miércoles, 12 de septiembre de 2007

Meritorio recoñecemento para Albor...



Acava de publicarse nos medios de comunicación o meritorio recoñecemento que o Bundestag, o parlamento alemán, vai a conceder ao que foi o primeiro Presidente democrático da nosa Xunta de Galicia, o popular, constitucionalista e galeguista Gerardo F. Albor, con motivo da súa importantísima labor como Presidente da comisión do Parlamento europeo que fixo o seguimento das negociacións do proceso de reunificación do pobo alemán.

Aquel "muro de la vergüenza" dividira en dúas a Alemania de maneira irracional e fora un dos símbolos da Guerra Fría. Coa caída do muro no ano 1.989, ano do meu berce neste mundo (qué honorable casualidade¡¡¡), ademais de Alemania, Europa camiñaba hacia a súa volta á unidade dos Estados que a compoñen nun espacio político común de liberdade, seguridade, progreso e democracia sen precedentes en toda a súa historia contemporánea, e os galegos temos a honra de que un galego fora un dos principais traballadores nesta nobre tarefa.

Noraboa Presidente, Noraboa alemáns.

1 comentario:

Sísar dijo...

Yo creo que Europa caminaba hacia la abolición de los estados y hacia un marco dónde el individuo es el centro y protagonista de todas las medidas.