sábado, 27 de diciembre de 2008

Despois de Cuiña


A historia recorda, recordou e recordará ós homes non polo seu nome, senón polas súas obras.
Claro está, que poucos políticos conseguen facer historia. A maioría transitan por ela, se deixan levar polos acontecementos e se conforman con facer pequenas aportacións que o tempo irá disipando. Non foi o caso de José Cuiña Crespo.

Maña cumprirase un ano do falecemento de Xosé Cuiña , protagonista clave da recente historia e do progreso de Galicia.
Pódese dicir que o foi casi todo en política, pero se hai algo polo que a historia levará o seu sello é porque foi un político da terra; a súa "Galicia nai e señora", que tan ben describiu Rafa Cuiña, o seu fillo, era toda unha declaración de intencións, de identidade familiar e de lealtade a este gran pobo que segue sendo Galicia.

O primeiro mitin do que teño memoria creo que foi nas eleccións municipais do 95, as primeiras nas que o meu pai, tenente-alcalde en Cotobade durante 16 anos, non formou parte por motivos persoais da candidatura do Pp, e falara Cuiña con algún deputado máis.

Foi un galeguista convencido, convencido dunga Galicia forte, aberta, plural, integradora e unida ó resto de España.

Cuiña e Fraga son os responsables da primeira gran modernización de Galicia na década dos 90, a que asentou as bases dun país novo.

Non o cheguei a coñecer persoalmente, pero o ano pasado, nun día de domingo como o de mañá, suxerinlle ás dúas e media da tarde ó meu pai acercarnos ata Lalín. Foramos case sen comer para chegar ás 4 a Prado, parroquia natal de Pepe Cuiña.

Persoalmente non encontro palabras para describir o que alí vin. Xamais vira como a despedida dun home podía emocionar baixo a bandeira galega, o Himno do Antigo Reino de Galicia a cargo dun gaiteiro, e un escalofriante aplauso a tanta xente allea a el, allea en lazos familiares e de veciñanza dezá, pero non allea ó sentimento que esa tarde despediu á eterna "Galicia, terra nai e señora" de Xosé Cuiña, O FILLO DO MUIÑEIRO.


5 comentarios:

Anónimo dijo...

Simplemente precioso e sinxelo, como o foi CUIÑA.

Miguel A. Pazos Fernández dijo...

Seguramente uno de los mejores políticos que han salido de aquí.

Anónimo dijo...

"Galicia terra nai e señora".
Pertence á historia e a tradición.

Anónimo dijo...

Grazas Jorge, eu non o describiria mellor.

Unha aperta.

Rafa Cuina

luisteira dijo...

"Frente al marxismo, humanismo cristiano; frente al radicalismo, que lo viví con dirigentes del Bloque que hoy son alcaldes y que me quisieron tirar a la ría, moderación, diálogo, galleguismo y también orgullo de ser español"
El único político que se merece homenajes por mi parte.
Pensar en Cuíña y tener a Feijoo... Triste realidad