lunes, 9 de julio de 2007

Galicia non contará nunca...


Co remate do Debate sobre o estado da nación comezaron as votacións para as enmendas que presentaba cada formación política. Débese resaltar o poder dos partidos minoritarios como é o exemplo de CIU, partido ao que lle aprobaron todas as súas propostas en contra posición da segunda forza política do país, PP, ao que ni unha lle aceptaron, é un exemplo do que se dá neste país, facer oposición da oposición.
Cando chegou o turno de votar as partidas para Galicia e no referido, especialmente ás infraestructuras, os dous deputados do BNG e todo o grupo do PP votaron conxuntamente en favor da aceleración dos proxectos do AVE co voto en contra do goberno do PSOE. Hai que entender que non tódolos cartos orzamentarios poden ir para un só territorio, neste caso Galicia, pero cando hai un compromiso expreso do goberno de Zapatero tendo en conta ademais toda a publicidade coa que nos enganou nas eleccións municipais cando veu a Vigo promentendo o AVE nos plazos previstos, pois ben como dicimos os galegos "pasou o día, pasou a romería", é dicir, pasaron as eleccións, pasaron as promesas.
É un exemplo máis dos despropósitos que se teñen contra Galicia. A ninguén lle pareceu razoable que primeiro se paralizase o proxecto do Plan Galicia elaborado polo goberno do PP e defendido no congreso polos deputados galegos de PSOE pero rexeitado polo goberno de Zapatero unha vez tras outra...
Tras o debate e o apoio do PP e BNG conxuntamente en prol do AVE e de Galicia co rexeitamento do PSOE, no que se encontran deputados galegos que votaron en contra tamén como o demagogo Pepiño Blanco, quedou claro que a nosa terra e o traballo que fixeron os nosos pais e avós en antano para poder ter o que temos non contará nunca mentres o presidente do goberno chámese José Luís Rodríguez Zapatero, que coas súas falsas promesas demostrou a súa escasa calidade como político.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Grande Cubela, luego dicen que los del PP somos españolistas, y nos preocupamos más pola nosa terra que los del BNG. ZP mira más polos galegos e déixate de Andalucía xD.

Viva Pontevedra, Viva Galicia y Viva España

Fdo: Pablo D.