Unha auténtica tomadura de pelo aos cidadáns de Pontevedra.
Pontevedra debe ser das poucas 7 grandes de Galicia que aínda anda mareando a aprobación dos Presupostos Municipais para este curso ´08.
Tanto o BNG como o PSOE bótanse as culpas de maneira recíproca.
O BNG dí que os socialistas siguen dándolle voltas ao asunto, o Psoe dí que os seus socios nacionalistas non teñen présa para aprobar o documento dos presupostos.
A isto eu lle chamo só unha cousa, o exemplo do que é un pacto BNG-POSE en Pontevedra, inmovilismo.
Inmovilismo para poñerse as pilas e loitar por unha cidade que está perdendo cada día moito peso en Galicia e en España.
Despois de 8 anos no goberno municipal, a coalición segue sen comprender a importancia de ter aprobados os Presupostos en tempo e en forma.
A consecuencia é que pasados xa tres meses de ano, o concello segue a rexirse polos presupostos de ´07, sen facer ningún tipo de actuación para a mellora dos accesos á cidade, nin para propoñer medidas para paliar o tráfico no centro, ou sen crear industria e traballo. Polo que uns presupostos feitos á medida, innovadores e pensados na xente sentarían como auga fresca aos pontevedreses.
Seguimos igual que sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario