la asociación independiente GADED ha ganado TODAS las elecciones obteniendo la totalidad de los puestos elegibles, con representantes que han llegado a superar los 350 votos y con una media histórica de votos a las candidaturas de GADED entorno a los 200 votos.

Y es que es de justicia reconocer la labor que también se hace desde otras asociaciones.

En todo caso, la victoria de AID es rotunda y demuestra que vuestro trabajo es valorado por vuestros compañeros. Por todo este trabajo no recibís nada a cambio, por eso, una vez más, enhorabuena y gracias por vuestra labor en favor de la Universidad pública.

Un muy cordial saludo.

Anónimo dijo...

Buenas Marcos:

Si alfinal vamos a tener que hacer una federación con las asociaciones de derecho en Galicia, jaja.

Los resultados de Coruña me los dijeron de boca, pero lo vuestro fue escepcional, como nosotros, en el resto no hubo grandes afluencias.

Un placer recibir esa bendición electoral en otra facultad amiga!!

Anónimo dijo...

Con estes comentarios só poñedes de manifesto a vosa razón de ser, sacar representantes aos Comités. CoOmités que -por certo- son realmente a asociación máis votada nunha facultade de Galiza, no caso da Facultade de Arquitectura da Coruña en número absolutos, ou da de Filoloxía do mesmo campus en porcentaxe con respecto ao censo.

Para ben ou para mal, vós mesmos vos retratades.

Anónimo dijo...

Arias
A propósito de Luisiño:

Supoño que será impresión persoal esa que tes, Luisiño, acerca da nosa razón de ser.

Eu non teño intención algunha de sacar nada a ninguén. O caso é que desta vez, non se deu tanto ós CAF. E como comprenderás é algo insólito na Facultade de Dereito da USC.

E, finalmente, isto non é un dar ou un sacar: para chegar a eses resultados hai que traballar. Mágoa que haxa xente, polo que deduzo do teu post, que crea que é cuestión de, dunha patada no cú, botar xente fóra. ¿Es ti dos que cren isto?

Un Saudiño.

Anónimo dijo...

Eu non creo que sexa cuestión de dar patadas no cú, son consciente do traballo necesario para conseguir resultados.

Por outra parte, dixen que a vosa razón de ser é sacar representantes aos comités porque non se entende, noutro caso, a alegría que amosades ante os resultados dunha asociación que nin vos vai nin vos ven, e que, ademais, ten como a súa principal actividade organizar festas (refírome a GADED, por se non vos derades conta).

Por outra parte, gustaríame saber como é posible que AiD sexa apolítica, tendo membros que tamén están en NNXX. Están todos os membros dos Comités en Galiza Nova? Non. Nin o 50%. Como é, entón, que os Comités están politicamente manipulados? Non deberían, ou estalo todas as organizacións, ou non estalo ningunha? Como se pode dicir que unha asociación é apolítica, cando se presenta a unhas eleccións cuns obxectivos, que son "política" universitaria.

"Cuando se trabaja honradamente, sin utilizar la representación estudiantil para fines personales o políticos..."

un membro simultáneo de Aid e NNXX, a quen faría caso? Non supeditaría a súa postura en Aid aos intereses políticos de NNXX?

Xa que hai varios casos, por favor, respostade, porque non o entendo.

Eu, persoalmente, opino que Aid dista de ser apolítica.

E, por último, reitero que as facultades con mellores resultados de todo o país foron a ETS de Arquitectura e a Facultade de Filoloxía da Coruña, ambas para os Comités.

Un saúdo.

AlejandroAlmau dijo...

Probablemente también haya alguno que sea socio del Celta de Vigo y no supedite su labor de representación estudiantil a tal condición. El hecho es que cada persona es libre, pero los CAF reciben apoyo de todo tipo del BNG y AiD de nadie en absoluto más que de sus miembros, que además pueden ser de NNGG, del Deportivo de La Coruña y del club de golf si lo desean porque lo cierto es que ninguna de estas cosas tiene nada que ver con rechazar el sistema de cambio de grupos o con proponer horarios razonables.

Por tanto, aunque ninguno de los miembros de los CAF estuviese afiliado a Galiza Nova a título personal, la asociación como tal seguiría supeditada a sus intereses (porque los une una relación orgánica real, económica y política), mientras que aunque todos los mienbros de AiD estuviesen afiliados al PSOE o al PP, la asociación, funcionando como ahora, seguiría siendo independiente.

Lo que es AiD es ajena a la política extra universitaria, creo yo.

Y yo (que no estoy afiliado a nada) desde luego no me metí en AiD para echar a nadie, sino para intentar hacer lo que creo que debe hacerse por el bien de todos, y lo que creo que la mayoría desea que se haga (y la mayoría nos ha dado la razón).

Anónimo dijo...

Gustaríame que demostrases que hai unha vinculación política e, sobre todo, económica, entre Comités e BNG.

As listaxes das subvencións a asociacison públicas, aparecen no DOG. E, na súa meirande parte, son decididas pola Consellería de Educación, que neste momento está baixo o mando do... PSOE.

Polo tanto, non sei eu que tipo de vinculación económica real hai. Se se teñen probas disto, que se publiquen, e se non, que se retracten, posto que do contrario isto podería ser tomado como unha calumnia.

Ningunha asociación é apolítica. Pode ser apartidaria, que, na miña humilde opinión, tampouco é o caso de AID, pero nunca apolítica.

Un saúdo.

Anónimo dijo...

Gracias a todos polo apoio mostrado e por participar neste espacio que eu dirixo.

Principalmente, quería darlle as gracias a Luisiño, que supoño será membro dos Comités, por entrar aquí e dar a súa opinión, pero vou a contestar punto por punto.


"a alegría que amosades ante os resultados dunha asociación que nin vos vai nin vos ven"

Home, a min AID vaime moito, tanto que son un dos seus socios fundadores; terlle respeto e lealtade a algo non ten porque ser só por motivos ideolóxicos.


"gustaríame saber como é posible que AiD sexa apolítica, tendo membros que tamén están en NNXX."
"un membro simultáneo de Aid e NNXX, a quen faría caso? Non supeditaría a súa postura en Aid aos intereses políticos de NNXX?"


Supoño que farás referencia ós membros de nnxx dentro de aid por min non, ou é que coñeces algún outro? a quen faría caso, AID ou NNXX? pois xa se deu o caso de que aquí a un servidor, ELGA que é unha asociación afín ao pp ofreceume formar parte en Dereito e rexeiteino porque teño lealtade e compromiso cunha asociación independente. POr outra banda, hai que diferenciar o ser militante co ter cargos. Eu só son militantes de NNXX, non son nin presidentes, nin secretario nin vocal, nin nada. Xa sexa por desterro ou outros motivos... non se pode dicir o mesmo dos CAF en Dereito...

Penso que se pode ter carnet de partido na vida, ou non estamos nunha democracia?, e dentro da universidade dedicarse exclusivamente a asuntos universitarios.

A xente que eu fora do PP parece que lle deu bastante igual... así que se queredes facer teima con iso facédea, que seguirán perdendo votos pola súa falta de tolerancia e respeto democrático.

Saúdos.

Anónimo dijo...

O da asociación que nin vos vai nin vos ven ía por GADED, supoño que AID vos irá, se non, non estariades.

Refirome a militancia conxunta coñecendo o teu caso e coñecendo o teu blogue como lugar onde se publicitan as actividades/campañas de AID, tendo incluso máis actividade neste senso que o blogue oficial. Descoñezo se hai outros casos de militancia conxunta NNXX-AID, mais o caso é que ti si entras dentro deste caso, e non consigo entender como é que podes separar os teus ideais políticos xerais, expresados na túa militancia en NNXX, dos teus ideais políticos estudantis/universitarios.

Que hai casos de xente dos Comités de Dereito USC con cargo en Galiza Nova, pode ser, mais supoño que deberías aplicar o mesmo rasero e supor, que se ti es quen de manter os teus ideais separados, eles tamén poden.

Por último, vexo que hai varias cuestións dos meus comentarios que non foron rebatidas. Como xa dixen no comentario do outro post, entendo que se non rebaten é porque se me está dando a razón.

Por último, gustariame que Alejandro retirase as súas palabras sobre a vinculación política e económica dos Comités e o BNG, especialmente a segunda, porque reitero que poderían ser consideradas como inxuriosas para os Comités.

Un saúdo.

Anónimo dijo...

1º- Gustaríame saber que é iso no que nos involucras, GADED?¿?, a primeira vez que me enteiro de que formo parte diso...

2º- "Refirome a militancia conxunta coñecendo o teu caso e coñecendo o teu blogue como lugar onde se publicitan as actividades/campañas de AID, tendo incluso máis actividade neste senso que o blogue oficial. Descoñezo se hai outros casos de militancia conxunta NNXX-AID, mais o caso é que ti si entras dentro deste caso, e non consigo entender como é que podes separar os teus ideais políticos xerais, expresados na túa militancia en NNXX, dos teus ideais políticos estudantis/universitarios".

Este BLogue é meu, transparente, con nome e apelidos, dando a cara, e dirixo exclusivamente por min. Aquí se publicitan as actividades de AID porque eu quero, porque formo parte de AID, o oficial de AID é de AID, dirixido dende a asociación. Pois podo compatibilizar ambas cuestións porque non entrei na UNiversidade a facer carreira política dentro dun partido. Repítoche que soamente son militante, non teño ningún cargo. Que como podo separar ambas militancias? precisamente porque nun teño responsabilidades representativas, elexidas polos estudiantes, e en nnxx non, máis que nada porque estou vetado (resolve isto as túas cuestións ao respecto?); eu non a marioneta de ninguén, teño as miñas propias ideas políticas; aquí explicadas sempre; son galeguista e reformista ante todo.

3º- "Que hai casos de xente dos Comités de Dereito USC con cargo en Galiza Nova, pode ser, mais supoño que deberías aplicar o mesmo rasero e supor, que se ti es quen de manter os teus ideais separados, eles tamén poden."

Luisinho... eu son quen de manter porque non uso AID para fins partidistas; en Dereito, e sei moito disto, OS CAF fan un uso totalmente interesado para captar militantes cara a Galiza Nova, mesmo o día da celebración da Constitución, da veintena que se arrexuntou na Praza da Quintana portando unha bandeira que rezaba a palabra "AUTODETERMINACIÓN", había moitos de Dereito, con nomes e apelidos, e a meirande parte que recoñecín eran militantes de CAF na USC. De AID non se xunta ninguén para a modo de asociación para ir a un acto político, reitérote que hai xente demoitas sensibilidades que só responden ante os alumnos. Podes seguir facendo teima disto, pero esnafraraste unha e outra vez.

4º- Pediríache que me concretases que é aquilo que queres que te rebata con exactitude. Non escaparei nunca da responsabilidade, así que aproveita, que estou á túa enteira disposición.

Saúdos e unha aperta!

Anónimo dijo...

Concretizo:

neste post non foron rebatidos/ contestados:

a) A miña afirmación de que AID non é a asociación con máis apoios do país.

b) O meu reto de publicar as vinculacións económicas Comités-BNG.

Con respecto ao resto:

1-Tema GADED: "Los resultados de Coruña me los dijeron de boca, pero lo vuestro fue escepcional, como nosotros, en el resto no hubo grandes afluencias.

Un placer recibir esa bendición electoral en otra facultad amiga!!
"

Creo que si que é congratularse ante o triunfo dunha organización que nin vos vai nin vos ven, e que, ademais, non vos debería causar ningún respeto.

2- Descoñezo a túa situación en NNXX, mais creo, e isto é claro, que poucos partidos cunha pluralidade interna de pareceres como o BNG ou Galiza Nova. Porén, a meirande parte dos membros dos Comités en Galiza non forman parte do BNG/Galiza Nova, e incluso aqueles que si que o fan, tamén levan as súas opinións persoais a ambos ámbitos.

3- Non son consciente de que haxa eses casos de captación para Galiza Nova, e de feito hai membros do Comité de Dereito que non forman parte de Galiza Nova.
De todos modos, dentro do seu papel como representantes de estudantes, a labor principal dos membros dos Comités é conseguir o mellor para estes. E iso faise, e non o podes negar. Non creo que me esnafre, (palabra, que por certo, odio), creo que eu teño unha opinión, que non vou cambiar, e ti outra. Simplemente.

Un saúdiño.

Jorge Cubela dijo...

Agora moito mellor, respóndote con máis claridade:

Os porcentaxes na universidade da Coruña poden asemellarse ós de Dereito en Santiago, haería que ver porcentaxes absolutos e parciais.

Polo que sí respecta será soamentes así como se comparará, aínda así, sen termos absolutos, AID é das máis votadas en Galicia nunha facultade.

2- Eu me congratúlo por quen me parece, teño dereito non si?¿ eu refírome a afluencia de votos nunha facultade amiga, como é Dereito na Coruña (parece, por certo, que ao CAF non se lle dá nada ben as facultades xurídicas).

3- "dentro do seu papel como representantes de estudantes, a labor principal dos membros dos Comités é conseguir o mellor para estes. E iso faise, e non o podes negar".

Iso ocorrerá na túa facultade; os CAF conseguiron ser francamente odiados en Dereito por todo o que fixeron para amedrantar ó profesorado e insultar a moitos compañeiros como xa denunciamos por activa e por pasiva.

Non lle quito mérito a que o CAF teña boas intencións, pero tendes moitas mazás podridas, que penso que habería que renovar, sobre todo cando as urnas falan con tanta claridade.

O éxito de AID é precisamente por facer o que eu, en parte, fixemos, estar preto dos estudiantes, contestar e explicar todo e de todo a todo o mundo, ata a xente dos CAF que viñeron ás nosas reunións informativas; mesmo, a persoas anónimas militantes do CAF que aquí preguntan e se lles responde; por non manipular e por ser transparentes.

Saúdos

Anónimo dijo...

Tapo os nomes propios, deixando só as organizacións, por se se considera que vulnero o anonimato. En negriña, eleitos.

Resultados absolutos en Filoloxía da Coruña para Claustro:

Comités: 32
Comités: 20

Independente: 6
Independente: 5
Independente: 3
Independente: 2
Independente: 1
Independente: 1
Independente: 1
Independente: 1

Resultados do Claustro en Arquitectura:

Comités: 101
Comités: 73
Comités: 67
Comités: 66
Comités: 60
Iesga: 33
Iesga: 31

Iesga: 26
Iesga: 21

Nótese que en Filoloxía só se podía votar a un, e en Arquitectura só a 4, saíndo en ambos casos máis candidatos que os votábeis.

2- Tes dereito, mais é pouco acaído aledarte polo éxito dunha organización que non deberiades considerar amiga, que só se caracteriza pola organización de festas e o seu colegueo co decanato da súa facultade.
No seu caso a vantaxe cos Comités foi escasa (menor ca vosa, con creces), e a afluencia tampouco é que fora altísima, estando en termos absolutos á par que Económicas da UdC, e en termos relativos por debaixo de moitas outras.

Por último,
"os CAF conseguiron ser francamente odiados en Dereito por todo o que fixeron para amedrantar ó profesorado e insultar a moitos compañeiros como xa denunciamos por activa e por pasiva."
Un pouco excesivo, non cres?

3-

AlejandroAlmau dijo...

Estoy empezando a hartarme de la gente que entiende lo que le da la gana. ¿Dije yo que la ayuda económica provenga de las administraciones públicas gobernadas por el BNG?, no padre. Así que no me cuentes historias sobre el DOGA y el PSOE (que sólo tendrían sentido en ese caso que tú has supuesto), el BNG y las administraciones que gestiona son cosas afortunadamente muy diferentes, así que para tergiversar e inventar palabras ajenas, a mi me vas olvidando.

Anónimo dijo...

"la asociación como tal seguiría supeditada a sus intereses (porque los une una relación orgánica real, económica y política)"

Explica, pois, a relación económica real entre BNG e Comités. Simplemente.

Eu só che digo que TODO o diñeiro que entra nas arcas dos Comités ven de subvencións de organismos públicos, principalmente, a Consellería de Educación, as propias universidades, e a Deputación da Coruña.

Proba a vinculación económica. Non terxiverso nin manipulo. Simplemente, probao, e se non es quen, retirao.