miércoles, 16 de abril de 2008

Por que non votas AiD?



Xa está¡ a asociación AiD, alumnos independentes de Dereito, xa ten Blog.

http://www.aid-usc.blogspot.com/

Esta asociación, da cal son membro e candidato ao Claustro da Universidade, a través deste Blog pretende expoñer as súas ideas e defender o programa co que concorre a estas eleccións.

AiD xurdiu pola ilusión e iniciativa dun grupo de estudantes de Dereito coa intención de potenciar e rexurdir un asociacionismo máis dinámico e cercano a tódolos estudantes da facultade.

AiD é unha asociación con verdadeira independencia, sen corseis mentais ou clichés predeterminados, e menos aínda recibe ordes de ningún órgano superior ou cor ideolóxica... porque somos independentes, porque cremos na liberdade e pensamos que a democracia é o valor máis importante para todos nós.

É trascendente a importancia destas eleccións, porque os alumnos teñen que ser representados por igual, sen diferencias e apostando polos verdadeiros intereses que importan ao alumnado da Facultade de Dereito.

Graciñas¡

1 comentario:

Carla Capeáns dijo...

Oliñas Jorge!!!

Pois iso...que o xoves 24 exercerase o dereito ao voto.

Sorte*

BiquiñosSssSs
e ata mañá! :)