lunes, 14 de abril de 2008

A Cabanillas




O galeguismo é unha aptitude e un valor que non pode ser patrimonializado por ningún partido político ou sucursais ideolóxicas.

O galeguismo representa a tódolos galegos por igual. O galeguismo é a imaxen da defensa de Galicia de maneira integradora, sen ter que buscar a exclusión hacia nada. A cultura é un elemento de unión, afianza os principios da palabra e da liberdade. O galeguismo representa iso mesmo.
Quen queira facer do galeguismo un argumento de confrontación e división non representa os valores do galeguismo histórico nin representa á maioría dos galegos.

Onte conmemorouse en Padrón, vila de Rosalía de Castro, precursora do Rexurdimento cultural e literario, a coronación poética de Ramón Cabanillas, acto simbólico co que se pretendía homenaxear ós símbolos da galeguidade.

O que fora un férreo defensor da causa agrarista xunto con Basilio Álvarez, ourensán de ben, e un servidor á causa galeguista e autonomista, Ramón Cabanillas, poderá ter a posibilidade de dispoñer "dun sartego digno en Bonaval, un sartego de pedra do Salnés, rústico, franciscano e sinxelo", palabras ditas onte coas que se quere animar a unha colecta xeral para que cando se produza o 50 aniversario do seu falecemento, no 2009, as cinzas de Ramón Cabanillas descansen como o merece un dos máis grandes devanceiros da nosa terra e máis importantes para a pervivencia do galeguimo histórico.

A Cabanillas.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

cabanillas era nacionalista. Defendía a existencia na nosa nación. Rexeitaba e denunciaba os ataques que do Reino de España viñan.
Un saudo.
Viva Galiza Ceive!

Anónimo dijo...

este texto é unha apoloxia do lusismo? jajaj

os do pp manexades os temos con tanta superficialidade, tan para quedar ben, que a vosa ignorancia aboia por cada frase que ceibades, textos que valen pra calquera cousa...

lede ben os pensadores do galeguismo e despois pensade se podedes axeitalos as vosas ópticas políticas.

tevye dijo...

A ver, Jorge, cando Cabanillas falaba da "Terra asoballada" a que cres que se refería?

É certo que como dis o galeguismo "non pode ser patrimonializado por ningún partido político ou sucursais ideolóxicas", pero tamén é certo que un partido que non é unha sucursal dun partido estatal.

Por outra banda, falando de patrimonializar, quen se enche decote a boca con verbas como galeguismo ou galeguista e o PP, no outras formacións.

E, outra cousa, supoño que por galeguismo histórico refíreste ao de Risco, que se preguntaría "que teñen que ver os galegos cos comedores de gazpacho do sur"; ou Castelao, que apostaría pola constitución dun estado, aínda que federado en Hespaña, independente do resto de estados ibéricos; ou as Irmandades da Fala, que desembocarían na Irmandade Nazonalista Galega en 1918 en Mondoñedo ou na ORGA, republicana e federal; ou a Alexandre Bóveda, un dos redactores do estatuto do 36 que lle daba a Galiza un estatus de nación (supoño que te preguntarías por qué Galiza é considerada unha nacionalidade histórica e León, por exemplo, non); o do Partido Galeguista, que defendía a idea dunha república federal, como vía para a constitución estatal para Galiza (de aí que se unise á Fronte Popular, xa que os gobernos conservadores da CEDA afogaban todo intento de que Galiza acadase o xa acadado por Cataluña); ou o de Dereita Galeguista, que nalgún mitin no 36 abogou pola independencia plena e, se cabe, a reunión con Portugal. O propio Murguía (traendo ao prelo a Rosalía), xa no XIX, aínda que falaba en termos de rexión dáballe a esa rexión galega un estatus de nación, e defendía unha idea federal do Estado.

Non, o galeguismo non pode ser patrimonializado por ninguén. Pero o certo é que ningún partido que non sexa galego pode identificarse co galeguismo histórico. De feito, o galeguismo histórico (véxase o caso da "Teoría do Nacionalismo Galego" risquiana, ou en "Nazonalismo galego" de Vilar Ponte) sempre defendeu a idea de que os partidos políticos que operasen en Galiza fosen partidos galegos, non sucursais de partidos, empregando as súas palabras, madrileños (no caso actual con sedes en Génova e Ferraz).

En fin, tal vez me alonguei un pouquiño, pero o certo é que iso de presentar ao PP (por moito deG que teña) ou ao PSOE como galeguistas paréceme certamente atrevido.

Saúdos.

Jorge Cubela dijo...

Antes de nada, pido desculpas pola tardanza en responder,que non soe ser habitual, pero cheiro o ordenador agora no día de hoxe.

Eu o único que pretendo e pretenderei sempre é defender os valores políticos que me inspiran, por sentimento, por identidade, familia e tradición.

Cando falo neste Blog o fago dende a independencia doctrinaria, é un Blog persoal exclusivamente. Evidentemente teño a miña orientación política, pero non acostumo a falar dende ela, senón dende Jorge Cubela.

O PP e o PSOE poden dicir o que queiran e podereie estar a favor ou en contra, pero cando falo de principios políticos persoais falo dende o meu interior.

Eu xa expresei a miña concepción sobre o galeguismo, que non está pechada a nada nin a ningunh crítica, pero home, sexamos cautos, cal é o problema, que faga tal defensa? espero humildemente que non.

Todo pensamento político adáptase ás circunstancias temporais no que se viva.

A Castelao e Cabanillas tocoulles vivir nunha época ben distinta a esta, e na que Galicia aínda dispoñía, por exemplo, dun sistema foral inxusto e prehistórico, de ahí as moitas reivindicacións agraristas de Cabanillas, coas que me identifico plenamente.

O galego vivía unha situación de desterro na vida da administración ben clara e, por iso, defendéronse no que por aquel entón oprimían o recoñecemento cultural e lingüístico de Galicia, co que me identifico.

Despois da última experiencia alfonsina e primoriveirista, que propugnaban a centralización administrativa, a ningún bo fillo de autonomistas lles ía a convencer a experiencia monárquica, polo que evidentemente o lóxico era defenser a República.

Eu tamén podo parafrasear a Castelao, pero dende a súa vertiente integradora:

"Son hespanhol porque son galego, se non fose galego non sería nada..."

Penso que o bo da defensa de Galicia é que caben todas as maneiras e opinións de entender a nosa terra e o galeguismo, porque igual de plural que é España o é Galicia.

Unha aperta

Tomeza dijo...

Eu sí que non me sinto representado por ningún partido actual, voto ao BNG pero para botar ao pp e aos socialistas. Nas municipais igual me asteño, pero para o goberno do país o teño ben claro. É bo que che guste Cabanillas, semella un pouco de lectura na lingua propia.

Un saúdo Jorgito