Cada día crecía o número de encarcerados.
Comprían novos edificios para prisións. Bóveda permaneceu en Ponte Caldelas uns días; de alí foi enviado a Caldas de Reis e, por fin, traído a Pontevedra a unha cadea improvisada no vello instituto de Bacharelato. Naquela cadea convivían presos políticos de todas as clases sociais. Había posibilidades de fuga directa ou mediante soborno. Bóveda negouse a todo intento neses aspectos. Estaba seguro da súa honradez e non temía ante os xuíces.
Os poderes militares sublevados decidiron instruir un xuízo sumarísimo a Bóveda.
O 13 de agosto celebrouse no salón de actos da deputación o xuízo sumarísimo.
Déronlle a palabra a Alexandre por só dez minutos e prohibíronlle falar en galego. Álvarez Gallego, cuñado de Bóveda, transcribe as súas palabras:
"Dos dez minutos que se me conceden, sóbranme cinco.
Voume referir moi brevemente aos feitos. En primeiro lugar, procuraron agachar neste xuízo, atentatorio ás leis que rixen a Xustiza Militar e a común, que eu fun conducido ao cuartel de Artillería de San Fernando polos capitáns Sánchez Cantón e Casal, por certo -e non teño inconveniente en declaralo, moi amablemente-. Que no cuarto de bandeiras do dito cuartel pretenderon obsequiarme, como ao Sr. Gobernador Civil, con viño e doces "polo término feliz, segundo dicían, da molesta cuestión que forzara ao exército a tomar aquela actitude". Que máis tarde, dixéronme que quedaba en liberdade, inda que non pra dirixirme á miña casa de Poio senón á dos meus sogros, na rúa Oliva, para que non tivera que pasar pola Ponte da Barca, onde había aínda, segundo me dixeron, algún tiroteo. Que durante aquela noite, aínda que me puxeron á porta sentinelas armados, puden fugarme, porque dispuña de automóbil e outra saída, por exemplo a Tui, pola estrada libre de vixianza, e pasando a fronteira portuguesa.
Que ao día seguinte, conducíronme ao mesmo cuartel, segundo dixeron, "para declarar". Pero que, en vez diso, me enviaron, en automóbel militar acompañado por un oficial armado, ao cárcere de Pontevedra. Que logo a Garda Civil, sendo de noite pechada, trasladoume ao cárce de Ponte Caldelas, intentando matarme no camiño. Que máis tarde, e por razón de "seguridade", ao dicir dos carceleiros, leváronme ao cárcere de Caldas de Reis. E que, por fin, conducíronme ao vello edificio do Instituto, hoxe Escola Normal, convertido en prisión, onde levo preso, inda que non incomunicado, vinte e tantos días. Que tamén pudendo terme fugado, porque se me permitiu baixar ao portal e andar por todo o edificio, non intentei fuxir; e non o fixen, pola mesma razón que da casa da Oliva; por non xulgarme autor, nen coautor, nen cómplice de ningún delito, senón CUMPRIDOR DO MEU DEBER COMO FUNCIONARIO E PATRIOTA.
Rechazo as falsas acusacións dun "comunista" ao que se lle negaron as armas que pretendía, primeiro porque nunca as houbo e, segundo, aos republicáns non nos ofrecía certeza de que fose defender a lexitimidade da República.
Se por todo iso se pide a miña pena de morte por fusilamento, eu non teño nada que engadir ao que creu conveniente o Sr. defensor. En en canto aos cargos falsos, inxustos, infundados e apaixoados do fiscal, feitos coa vehemencia de considerarme un criminal da peor especie, cando ningún crime cometín, remítome á opinión pública.
Dí o Presidente:
Volvo esixir ao procesado que se dirixa soamente ao Tribunal. A opinión pública non ten nada que ver neste asunto, ademais de que está ao lado do glorioso Movemento e en contra dos seus inimigos. E tamén lle esixo que termine dunha vez, porque non quero, dadas as circunstancias, retirarlle a palabra, aínda que me obrigará a facelo se segue facendo uso dela impropia e excesivamente.
Continúa o procesado Bóveda:
Non apure Sr. Presidente. Conclúo en seguida.
Só unhas poucas palabras máis para rexeitar o calificativo de TRAIDOR Á PATRIA.
A miña patria natural é GALICIA. Ámoa fervorosamente, xamais a traicionaría, inda que me concedesen séculos de vida. Adóroa ata máis alá da miña morte. Se entende o Tribunal que por este amor entrañable, debe serme aplicada a pena de morte, recibireina como un sacrificio máis por ela. Fixen canto puiden por Galicia e faría máis se puidera. Se non podo ata me gustaría morrer pola miña Patria. Baixo a súa bandeira desexo ser enterrado, si o Tribunal, en conciencia, xulga que debo selo. E este "agarimo" -permítaseme a única palabra galega que emprego no único idioma que sempre falei- que lle teño á Terra sagrada na que tiven a dita de nacer, non me obriga a sentir ningún odio a España, á que, por dereito, pertezo.
Só combatín os seus erros, e ás veces as súas crueldades políticas para coa miña GALICIA IDOLATRADA. Nada máis".
Amigos e inimigos presentes quedaron atrapados pola emoción. A farsa do Tribunal militar non serviu de nada.
Bóveda disuadía ós seus amigos e familiares de calquer recurso.
Rogoulle ao xuíz Vila "que o enterrasen coa bandeira galega". O xuíz non o permitiu e só unha artimaña dun amigo fixo que lla introducisen baixo a chaqueta, cando xa estaba amortallado no cemiterio.
Ao raiar a alba o 17 de agosto levárono nunha camioneta da Garda de Asalto á Caeira. Dende a ponte da Barca ollou para a súa casa, nela durmían os meniñós e velaba a muller.
Ao pé dun groso piñeiro recibiu o tiro directo no corazón efectuado desde un piquete.
Castelao estaba a salvo na zona leal á República; soubo da morte de Alexandre. Anos despois evocouno:
"A miña saúde aínda quixo devotamente os moitos cemiterios de Galiza, onde durmen os derradeiros mártires da liberdade, en número incontable. A miña imaxinación viu unha fogueira en cada cemiterio, como outros tantos clamores de xustiza. Pero no de Pontevedra viu unha labarada que chegaba até o ceo.
Era o lume do espírito de Bóveda que non figura na Santa Compaña dos inmortaes, porque non perteñece á Historia senón á Tradición, en arume de lenda. Bóveda terá de ser nun mañá próximo ou lonxano a bandeira da nosa Redención.
Seguiron os consellos de guerra en Pontevedra logo da morte de Bóveda. Un dos actos desta calaña máis soados foron os fusilamento do 12 de novembro.
Dereitos fundamentais que recolle a nosa Constitución de 1978 como o dereito á vida, liberdade ideolóxica, dereito ó honor, o dereito a expresar libremente as ideas, ou a tutela xudicial efectiva de xuíces e tribunais e a imparcialidade dos xuíces non existiron naqueles tempos.
Particularmente, súmome á causa da familia de Bóveda, especialmente á dos seus fillos, para a revisión e a anulación do Consello de Guerra sumarísimo ó que someteron ó histórico dirixente do Partigo Galeguista, Alexandre Bóveda.

Non apoio ós mártires dun bando ou doutro, simplemente, para min significa facer xusticia histórica porque a vida e a liberdade están por enriba das cores políticas.
Xente como Bóveda, que morreu como os grandes homes da historia, como Sócrates por exemplo, sendo inocente e polo único motivo de que as súas ideas eran seducibles ilustracións para moitos galegos, fanme honrar a miña condición de galego, de demócrata e como un español que ansía unha historia xusta para o seu país.

Para todos eles debuxou Castelao a súa obra Galicia Mártir...
... porque querían enterrar cadáveres, pero enterraban semente.
9 comentarios:
Déixoche o link do ártigo semanal que publica Xesús López en diferentes medios e que non ten nada de desperdicio.
http://xesuslopez.blogspot.com/2008/08/lingua-ferida.html
Saúdos
Sencillamente precioso.
Eu tamén me sumo Jorge á causa da familia e que debería ser a causa de tódolos partidos políticos que andan soltos polas institucións.
Sería moi loubable que o PP dalgunha vez celebrase o día de Galiza Mártir.
Aquí márcase o que un dí coma ti e o que realmente fai o PP.
Deixa xa ese partido e vaites para Terra Galega.
Alí terías un cargo acorde ás túas capacidades e coñecementos.
Isto non é unha proposta, é un ofrecemento.
fermosas e sentidas verbas dun patriota galego, dun home que loito na medida do posible por dignificar esta terra, eu tamén súmome ao dito por Jorge, o xuizo a Alexandre Bóveda foi unha pantomima, unha mera tomadura de pelo para alguén que xa estaba condenado, deberia ser revisado e anulado ese consello de guerra, por dignidade coa súa persoa, a súa familia e polo memoria de moitos galegos e galegas que deron a súa vida pola república e por Galiza.
Por certo, tamén estou dacordo en solicitar do partido popular que por unha vez se sume aos actos de lembranza do pasamento do ilustre galeguista (para algúns) e do insigne patriota (para outros), honrar a súa memoria non deberia ser cousa de ideais, todos somos galegos, tamén eles homenaxearon a Castelao este ano, a ver se a savia nova do partido renega de vellos prexuizos e faise un pouco máis autonomista, no pensamento e na obra.
un saúdo
28 de Febreo de 2006: Acta del Congreo.
Diputado Padilla Carballada por el Grupo Parlamentario Popular en el Congreso
(...)El señor Bóveda y otros muchos ya fueron beneficiados por la Ley de Amnistía de 1976. Mo existe la sentencia, no existe el juicio, ha sido eliminado del ordenamiento jurídico. No existe su condena. Ese es el efecto de la amnistía y no cabe reiterarlo. En todo caso, lo pertinente sería una proposición de ley. Háganla y digan definitivamente lo que pretenden.
No la apoyaremos por respeto a la figura de Bóveda. Y muestro aquí nuestro respeto, nuestra consideración a su importante figura. Como lo definió su cuñado Xerardo Álvarez Bóveda fue...(el acta no recoge dichas palabras por ser pronunciadas en gallego). No lo dudamos. Lo creemos firmemente.
Digan la verdad. La Diputación de Ourense le nombró hijo predilecto de la provincia, a instancias del Grupo Popular que la gobierna y levantó en su recuerdo un monumento que hizo Manuel Buciños y la de Pontevedra gobernada por el Pp, también le hizo hijo predilecto y le dedicó una calle el ayuntamiento de Pontevedra. Sean sinceros ¿cómo no reconocemos a las personas que se lo merecen?
Señoras y señores diputados, yop quiesiera terminar diciendo que es muy importante en todos los casos recordar a los ciudadanos que merecen ese recuerdo. Y recordamos con respeto a este gran ciudadano, a este gallego admirable, a este partícipe de la elaboración del proyecto de Estauto de Autonomía de Galicia como director de la Caja de Ahorros de Pontevedra, fundador del Partido Galleguista, hombre ilustre entre los gallegos.
Entiendo que la Galicia soñada, señor Rodríguez, o la construimos entre todos juntos o no nos será posible. No estimo que sea su memoria la que redime Galicia, pero entiendo que fue un hombre importante en la memoria de Galicia. Le reitero en nombre de mi grupo que solo queremos la concordia para la paz. Queremos hacer posible la continuidad de esta convivencia. Puestos a recordar, lo tienen SS.SS. muy fácil, porque en un escaño del Grupo Popular hay un diputado por Palencia en estos momentos, hijo de un diputado de la CEDA que, sin juicio ni culpa alguna, fue ejecutado vilmente en la cuneta de una carretera. Está sentado ahí si quieren ustedes seguir teniendo mucha memoria. (...)
Votación. Emitidos 305; a favor 180; en contra seis; abstenciones 119. Queda aprobada (aplausos)
http://www.senado.es/legis8/publicaciones/pdf/congreso/ds/PL_155.PDF
A pantomina e pechar os ollos e leer tan so a medios autochamados progesistas, crear un estereotipo PP=dictadura/franquismo e non abrirse as posturas dos demáis.
Desculpa que che diga, sísar, qu o artigo de Xesús López, non hai por onde collelo, nin filoloxicamente (porque o seu galego cae en contradiccións lingüísticas constantes) nin dende o punto de vista da sociolingüística.
Hola Nel, miña intención tan so era k se leese, ofrece outro punto de vista do que está acontecer có debate lingüístico. Logo cada un xa é libre para obter as súas conclusións.
Un saúdo
Claro, Sísar, e como eu xa o lin digo que lingüísticamente non hai por onde collelo porque o autor, nese e noutros artigos, di non crer na normativa porque defende un galego máis popular que siga os ditados de "Curros e Rosalía" (sic). Nos propios artigos achega solucións inverosímiles para a norma culta dun idioma e para nada tomados do galego popular. É máis, non creo que Xesús López escriba o castelán tal e como se fala, que ao fin e ao cabo é o que defende para o galego. Aínda un pouco máis: os seus textos están inzados de erros gramaticais (dende sintácticos a morfolóxicos pasando pola invención de léxico) que non fai falla ser filólogo (nin de galego nin de calquera das filoloxías románicas) para corrixilos.
En segundo lugar, a caída do número de galegofalantes nas últimas décadas non ten nada que ver co traballo da Mesa e doutros colectivos, esteas ou non de acordo co que eles fan... nin que fosen tan importantes. As causas, tales como a perda da transmisión do idioma entre xeracións (que seguramente ti, Cubela e mais eu podemos certificar nas nosas familias), están ben identificadas pola Sociolingüística.
Para ter opinión de algo só fai falta ter boca e expresala. Agora ben, ter unha opinión documentada significa saber un pouquiño do tema e contrapoñer posturas diferentes para chegar a elaborar unha propia. E esta, aínda que queiramos obxectivala, vai ser peneirada polo noso propio prisma ideolóxico. En Xesús López hai moito disto último e nada de cientifismo á hora de falar da normativa nin da situación sociolingüística do galego.
Saúdos
Publicar un comentario