jueves, 17 de abril de 2008

CAF, 25 anos facendo trampas


Hai sempre quen cre que o tempo, en abstracto, da a razón.

Hai tamén quen cre que a razón tena el só porque lle ven conferida pola experiencia doutros.

Hai quen se ergue unha mañá e pensa ser paladín defensor das causas perdidas.

Hai quen acusa, e debera ficar calado. E o máis grave, envelena o criterio dos máis.

Isto pasou e pasa nesta facultade de Dereito (Santiago) de cotío, cos CAF. Nun panfleto hipócrita sosteñen que os seus fracasos, e acaso tamén os de todo o alumnado de dereito, son culpa dun dos nosos compañeiros... ¡que gran falacia!

O que si nos gustaría dicir é que a representación do alumnado exércese mediante unha postura activa; isto é: asistindo ás Xuntas de Facultade e ás Comisións nas que as diversas candidaturas están representadas. Pois ben: NA XUNTA DE FACULTADE NA QUE SE PERDEU A VOLTA ÁS CLASES DUNHA HORA POR ¡¡¡UN VOTO!!! SÓ FORON 15 MEMBROS DOS CAF. 15 DE 21. ¿A quen pretenden enganar con eses argumentos tan pobres?

A súa única proposta nesta campaña electoral foi intentar desacreditarnos, pero as súas accións desacreditan ós CAF por si soas.

Porque ó mellor terían que pensar en cambiar o seu lema por: CAF, 25 ANOS FACENDO TRAMPAS.

¿Vaslles dar ti a razón?

http://www.aid-usc.blogspot.com/

No hay comentarios: