miércoles, 31 de diciembre de 2008
Manuel Jabois enche o Café Moderno durante a presentación da súa novela 'A estación violenta'
O xornalista presentou onte a obra no Café Moderno de Caixa Galicia, que quedou pequeno ante a gran cantidade de xente que se achegou ata alí para tal ocasión. Acompañado polo crítico e historiador de arte Ramón Rozas e a representante da editorial, Penélope Pedreira, asegurou que «é un libro alleo a min, escrito por outro que fun eu, cun ritmo do outro que xa non son eu».
O autor, sempre moi crítico consigo mesmo, dixo que ten unha relación de amor-odio con ‘A estación violenta’: «Hai cousas que están realmente moi ben, e tamén outras descaradamente mal. Pero non é unha mala primeira novela. Case diría que é unha boa primeira novela. Inmadura, excesiva e case fantástica: ideal».
A estación violenta’, escrita hai tres anos, cando o autor tiña 27, trata sobre a historia de tres amigos que se reencontran despois da rematar os seus estudos na universidade e que volven revivir vellos tempos. Dende hoxe mércores estará á venda na librería Michelena de Pontevedra e a partir do día 2 en todas as da cidade.
Manuel Jabois é un recoñecido periodista do Diario de Pontevedra, columnista, ademais de editor do seu propio Blogue Manuel Jabois, un referente neste espacio pontevedrés.
Fareime co libro en canto poida.
Noraboa e unha aperta Manuel.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Interesante de entrada, pola temática (a ver se me miro reflectido) e por apostar (o autor e a editorial mutuamente) por Morgante, un selo de Rinoceronte que se vai abrindo camiño con esta que creo que é a súa terceira entrega.
Haberá que lelo
Que bien por el autor.
Desde Madrid un saludo!
Publicar un comentario