martes, 4 de septiembre de 2007

Volta ao Medievo pontevedrés...


Pasaron xa máis de 500 anos dende que Pontevedra comezara o seu verdadeiro esplendor comercial. Ocorrera durante o reinado de Enrique IV, o pai de Isabel a Católica, na última etapa da Idade Media, cando lle concedeu á vila en 1.467 o privilexio dunha feira franca de 30 días, que tería lugar na praza da Ferrería, a máis importante da época.
Pontevedra ten ao largo da súa historia unha influencia moi notable no territorio peninsular.
Durante o reinado dos Reis Católicos o noso porto convertérase nun dos máis importantes de Galicia e de España, gracias en parte ao dinámico Gremio de Mareantes, que fora o encargado de construir a Santa María, unha das embarcacións coas que Colón emprendeu a súa viaxe cara as Indias.
Agora, 500 anos despois, Pontevedra volve a rendir unha homenaxe a aquel pasado...
A Feira Franca volve 500 anos despois para recordarmonos o que fomos no pasado e o que no corazón seguimos a ser no presente, un pobo precioso, humilde no sentimento e cheo de recursos, que en moitos casos seguen sen estar explotados.
Esta Feira xa non soamente serve para facer no presente o que os nosos devanceiros fixeron no pasado, senón que é unha festa que serve para atraer turistas, para facer bos negocios e unha gran festa "popular".
Por iso me pregunto por qué non todas as festas de Pontevedra contan igual, como as da Peregrina, que non gozaron nin dunha atención parecida por parte do goberno municipal, xa que, por exemplo, na Feira Franca permitiuse a colocación de barras e demais establecementos na rúa, que permitiron a moitas persoas vender productos, comida, etc, que serviu para explotar economicamente a nosa cidade, mentres que nas Peregrinas e en Peñas non se fixo así, ¿por que?, ¿por que non explotamos todo o calendario festivo do que dispón a nosa cidade para engrandecela?. A Feira Franca ten gran acollida pola abundancia de xente pero na que según os medios de comunicación tan só participa o 30% dos cidadáns de Pontevedra... Creo que cabe unha reflexión entre todos.
Este ano a Feira fíxose en honra ao Gremio de Mareantes, unha organización vencellada á nosa historia e que contribuiu a facer de Pontevedra unha vila próspera e importante, e que conta con máis de 500 anos de tradición e historia, ¡¡¡enoraboa!!!.
Pontevedra é unha cidade que naceu do comercio, da gandería e da pesca... hoxe en día tan só vive do comercio e dos funcionarios, espero que o futuro sexa máis esperanzador que o presente, xa que no pasado fomos unha das vilas máis importantes de Galicia, e creo que por historia e tradición merecemos volver a estar nos postos de saída como fai 500 anos, de nós, os pontevedreses, depende esta tarefa para devolverlle a Pontevedra o lugar que lle corresponde nos libros de historia... Saúdos amigos.

2 comentarios:

mjdiaz dijo...

Parabens polos teus acertados comentarios e artigos.
O teu coñecemento da Historia non se ve reflectida nos nos@s, por desgraza, actuais gobernantes, xa que fora de pregoar no exemplo da igualdade, cada ano sorprendenme máis o "guerrelores nº13" e demais comparsa, clónicos dos avasalladores feudais que non, do pobo asovallado e escravizado.
Pero a quen, minimamente preparado, pode sorprender esta conduta propria de quen toma por heroes os irmandiños, señores CACIQUES que asovallaban os nosos ancestros, procurando só desbancar un rei para ocupa-lo seu trono, valendose da boa fe das xentes humildes e honradas, con falsas promesas de cambio ( non vos soa de algo todo isto ), e sometendoos a maiores impostos e inxustizas ( cada vez soame máis, rapaces ), levando as suas intrigas e pactos inverosimieis ( isto xa me cheira demasié ).
Ó fin remato agardando non ter sido latoso nin enredante, e que non baixe o ritmo.

Anónimo dijo...

¿Cuándo será el día de que se pronuncia de una vez el reinado de los suevos?¿el paso de celtas, incluso templarios por Pontevedra' y nos dejemos de los 500 años de los cristianoides que unieron y nombraron esto, "España"? u.u Eso no son nuestros antepasados... Nuestros antepasados son antes de la invasión cristiana :-P

Pero bueno, criticando esa feria a mí no me gusta porque a ver se supone que es de X época ¿qué hacen algunoss/as vestidos de la época de las pelucas blancas (como le llamo yo) y a la vez de robyn hood? jaja. Una recreación histórica se supone que tiene que ser histórica al cien por cien. Y no tanta mezcla...

Aprendamos de Tarragona o las de Castilla u.u

Por cierto, esos de las pruebas de batalla etc en la plaza de toros no saben manejar la espada y es lamentable :-P

Lo siento soy criticona siempre.

Mira esta Web, esto sí que son recreaciones históricas, sobre todo mira en "El clan del cuervo" y mira en Enlaces, te quedas así : *_*

http://www.complvtvm.com

http://www.complvtvm.com/clancuervo/enlaces.html

Y la de Catoira es malísima y hermanos/as europeos y de otras zonas de Iberia piensan lo mísmo y se van con un mal sabor de boca. Allí todo es de los/as vecinos/as, los/as cuales muchos/as no saben nada de la historia vikinga, allí solo se va de fiesta y para beber como la de la feria franca. Que deshonra.