viernes, 8 de agosto de 2008

A MALA XESTIÓN DO BIPARTITO REFLÍCTESE NO INFORME DO VALEDOR DO 2007

Blanco decide adiantar as eleccións galegas vendo a mala xestión do Bipartito tralo informe do Valedor do 2007.

O informe do Valedor do Pobo correspondente ao ano 2007 supón “un serio tirón de orellas” ao Goberno bipartito da Xunta de Galicia, cun incremento nas queixas dun 26,32% ao respecto do ano anterior.

Este Aumento é a tónica xeral dende a toma de posesión do actual goberno xa que no 2006 incrementáronse nun 37,89%.

Os departamentos autonómicos que mais insatisfacción xeran aos galegos son os de Educación, Política Territorial e Medio Ambiente, coincidente, coa área de goberno socialista.

Touriño non só non dirixe ben o seu goberno, porque parte do mesmo depende do señor Quintana, é que ademais dirixe especialmente mal as súas Consellerías.

Obras públicas e expropiacións lidera as áreas públicas con maior número de queixas seguido da Administración económica, comunicacións e novas tecnoloxías, sendo a terceira área de peor funcionamento Medio Ambiente.

A demora na xustiza agrupa o 94% das queixas nesta área poñendo de manifesto, segundo o propio informe, “a incapacidade da Administración de Xustiza, na forma en que esta desenvolvida neste momento, para facer efectivo o dereito á tutela xudicial efectiva”. O propio informe sinala como remedio a esta situación a necesidade de adaptación da planta xudicial, á necesidade de maior dotación de xuíces, persoal e medios e pecha facendo unha chamada a un “esforzo investidor” para superar os problemas da Xustiza.

Sobre a Sanidade, o informe alerta de que non está ben resolto o tema da coordinación entre a atención primaria e especializada e incide no grave problema que supón a lista de espera. Estas listas afectan a todas a especialidades que atenden á saúde das mulleres e das persoas maiores, manifestándose unha discriminación en eses colectivos, e non se presentan como uniformes en todos os centros.

No informe o Valedor do Pobo fai referencia á necesidade “dunha vontade política de mellora en xestión de centros hospitalarios” o que ben a ser un varapalo a actual xestión da área sanitaria da Xunta de Galicia.

O informe é un correctivo á Consellería de Política Territorial, á que responsabiliza pola “insuficiente resposta de retraso no cobro das indemnizacións por expropiación”.

Así mesmo fai unha chamada de atención á Consellería de Vivenda sobre o realoxamento de familias ás que se lles expropia a vivenda, sobre a ocupación desas vivendas antes de pagar un prezo xusto e a necesidade de intervención de organismos alleos á consellería na fixación do prezo.

Ao respecto do urbanismo a censura máis grave do informe fai referencia á pasividade da administración tanto na execución como na tramitación de expedientes, que pode chegar a provocar a prescrición de infraccións e sensación de impunidade.

Os feitos son feitos, estamos mellor agora que fai 3 anos e medio?

2 comentarios:

Ginebra dijo...

Uf, esto ya me da quebraderos de cabeza. Paso de comentar, jaja.

Anónimo dijo...

El grupo municipal del BNG acusa al jefe de Policía de Celanova, Fernando Mouriño -hermano del alcalde del municipio, Antonio Mouriño (PP)- de un supuesto delito de prevaricación, por haber frenado la tramitación judicial de un atestado contra el presidente provincial de Nuevas Generaciones, Israel León, involucrado en el hurto de plantas de un jardín público en Celanova. A pesar de que la gamberrada se habría saldado con una multa, "no perseguir los delitos de oficio está tipificado en el Código Penal con penas de cárcel o inhabilitación para el cargo", según afirma el portavoz municipal del BNG, Alfonso Grande.

Fernando Mouriño confirma que no ha tramitado el expediente contra León, y lo justifica diciendo que "no me corresponde a mí hacerlo, sino al alcalde", su hermano. Y añade que si el regidor no lo ha hecho "será porque el importe de lo sustraído no es significativo". Sectores del PP municipal se suman a las críticas alegando que los Mouriño intentan echar un capote al presidente juvenil, ya que "si se confirmara que él hurtó las plantas, le costaría el puesto en el partido".

Israel León, que asume su participación en el robo, se considera una "víctima política" del sector del PP afín a José Luis Baltar ya que hace unos meses se enfrentó públicamente al vicepresidente de la Diputación, Enrique Nóvoa, brazo derecho de Baltar, acusándole de "intentar apañar" la elección del presidente de Nuevas Generaciones.

El pais.es