jueves, 31 de julio de 2008

O ÉXODO DE GALEGOS AUMENTA UN 3,2% NUN ANO

Durante o 2007 algo máis de 17.500 galegos optaron por asentarse noutros lugares de España, o que representa un incremento de casi un 3,2% con respecto ao 2006.

Este dato supón a segunda cifra máis
alta dos últimos dez años.

-A comunidade á que máis galegos marcharon nos últimos 12 meses é Madrid. Nesta cidade empadronaaronse no último año 3.667 ciudadanos procedentes de Galicia, un 15% más que no ano anterior. Síguelle Canarias e Cataluña.

-Segundo o INE un 73% de todos aqueles que se dan de baixa no padrón o fan procedentes de A Coruña ou Pontevedra. Mentres que o 65% de aqueles que elexiron irse contaban con entre 15 y 34 anos.

-Gracias á inmigración mitigouse en gran parte ese éxodo. Hoxe suman en Galicia algo máis de 95.000 cidadans de procedencia foránea, un 3,4% do total, moi lonxe ainda do 11,3% da media española.

Disto queixábase o señor Quintana, que os galegos tiñan que marchar durante o Goberno de Fraga, cando os porcentaxes non eran nin parecidos ós de hoxe. Agora que xustificacións hai?

6 comentarios:

PONTEVEDRITOS dijo...

Muy edecuados estos artículos. A ver si nos conocemos estas peñas. Saludos

Roi dijo...

Isto non se pode aturar por máis tempo. Cada ano, dende hai moitos, sae moita xente, case sempre nova, preparada e formada no noso país, para traballar fóra. Pero lembra, Jorge, que as causas son estruturais e que a diferenza, e non quero desculpar nada, é que Fraga contou con miles de millóns de euros dos fondos de cohesión territorial. Mentres países como Irlanda ou Portugal (nos 90 polo menos, logo veu a crise para os lusos) despegaron, aquí gastáronse demasiados cartos en cemento, en paseos e portos deportivos sen moita visión estratéxica. Sintomático é o paseo da fachada marítima de Marín: moitos centos de metros para goce, sobre todo, dos xubilados mentres do outro lado foron enferruxando os barcos do banco canario-sahariano.

tevye dijo...

Cal cres ti que é a causa Jorge?

Un comportamento derivado dunha estructura mental conformada durante anos e anos?

A repercusión que están tendo medidas e políticas que dende os anos 80 veñen afectándolle ao territorio galego? (véxase o caso da PAC, investimento estatal discriminatorio, mala xestión dos fondos públicos...)

A fuxida de capitais galegos a Madrid debido a compra e absorción de empresas galegas por parte doutras con sede na capital?

O abano é infindo, pero o certo é que, dende o meu punto de vista, a causa non está nos últimos catro anos. O cal non nega o feito de que o actual goberno puido ter traballado un pouco máis a prol de frear esa marcha de galegos ao exterior.

Saúdos.

PD, o outro día falando do mesmo cun amigo meu do PP díxome que non se pode falar de emigración de mozos galegos posto que están dentro da mesma nación, chegando a restarlle toda a importancia ao tema dado que ao ser movementos dentro de España é como se eu me fose de Ourense a Vigo.
A ti que che parece tal opinión? O certo é que a min paréceme unha visión que coincide bastante co descurso do PP, se España é unha única nación logo o éxodo galego é o máis normal do mundo pasando a ser unha mera mudanza de fogar.

Jorge Cubela dijo...

É moi digno que recoñezas a existencia da nación española para xustificar a neglixencia nas políticas de emprego para os xóvenes que tanto promocionou a Xunta de Galicia.

Para min non hai problema en que un mozo galego marche a Salamanca ou Madrid, onde residen as miñas irmás, sempre que aquí teñan traballo. Pero o problema é que non o hai, por iso hai que marchar.
En Pontevedra cidade o paro xuvenil pasa do 50%.

tevye dijo...

Non te trabuques, le ven a miña PD, non recoñecín a nación española, e realmente é practicamente imposible que nalgún momento vaia eu recoñecer unha nación nada en 1833 (se ben o termo "rei de España" comezou a empregarse a mediados do XVIII) fronte a outras que levan uns cantos anos de vantaxe; e non me refiro ás tres típicas soamente, senon que falo tamén de Castela, León, incluso Granada...
Cando falei de España como nación estaba a facer referencia á postura do PP, manifestada pola boca dese amigo meu que mentei na miña anterior mensaxe.
O que si recoñezo e o Estado español, pero é que a diferencia entre ambos os dous termos é enorme. Como ben é dito "Pódese ter un estado sen ser unha nación, e pódese ser unha nación sen ter un estado", e para min o carácter plurinacional de España é algo fóra de toda discusión (aínda que a miña postura é totalmente discutible e discutida).

A parte diso, para ti o iso que dixen de que "o actual goberno puido ter traballado un pouco máis a prol de frear esa marcha de galegos ao exterior" que quere dicir? Que estou xustificando o seu nefasto traballo nese sentido? Se se fai unha análise da oración, verba a verba, vese, creo, claramente que non.

O caso é que vou volver preguntarche o mesmo, cal cres ti que é a causa? Porque todo, absolutamente todo, ten unha causa, e estou seguro de que ti algunha terás en mente para o tal problema que lle afecta ao noso país.

Saúdos.

Anónimo dijo...

José M M
Según el Estatuto de Autonomía de Galicia del año 1981, los poderes públicos de Galicia asumen como uno de sus principios rectores de la política social y económica, el derecho de los gallegos a vivir y a trabajar en su propia tierra. Así que ahí le doy la razón a Jorge, si esos poderes públicos son ineficazes me da igual se llamen Partido Popular, Partido Socialista que Bloque Nacionalista.