martes, 29 de julio de 2008

A CRISE ECONÓMICA NOS FOGARES GALEGOS


Iso que algúns tardaron en recoñecer, a crise económica, vivirá entre nós ata finais de 2009.

Será unha crise fondamenta difícil para as familias galegas e españolas.

Non o digo soamente eu, o din os especialistas de Caixa Galicia.

A situación económica dos fogares galegos complicarase nos vindeiros meses debido á tendencia á moderación salarial, ó incremento da inflación, e ó alto nivel de endeudamento das familias, unha situación que se prolongará ata finais de 2009.

A causa das "dificultades" da nova situación económica: "crecerá" o desemprego e se levarán a cabo políticas de moderación salarial, que unidas ao alto endeudamento das familias, provocarán un contexto moi difícil para os fogares galegos.

Mentras isto acontece, o Goberno da Xunta, ó que lle presupoñemos ten boas intencións, pero non moi boa actitude ante a crise, non puxo nin unha soa medida en marcha.

No dividido Goberno da Xunta ata os seus Presidentes, Touriño e Quintana, viaxan por separado no mesmo avión a Madrid.
Ó revés que Touriño, que viaxou en turista, Quintana o fixo en primeira clase, como os bos "marxistas", pero claro, como o seu propio cargo indica, el é o vicepresidente da Consellería do Benestar... como non!

17 comentarios:

Sísar dijo...

Yo opino que la crisis será más larga y esto es tan solo la punta del iceberg. También el término crisis empieza a quedar desfasado y con dos meses consecutivos de decrecimiento se puede empezar a hablar de recesión y pronto del gran temido Estanflación cuya palabra pone los pelos de punta a economistas de todo el mundo.

Nuevamente el Gobierno, tanto central como autonómico, llegan tarde en el diagnóstico y sin un diagnóstico claro no se puede tratar adecuadamente al enfermo.

José Manuel Montero dijo...

No obstante seguimos manteniendo la superestructura que es el establo de las autonomías, si se trata de reducir gasto público y en mi opinión de sobra conocida, si no se reduce lo que hay que reducir la situación pues es la que se espera y peor.
Pero nada, sigamos que vamos por el buen camino en aras a la pluralidad hasta como propuse en mi blog creemos más autonomías que son pocas de forma obviamente ironica.
Y me da igual que el gobierno lo conformen progresistas, que separatistas que conservadores, que perico de los palotes, creo que se debe apelar a la razón y al sentido común y a la austeridad en el control del gasto público, reduzcamos donde hay que reducir y no donde no hay que reducir(sanidad pública, prestaciones y servicios sociales), sino en esos órganos que dicen ser de gobierno y bajo mi punto de vista son de desgobierno, porque el ejemplo más grande de sectarismo lo encontramos en la administración autonómica de la Xunta de Galicia.

tevye dijo...

Ola Jorge, vexo que ultimamente aparecen nas túas publicacións as verbas marxista, leninista... empregadas dun xeito que me atreverei a catalogar de simplista.

Por iso, podo preguntarche a bibliografía marxista que tes consultado para permitirte empregar termos coma eses tan a lixeira? E, dacordo coa bibliografía marxista que teñas consultado, paréceche que hai leninismo o do BNG? ou marxismo o do PSOE?

Saúdos.

PD. Con relación a unha entrada túa do 23 de Xullo. En máis dunha ocasión Castelao louvou á URSS e a Lenin, e ata toma no Sempre en Galiza (líchelo?) a definición que Stalin fixo de nación. Eu identificaría a ideoloxía de Castelao cos pensadores do austromarxismo e o que eles definían como comunidade nacional.

Ah, e Rosalía foi a que dixo "Pobre Galicia, non debes / chamarte nunca española, / que España de ti se olvida / cando eres, ¡ai!, tan fermosa".

E que é autodeterminación? É sinónimo de independencia?

Póñoche un anaco do Sempre en Galiza (repito, líchelo? sería interesante para dicir "vou falar da ideoloxía de Castelao") "Unha nación é soberana e ten dereito a organizarse autonomicamente, sen máis límites que os derivados do respecto ao dereito igual das demais nacionalidades. A nación ten dereito a federarse con outras e a separarse da federación cando lle conviñer. Unha nacionalidade, pois, ten dereito, incluso, a constituírse en Estado independente." Iso é autodeterminación. Ten algo de malo?

E sobre o de se Castelao sería ou non independentista, outra reseña do Sempre en Galiza "Diremos lealmente que a nosa condición de 'separados' está próisima a trocarse en enerxía 'separatista', porque nin os demócratas hespañoes queren comprerdernos".

E sobre o do decreto do galego, realmente che parece unha imposición? A ver, se es un suízo dun cantón francófono, e te mudas a un catón xermanofono os teus fillos van ter que estudar en alemán na escola, estanlle impoñendo o idioma a eses nenos tamén?
O feito de que os nenos estuden en galego na escola vai facelos uns incompetentes no emprego do castelán? Non sei ti, pero eu aínda confío na potabilidade intelectual dos galegos; e se logo de absorber o 90% da programación televisiva, da prensa, dos rótulos comerciais, das emisoras de radio... en castelán non son capaces de empregar ese idioma, entón o problema non é do decreto do galego, é que son parvos, dito isto con todo o respecto do mundo porque estou absolutamente seguro de que iso non se dá; outra cousa é que os pais por cuestións ideolóxicas queiran facernos ver que os seus fillos son máis parvos, ou menos intelixentes para ser politicamente correcto, que os nenos que se desenvolven perfectamente nos dous idiomas.

E sobre o de Ramón Piñeiro, bótalle unha ollada ao libro "O vento do espírito" de Carlos Fernández.

Saúdos, outra vez

Anónimo dijo...

qué carallo vai ler..
iso xa se nota ó escribir.

Anónimo dijo...

José M M
Lo que diré al comentario tvye y al anonimo lo que os defrauda es que vuestros colegas separatistas del BNG es que no defiendan vuestro ideario a raja tabla y no solo eso sino que ademas presumen de ser de corte nacionalista(separatista en resumidas cuentas) y de izquierdas teneis una purga ideologica tan grande en el BNG que no os poneis ni de acuerdo en definir las líneas políticas del sectario BNG, suprimieron vuestro sistema asambleario y las bases pues claro estan que trinan. Pero nada sigamos creando desigualdades donde no las hay y división en la ciudadanía, esta es una autonomía con dos lenguas oficiales os lo recuerdo por si os olvidais que tendeis a cierto descuido y como bien dijo Jorge efectivamente el Vicepresidente como se demostro es el del Bienestar, si el del bienestar suyo. Porque el que es de los demas pues tarari.

tevye dijo...

A ver, José M M, ser nacionalista é o mesmo que ser separatista? É incríble como algunha xente simplifica termos sen pararse a facer unha pequeniña análise cun mínimo de rigor. Sabes quen é moi atrevida, verdade?

"no defiendan vuestro ideario a raja tabla"

Pero é que hai algún partido que defenda o noso (refírome a todo o mundo, sexan da ideoloxía que sexan) ideario totalmente? Hai algún partido que defenda totalmente o teu ideario? Ou dito doutro xeito: hai algún partido co que compartes todo o ideario ou tes criterio propio e difires nalgúns aspectos aínda que en liñas xerais te identifiques con el?

Purga ideolóxica. Sabes por casualidade que é iso? E, de ser así, en que te baseas para falar dela? Dígoo porque mudar un sistema asembleario por un de asembleas reducidas de compromisarios pouco ten que ver coa ideoloxía, máis ben ten que ver con aspectos de burocracia interna.

Están que trinan as bases do BNG? Outra vez, en que fundamentas esa afirmación? En que hai algún que di que se vai? Se ese é o teu baremo, entón tamén están que trinan as bases de todos os demais partidos.

Desigualdades e división na cidadanía. E outra vez, que desigualdades e que división? Non vale botar a lingua a pacer, hai que dar exemplos, darlle unha base forte ao que dis.

"esta es una autonomía con dos lenguas oficiales"

Claro, e por iso o decreto sobre o ensino do galego contempla a ensinanza nas dúas linguas, se ben o fai dende un punto de vista de protección e difusión da lingua que socialmente se ve menos favorecida. E por se te ves tentado a dicir iso de que se está a poñer en perigo o castelán, non che parece que iso entra en conflicto coa outra afirmación que tanto vos gusta de "cientos de millones de personas hablan español"? Como pode estar en perigo unha lingua falada por millóns?

"el Vicepresidente como se demostro es el del Bienestar, si el del bienestar suyo. Porque el que es de los demas pues tarari."

Pois si, a verdade é que a súa acción poucas interpretacións merece. Pero, outra vez, en que te baseas para dicir o de "el que es de los demas pues tarari"? O de sempre, dá argumentos, non te limites a abrir a boca e dicir o primeiro que se che veña á cabeza.
A min ocórrenseme varias para dicir o contrario, véxase o exemplo do comedor sobre rodas, as políticas de dependencia, o gzcrea, a creación do Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar para implicar aos concellos, o aumento no número de escolas infantís (iso tan preciso para o de compatibilizar vida persoal e profesional)... non sei, pégate un garbeo pola súa web, contrasta o que eles din coa información que á súa vez nos dá a prensa (consultando máis dun xornal, mirar só el Mundo e escoitar só a Cope darache unha visión moi sesgada e limitada da realidade) e logo articula un argumento defendible, non simples afirmacións que, segundo parecen, están baseadas nun simplista "porque si" ou, peor, nun "é o que me dixeron". Falar de oído non é bo.

Saúdos.

Anónimo dijo...

José M M
Ayudas a la Dependecia concedidas hasta la fecha: 0.0 . Presumir de su concesión: paseamos el coche de la ley de dependencia y nos quedamos tan panchos.
Lo clasista que demostro ser el vicepresi es increible en un avión, pero bueno no es clasismo, es que el pobre padece de espalda.
Oponerse al invento podrido de la ciudad de la cultura: 0.0 . Presumir de una revolución tranquila en la adminstración autonómica: todos los días y más si pueden.
Que las bases del BNG estan que trinan aquí en Ourense por lo menos te puedo presentar a varios(y no uno o dos) militanes que comparto lo que yo expongo aquí.
Y estas equivocado soy de tendencia liberal-progresista con lo cual la credibilidad de la COPE y El Mundo la cuestiono no poco sino nada.

tevye dijo...

Entón os teus argumentos son que seica non se concedeu ningunha axuda a dependentes (axuda económica atrévome a matizar, porque das outras hai bastantes), que viaxou en primeira clase e o da Cidade da Cultura (que non depende de Vicepresidencia senón da Consellaría de Cultura).

Sobre o dos que "trinan", estás a falar dos do MpB? de Roberto e esa tropa? deses ácratas que se pasean pola Esmorga berrando a prol do lusismo e da independencia e logo van pedindo o cola cao en castelán na casa?

Volvo pedirche un mínimo de rigor.

Ah, e a que te refires con iso de liberal-progresista? liberal en sentido europeo ou anglosaxón? e o de progre... permíteme dicirche que a agresividade que as túas mensaxes transmiten crean en min serias dúbidas a ese respecto.

Saúdos.

Sísar dijo...

Teyve iso da relación entre Castelao e a URSS está máis que estudado. Castelao tiña moita simpatía por certos descursos de Lenin e así copia íntegramente a definición de Lenin sobre nación en Sempre en Galiza.

E como vexo que te sitúas nunha situación de superioridade intelectual sen coñece-la persona a que aludes nómbroche eu un extracto de Sempre en Galiza

“ ... pero en verdade soio aspiramos a unha autonomía integral, dentro da libre federación de todo-los povos peninsulares. Galiza non necesita mais, pero non pode conformarse con menos” (Castelao; Sempre en Galiza. L IV,III)"

no que se amosa claramente que Castelao non era independentista, senón que era moi concreto na sua definición para os tempos que corrían.

Respondo eu non sei porqué, porque moito do galeguismo que sei o aprendín deste rapaz o que tan osadamente insinúas descalificar intelectualmente.

Moitos historiadores non se poñen dacordo sobre cuestión deste tipo pero impera o respeto sempre, máxime dunha ideoloxía de esquerdas.

Saúdos

Sísar dijo...

Teyve iso da relación entre Castelao e a URSS está máis que estudado. Castelao tiña moita simpatía por certos descursos de Lenin e así copia íntegramente a definición de Lenin sobre nación en Sempre en Galiza.

E como vexo que te sitúas nunha situación de superioridade intelectual sen coñece-la persona a que aludes nómbroche eu un extracto de Sempre en Galiza

“ ... pero en verdade soio aspiramos a unha autonomía integral, dentro da libre federación de todo-los povos peninsulares. Galiza non necesita mais, pero non pode conformarse con menos” (Castelao; Sempre en Galiza. L IV,III)"

no que se amosa claramente que Castelao non era independentista, senón que era moi concreto na sua definición para os tempos que corrían.

Respondo eu non sei porqué, porque moito do galeguismo que sei o aprendín deste rapaz o que tan osadamente insinúas descalificar intelectualmente.

Moitos historiadores non se poñen dacordo sobre cuestión deste tipo pero impera o respeto sempre, máxime dunha ideoloxía de esquerdas.

Saúdos

Anónimo dijo...

José M M
A los hechos me remito y si la Consellería de Cultura es la de Cultura, pero depende del lado separatista del bigobierno de la Xunta de Galicia.
Y soy liberal (en el sentido de que creo en la libertad de empresa en el marco de la economía de mercado) y progresista (porque toda medida de carácter progresista, salvo los separatismos, la apoyo)
Dos cientos millones de euros son los que le han negado a la ley de dependencia para su desarrollo y aplicación y el Vicepresi-sectario-separatista tan pancho y contento, pero nada sigamos financiando al autogobierno o mejor dicho el autobigocierno total los que pagamos somos los ciudadanos, o sea los contribuyentes.

tevye dijo...

"soy liberal (en el sentido de que creo en la libertad de empresa en el marco de la economía de mercado) y progresista (porque toda medida de carácter progresista, salvo los separatismos, la apoyo)"

Vaia, entón votante de Rosa Díez, non? Sen comentarios...

E, dime, en que te fundamentas para dicir que o BNG é separatista. Que eu saiba nacionalismo non é sinónimo de separatismo, aínda que o separatismo teña connotacións nacionalistas. E resulta que o BNG, máis ben, segue unha liña republicana federalista non secesionista. Xa que logo, ese teu baduar de separatismos perde o pouco contido que ti lle queres dar.

Doutro xeito, como defines ti separatismo? Para ti a idea dunha España federal de BNG, EU ou algúns sectores de PSOE e CiU resulta separatista? Ou balcanizadora? E debo dicir que non me gusta nada ese termo de "balcanización", xa que son procesos sociopolíticos completamente diferentes.

"A los hechos me remito y si la Consellería de Cultura es la de Cultura, pero depende del lado separatista del bigobierno de la Xunta de Galicia."

O do separatismo creo que xa quedou visto, xa que logo, a Consellaría de Cultura é a Consellaría de Cultura, como ben dis; xa que logo, as críticas sobre o que faga ou deixe de facer a Consellaría de Cultura non son extrapolables á Vicepresidencia ao tratarse de organos, aínda que relacionados, diferentes. É dicir, o que dicías da Cidade da Cultura non ten sentido como crítica ás políticas da Vicepresidencia que está ao cargo (teoricamente) do benestar e a igualdade. Todo o que veñas a dicir para defender a túa infundada argumentación nese sentido non será máis que retorcerlle o rabo á marrá, unha perda de tempo.

En fin, corríxeme se me trabuco pero o único que saquei en limpo é que ti estás en contra dos nacionalismos (chamados) periféricos e do Estado das Autonomías.

Saúdos.

tevye dijo...

Sisar, eu non tentei descalificar a Jorge en absoluto. Teño que dicir que me parece unha persoa coa cabeza moi ben amoblada. Pero, así e todo, vexo que trata o tema do marxismo dende un punto de vista moi parcial, de aí que lle preguntase pola bibliografía marxista consultada por el, a miña fin non era a de, coma ti insinúas, situarme "nunha situación de superioridade intelectual", nada máis lonxe do meu interese.

De feito, estou seguro de que logo de ler esa bibliografía marxista chegará á mesma conclusión que un servidor, o "marxismo químicamente puro", o marxismo do XIX e comezos do XX (alongado temporalmente, e completamente desvirtuado, no que foi a URSS e as dictaduras autoproclamadas como marxistas que atopamos por aí adiante) está absolutamente obsoleto; propostas como a loita de clases, a dictadura do proletariado, nacionalizacións indiscriminadas están hoxe en día fóra de lugar.
Aínda así, os partidos que hoxe se chaman marxistas non beben realmente dese marxismo, senón que o fan das teorías marxistas que veñen elaborándose dende os anos 30, coas escolas de Austria e Frankfurt e os seus seguidores. É un marxismo que recoñece as liberdades individuais e de mercado, sempre baixo un certo control para evitar desfases, e que nen por asomo apoiaría medidas polas que o marxismo é comunmente coñecido (supresión da propiedade privada...) e que realmente non se corresponden coa realidade actual (do mesmo xeito que o liberalismo actual pouco ten que ver co de Adam Smith ou David Ricardo).
Nese senso eu sempre recomendo as mesmas lecturas: Otto Bauer e Herbert Marcuse, en cuxas obras vemos unha síntese do pensamento marxista contemporáneo. Ate me atrevería a dicir que incluso o termo marxista deixaría de ter sentido xa que, se ben toman como base a obra de Karl Marx, reelaboran as súas teorizacións.

Sobre o de Castelao, alén da súa simpatía pola URSS, cuxos motivos poden ser máis ou menos discutibles, o certo é que simpatizaba profundamente co pensamento progresista de esquerdas. De feito, para as eleccións de febreiro do 36 Castelao foi un dos maiores defensores da unión do PG á Fronte Popular, a coalición das forzas da esquerda na II República, e precisamente, os do galeguismo conservador (salvo excepcións como Otero Pedrayo) fóronse do PG, xuntándose moitos arredor de Dereita Galeguista. Xa que logo, a postura dun galeguismo conservador para Castelao é máis que discutible e rebatible. A súa obra ensaística está chea de propostas de acción política de corte esquerdista como as comunidades de montes (tal e como el as presentaba), o fomento do cooperativismo agrario, a política administrativa... Incluso o Estatuto do 36 é un texto de corte esquerdista e nacionalista aínda que, para conseguir en último termo a súa aprobación, cambiasen a verba nación por rexión; se lle botamos unha ollada aos artigos de Castelao, Risco, os irmáns Vilar Ponte... veremos que empregaban indistintamente ambos os dous termos como sinónimos.

Sobre a seu apego ou non ao independentismo, a propia cita que traes ao prelo (coincidinte coa que López Veiga empregara para dicir por qué non era nacionalista, cousa que non deixa de ser unha parvada porque, a pesar de tal cita Castelao declarábase nacionalista) indica a visión que Castelao tiña do estado. Para el España era algo irreal, unha invención castelá enfrontada ao que eles defendían: Hespaña, que non era máis que, como a cita que pos reza: a "libre federación de todo-los povos peninsulares".
Así mesmo, a súa posición foi evoluíndo segundo foi evoluíndo a realidade política, chegando a afirmar máis adiante (adiante no tempo e no Sempre en Galiza): "si eu agora tivera nas maus a posibilidade de independizar a Galiza non dubidaría en aceitar esa posibilidade para salvar á miña Terra".
Xa que logo, era ou non independentista? Eu particularmente non me decanto por ningunha das opcións, xa que a súa postura dependería da coxuntura do momento. E iso é o que quería facerlle ver ao Jorge, que non se pode afirmar rotundamente que Castelao "hoxe en día prestaría servicio nun partido de ideoloxía próxima a un partido nacionalista, pero non independentista", do mesmo xeito que non se pode afirmar que Castelao hoxe sería independentista.

En fin, creo que nada máis. Simplemente manifestar o meu respecto polos que aquí manifestades a vosa opinión, refírome aos que o facedes na liña que ti ou Jorge seguides, dun xeito máis ou menos imparcial, se ben a ideoloxía sempre acaba rezumando, o cal creo que bo porque se non estariades desideoloxizados, e iso sería sinónimo de apatía.

Saúdos.

Sísar dijo...

Lo del Marxismo llevas bastante razón. Como dijo Marx al final de su vida: "yo no soy marxista" en referencia a lo que él veía en que se estaba convirtiendo sus teorías.

Luego lo que me comentas de aceptar la economía de mercado y libertad individual tiene un nombre ya y es la raíz del socialismo del siglo XX.

De Castelao hay libros y más libros sobre su pensamiento. Llegó a aceptar encargos de la República del momento como cuando fue de viaje a USA para aglutinar al gallego emigrante en torno a su figura y pensamiento.

Yo discrepo con muchísimas de sus teorías, pero se reconoce la grandeza de su obra y figura, sobre todo en la defensa de Galicia, a la que él llamaba Galiza igual que a Francia llamaba Franza (un guiño al debate sobre el tóponimo oficial de nuestra tierra).

Un saludo Teyve.

Anónimo dijo...

José M M
Precisamente esas tendencias separatistas fueron las que destruyeron la Segunda República junto con los sublevados traidores militares, cuando la República estaba no en las últimas, pero iba a iniciarse una contienda de elevadas repercusiones para quienes la padecieron y los avaros catalanes declaran la independencia.
Evidentemente que veo los separatistas como un cancer, pero no solo como un cancer sino como una fuente de división de la ciudadanía de a pie, en el País Vasco es notable la tendencia xenófoba desarrollada e impulsada por el PNV y transmitida a su vez a la ciudadanía, no solo se podría decir que medio condenan(por lo tanto la condena no es amplia) los actos terroristas de la ETA que sino ademas amenazan con un referendúm soberanista para darle alas que más pruebas quieres.
Aquí en Galicia por suerte el nacionalismo tiene mucho menor auge pero de todos modos me gustaría personalmente que estubiera aun más ahogado de lo que ya esta, ya que esas conductas no llevan a nada bueno y quien viva en los mundos de yupi no lo vera, pero quien lo analize fria y objetivamente pues comprendera mi postura.
Los partidos que dicen ser españolistas se tambalean se muestran tibios a la hora de decir que esto es España en su conjunto(17 CCAA y 2 ciudades Autónomas)y van a rebufo de los separatistas el caso es llegar al poder como sea les da igual vender a quien sea. Pero nada sigamos en esa línea.

Anónimo dijo...

a min o que me escaralla é como empregades peiorativamente o termo nacionalismo cando vós sodes nacionalistas hespañois, o pp é un partido nacionalista nese senso, e non pasa nada.

os demáis son avaros e xenófobos,
manda carallo,
JMM tómate unha tila (estubiera)

e para o outro, ben se nota de quén aprendistes o galeguismo, ese galeguismo do PP,...
como traballades o oxímoron...

as labazadas teóricas de teyv están moi ben dadas, e penso que ten que ser amigo voso, porque darvos leccións de balde...

Anónimo dijo...

José M M
Lo que me faltaba por oir, tomate la molestia de leer todos los comentarios y no saquemos conclusiones más que precipitadas porque eso me parece prematuro. No soy del Partido Popular es más discrepo con ellos en un montón de cosas, lo cual no quiere decir que por sistema como os habeis acostumbrado haya que excluirlo de todos los sitios, soy una persona con mucho criterio propio y san se acabo, saco mis propias conclusiones a la vista de los echos y desde luego no me dejo aborregar por nadie, que el BNG me parece una secta, pues me lo parece y lo digo de forma amplia, que obras son amores y no buenas razones en los hechos se le ve el autentico espirítu del BNG, separar, crear chiringuitos presumir de política social inexistente y san se acabo siguiendo la línea del gobierno Fraga o peor aun que el gobierno Fraga, para hacer esa política teniamos a los que estaban antes y san se acabo.