domingo, 13 de julio de 2008
Concurso de gaitas "Ricardo Portela"
Rédea Solta, Picuíña, Retrouso, Erixúa, Os Folerpas y Laghareu foron os grupos de gaiteiros inscritos no Memorial do gaiteiro cotobadense Ricardo Portela, gran amigo do meu avó, ambos finados.
Seis son os grupos que competironn este ano neste concurso, aviados por traxes típicos rexionais, percorrendo as rúas do casco histórico pontevedrés.
Os premios oscilaron entre 1.500, 900 y 600 euros respectivamente para os tres primeiros clasificados, Folerpas en primeiro lugar; Laghareu en segundo lugar; e ademais, o terceiro galardón repartiuse entre dous grupos: Picuíña y Rédea Solta.
Desta maneira pechouse este ano o Memorial Ricardo Portela, un dos grandes gaiteiros da nosa terra.
Xa é un feito que festividades como esta ou o "Gaiteiro de Soutelo" cada ano son mellor acollidas entre os nosos paisanos.
Unha aperta.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario