miércoles, 25 de febrero de 2009

Hai que recuperar a Beiras ou a Camilo Nogueira


A moral é parte do noso fuero interno, para min é parte de min mesmo, son autónomo, teño como moita xente os meus propios principios, os meus ideais e as miñas conviccións. E tanto en politica como na vida primo a calidade humana das persoas por enriba de ideoloxías e opcións políticas perfectamente respetable.

Non hai nada de malo en ser do BNG, do PSOE ou do PP, pero o que hai que ter incondicionalmente é sentidiño e mesura nas accións e nas formas.

Eu son do PP, é a miña familia política, e son un fiel defensor dos ideais e das persoas que honradamente mandan nesta gran organización política. Creo que é algo compatible con declararme Beirista no pensamento do BNG pola súa honradez, oratoria e principios humáns e piñeirista (finado) no PSOE que defende que os partidos galegos teñen que ser galeguistas, entendéndoo como integración, defensa e respeto ó resto de España e da Constitución, algo co que non estou a dicir que apoio as ideas destas persoas na totalidade, pero sí as formas de expresión, de actuación e da simboloxía que representan e representaron para chegar a acordos e establecer ideas comúns.

Tivemos que topármonos estes días con grandes escándalos dun dos 3 candidatos á Presidencia da Xunta, Anxo Quintana, que para min perdeu toda lexitimidade, que non dereito, a abrir a boca e dar leccións de moralidade e de ética política no exercicio da acción política.

Aproveitarse dun cargo para encubrir a un familiar que apropiouse de 500 mil euros de contas en Caixanova no meu pobo ten un nome; acarretar cobrando a 700 anciáns para ir a un mitin do BNG tamén recibe un curioso nome no meu país; e o último xesto aparecido, acompañar en iate a unha persoa á que se favoreceu no concurso eólico nun proceso no que faltou seguridade xurídica e na que os seus socios de goberno palpitaron as súas dúbidas sobre cómo foi a adxudicación dos "watiños" na miña parroquia chámanlle tráfico de influencias.

Anxo Quintana acaba de enterrar as posibilidades de subir en votos ó seu partido, cun listón deixado polo señor Beiras de 18 deputados, a cifra máis forte que tivo nunca o nacionalismo de esquerdas en Galicia e o conglomerado de forzas guiadas pola UPG -principal apoio de Quintana e responsable da caída e da eliminación das teses de Beiras e doutro gran político desta terra como é Camilo Nogueira- que conforman o Bloque
Nacionalista Galego.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

tio ers el mejor das clases de cmomo se debe escribir da gusto leerte sigue asi

Anónimo dijo...

cubelismoooooooo ó poderrr

Anónimo dijo...

Jorge Cubela en su mejor momento
"alguien que sigue tu blog"
, Mario