Creo que despois destas eleccións municipais os galegos podemos afirmar que nunca as arcas dos concellos sufriran tales "golpes de Estado".
Según un estudio feito para o PPdeG. os gobernos de coalición entre BNG e PSOE nas grandes cidades e noutros concellos máis pequenos cústanlle o dobre aos cidadáns, e os trigobernos, o triple.
Por exemplo, o concello de Vigo duplicou o presuposto para soldos con respecto ao goberno de Corina Porro, en Ourense o mesmo. E un exemplo de concellos pequenos é o de Cotobade. Este é un concello peculiar neste sentido, xa que tan só ten 4850 hab. Nos inicios da democracia o alcalde, Ramón Abal, presentábase por UCD seguido de persoas no número dous como meu pai. Tras a crisis e posterior desaparición deste partido integráronse daquela na Coalición democrática de Manuel Fraga, afiliándose finalmente ao recente constituído Partido Popular. O señor Abal, do que non comparto as súas últimas actuacións no goberno, tiña un soldo de 180.000pts ao mes e o resto dos concelleiros só percibían de retribución unha comisión por asistencia a plenos. Podo dicir honradamente que o meu pai en 16 anos de concelleiro, entre os que foi 1º Teniente alcalde e alcalde en funcións en moitas ocasións, non tivo máis soldo que o percibido a través destas comisións que nunca excedían as 9000 pts por pleno. Hoxe o concello no que traballou o PP durante 30 anos e o meu pai durante 16 está rexido por unha coalición de Psoe e BNG. Agora comezo coas contas:
Alcalde (PSOE): 40.000 euros ao ano.
I Teniente de alcalde (BNG): 16.500 euros ao ano.
II Concelleiro do BNG: 16.500 euros ao ano.
II Concelleiro do PSOE: 16.500 euros ao ano.
A conta dá preto de 90.000 euros ao ano.
Pero o mellor non é só isto, sabedes que lle di o alcalde aos veciños cado lle van a pidir un servizo? Non hai cartos. Sí, agarrádevos á silla ou á mesa máis próxima porque é certo, ide un día por ese bonito concello e veredes o que vos din... Moito se rí a xente de Abal e de xente como meu pai, que eran chamados caciques pola oposición, agora goberno, no seu momento...Hai que parviños foron...ou que honrados?, a resposta é evidente, é universal.
Esta é a diferencia entre uns e outros, en canto ao PP só se lle podía criticar polo excesivo soldo da alcaldesa de Sanxenxo, municipio ao que aprecio e onde coñecín a xestión de Telmo Martín tras moitos veráns de fermosa estancia alí; a alcaldesa cobraba un soldo desproporcionadamente altísimo, pero no que xa rectificou baixandoo en moito máis tra-la protesta veciñal e do propio partido, PP.
Esta é a vergoña que está a asolar a meirande parte dos concellos galegos onde existe unha coalición de "progreso"... Pero señor Fraga, señores do PP cantas veces escoitamos á xente dicir que caciques eran os alcaldes e concelleiros do PP?... Que xusta é a historia e cantas veces o repetirei, ao final todo o mundo acaba no seu sitio, e podo dicir que eu, fillo dun ex-concelleiro, que tiña como única vocación axudar aos seus veciños, podo levar a cabeza ben alta por ter un pai honrado coas mans limpas e pertencer a un partido sensato e con sentido común no referido a este tema, logo noutros en tódolos partidos hai de todo.
Pido aos lectores deste blog que pensen qué partido é o que está defendendo unha regularización dos soldos de alcaldes e concelleiros e cales non para telo presente nas vindeiras eleccións, porque de seguro eses que non queren a regularización dos soldos opoñeranse á reforma da lei electoral para seguir "repartíndose o pastel" entre os que conforman un goberno de "progreso".
6 comentarios:
alcadesa de Sanxexo PP 78000 euros
alalde y teniente alcalde de vigo: 680.000 euros
ourense otro tanto. Qtal? 100 contra uno.
Pues sí, el sueldo de la alcaldesa de Sanxenxo es excesivo, y no hay problema en criticarlo, pero es un caso, (y por cierto ya dijo que lo iba a rebajar).
No voy a poner la lista de los del PSOE, es suficiente con lo que todos sabemos que suponen los sueldos de los bipartitos, aumento de dedicaciones, y de los sueldos de los segundos alcaldes.
El caso de Ourense es muy claro, el actual alcalde prometió que fijaría su sueldo de alcalde en la misma cantidad que cobraba como maestro... y un maestro no cobra 74000€. No tienen PALABRA
no tienen credibilidad ninguno, da iwal pp o psoe, todos cuando llegan al poder son iwales
Gobierno de Vigo,
En total, la corporación municipal gastará al año 823.000 euros, antes 730.000. En el anterior gobierno había 4 dedicaciones exclusivas de 60.000 euros año. Ahora hay 5 excusivas a 64.500 al año y 5 parciales a 32.500 al año. Además el Alcalde tiene un salario de 75.000 euros. El teniente de Alcalde de Vigo 67.500 euros. Corina tenía 70.000 Euros. ¡Y LO MÁS SANGRANTE! El BNG recibe más dinero que el PSOE ! En total los de "Santi" reciben 325.000 Euros, el 39,6%, teniendo tan sólo el 18,5% de los concejales ¡VIVA LA IZQUIERDA Y LA DEMOCRACIA! El PSOE de Caballero se autoasignó la nada desdeñable cantidad, sumando los sueldos y demás, de 300.750 Euros. El 36,5%. Tienen el 33% de la corporación.
El PARTIDO POPULAR recibe ahora 210.000 Euros. El 25,5% del total, habiendo alcanzado más del 44% de los votos y el 48% de los concejales de la corporación. Y eso que son el único partido de la oposición. Antes la oposición recibía el 57% del total.
Simplemente penoso.
Pero como el gobierno es de progreso...
Fernán tus análisis son buenísimos y muy elaborados. Una pena que te fueses de Barro para la vecina Vigo ;-) Ya te ví siguiendo a blogs vecinos como a los vecinos de Marcón y algún otro. Sigue así.
Hoy en la radio escuché ya unas lar aciones aquí en Vigo diciendo que las cifras reales en salarios eran más bajas por parte de Abel Caballero. Fue muy escueto y rápido.
Lo que tu haces es lo que nosotros debemos hacer, proveer de munición a los demás. Me alegro de haber dado contigo.
Un saludo
Publicar un comentario