martes, 15 de abril de 2008

Comentarios no anterior artigo, A Cabanillas

Penso que recibín unhas palabras moi "constructivas" sobre o anterior artigo, A Cabanillas.
Quero facer pública a miña contestación, a cal espero que estea ben entendida e argumentada e, o máis importante, que non poida ofender a ninguén.
Eu o único que pretendo e pretenderei sempre é defender os valores políticos que me inspiran por sentimento, por identidade, familia e tradición.
Cando falo neste Blog o fago dende a independencia doctrinaria, é un Blog persoal exclusivamente, dende eu, Jorge Cubela.

Eu xa expresei a miña concepción sobre o galeguismo, aberta a toda crítica.
Todo pensamento político adáptase ás circunstancias temporais no que se viva.

A Castelao e Cabanillas tocoulles vivir nunha época ben distinta a esta
, e na que Galicia aínda dispoñía, por exemplo, dun sistema foral inxusto e prehistórico, abolido en 1926, de ahí as moitas reivindicacións agraristas de Cabanillas, coas que me identifico plenamente, por ter sentido común e defender ao pobo, sufridor de tantas inxustizas.

O galego como idioma vivía unha situación de desterro na vida da administración ben clara e, por iso, os seus defensores "loitaron", por exemplo, a través das Irmandades da Fala defendendo principios actuais como a cooficialidade ao mesmo nivel do galego co castelán; a autonomía política; un estatuto de autonomía; o recoñecemento cultural e lingüístico de Galicia... reclamas coas que me identifico.

Despois da última experiencia alfonsina e primoriveirista, que propugnaban a centralización administrativa, a ningún bo fillo de autonomistas lles ía a convencer a antiga experiencia , polo que evidentemente o lóxico era defender a República nese momento, porque era o sistema que máis garantías democráticas ofrecía e, aínda que na práctica non fose totalmente así debido á situación de crispación e división, mellor interesaban para a autonomía galega, pero tamén hai que ter en conta que a República só recoñecía o dereito á autonomía de Cataluña, País Vasco e Galicia, do resto non...

Fálase de Risco... sí ben, pero Risco, ao que admiro na súa etapa galeguista (como deixou escrito Castelao "cando Risco era alguén...), silenciou ou abdicara dos seus principios galeguistas coa chegada de Franco e mantivo colaboracións co seu réximen (soño sempre que fora por temor a represalias), mais outras persoalidades tan ilustres coma el como Fernández Albor, Ramón Piñeiro... insignies militantes igualmente do Partido Galeguista, coa chegada da democracia non militaron precisamente en partidos nacionalistas, pero seguiron conservando toda a súa vida o espírito galeguista. "Un avó" como Eduardo Rajoy foi o principal impulsor e promotor do Estatuto da autonomía galega, apoiado polo PG, polo que a adscripción ao galeguismo sí que demostra que é variada e pode ser lateral ao nacionalismo daquel entón e de agora.

Eu tamén podo parafrasear a Castelao, pero dende unha vertiente integradora:

"Son hespanhol porque son galego, se non fose galego non sería nada..."

En conclusión, naqueles anos defendíase a Galicia dende diferentes puntos ideolóxicos, pero porque era de sentido común e xusto facelo. Aquelas defensas ben as poderían adscribir tanto o PP como Psoe como BNG.

Penso que o bo da defensa de Galicia
é que caben todas as maneiras e opinións de entender a nosa terra e o galeguismo, porque igual de plural que é España o é Galicia.
Disculpas pola extensión... Agora a opinar e se ven ao caso, contrapoñer opinións, o máis sano da democracia...

10 comentarios:

Sísar dijo...

Ya empezaba a echar de menos artículos tuyos de semejante ilustración para los que te leemos. Es bueno abrir el debate en todas las vertientes y no le temes a ninguno de sus posibles escenarios ideológicos.

El individuo como centro del debate, entorno al que giran las propuestas.

Enhorabuena por la calidad del artículo. Con cinco años más no quiero pensar que estarás escribiendo ;-)

Un abrazo

Anónimo dijo...

Vaya, en historia se presenta una asociación independiente, el AGIr y el CAF los van a..... en fin...

Os paso el Link:
http://www.usc.es/estaticos/eleccions2008/Candidaturas/candidatestdefclaustro08.pdf

http://2008historia.blogspot.com/

Tomeza dijo...

O galeguismo do PP e do pose é moi insuso. Só o BNG afronta con convicción os postulados dos que ti falas... é máis, podería decirse que o nacionalismo galego ou como ti lle chamas galeguismo histórico só o representa o bloque nacionalista galego.
O contrario sería dicir falsedade

Anónimo dijo...

sIN duda alguna, no hay argumentos para criticar que alguien tenga una idea de Galicia como la de Jorge, aver quien va a negar la realidad galleguista de personalidades no nacionalistas después de lo dicho aquí, jejejej.

Galicia española!!!

tevye dijo...

Risco nunca renunciou ao nacionalismo, é máis, nunca renunciou ao republicanismo, se ben para el a II República fracasou. O que fixo foi, sinxelamente, adaptarse, mostrar unha fachada que contase co visto e prace do réxime pero manter a súa auténtica ideoloxía no seu dun exilio interior. Véxase o caso, ao mesmo tempo que lle era encargada a redacción do descurso de benvida a Franco a Ourense, na súa casa en Castro Caldelas estaba a agochar a comunistas e anarquistas. E os, nos 50 e 60 mozos, do Royalty ou os do Voltaire (segundo algúns o Volter de toda a vida) de Ourense, poderanche confirmar que, efectivamente, Risco mantiña unha pose nacionalista e federalista, aínda a comezos dos 60 pouco antes de falecer. E a única colaboración que se lle pode acuñar é a de ser profesor de Historia na normal de Ourense, nada máis (recoméndoche unha visita á sede da súa fundación en Allariz, na que foi a casa da muller)

Sobre Ramón Piñeiro, se ben non militou nun partido que levase a verba "nacionalista" no nome, o certo é que si se mantivo nunha liña nacionalista. As orixes do actual PSdeG hai que velas no PSG, (do que foi fundador nos 60 Beiras) que si tiña unha forte carga nacionalista. Pero ben, o caso é que Piñeiro si mantén unha liña nacionalista, e mais unha liña de galeguizar aos partidos que nacían nese momento en Galiza.

E os avós non valen para extrapolar a ideoloxía dos descendentes; o avó Aznar foi un dos sucesores de Primo de Rivera no cargo de dictador. E Rajoy, a verdade, o de hoxe de galeguista ten máis ben pouco.

Sobre a cita que pos de Castelao, ben, dicir que Castelao, e outra xente do PG e da Xeración Nós dicían que "Hespaña morreu cando naceu España". É dicir, a cita non é tan integradora con España como pode parecer. Esta xente defendeu a integración de todos os territorios da península dentro dun mesmo estado federal, e por moito que a situación de entón fose distinta a de hoxe, as condicións para o xermolo desa postura son as mesmas, Galiza é un territorio cunha entidade propia e todo o dereito a ser un estado federado nunha realidade que é Hespaña, ou dito doutro xeito, a Península Ibérica. Agora non hai foros nin señoritos (ben, destes aínda quedan algúns), pero a identidade galega segue a existir, o problema e que sempre se quere identificar nacionalismo con independentismo, e iso non é así, o que realmente é identificable é galeguismo con nacionalismo, posto que a existencia dunha identidade propia, dun sentir propio e diferencial supon, de facto, a existencia dunha nación, que pode perfectamente estar integrada nun Estado maior (feito que defende a maioría do nacionalismo galego actual).

Obviamente, cada quen pode entender á terra e ao galeguismo como mellor lle apeteza, pero os feitos son os feitos.

E para o último anónimo, aquí ninguén está a criticar a idea que Jorge ten de Galiza, nin se lle está a negar a ninguén o galeguismo, pero é pouco probable que un partido que depende duns intereses que veñen dictados de Madrid poida actuar realmente dende unha posición galeguista. Sinceramente, o estatuto do 36 hoxe nin o PPdeG nin o PSdeG o votarían, simplemente porque dependen de Génova e Ferraz, non de Galiza.

E sobre o de "Galicia española", perfectamente, pero a pregunta é "que é España?"

Saúdos.

tevye dijo...

Ai, si, outra cousiña... a verdade é que teño que dicir que me soa moi raro iso de ter "valores" por "tradición"... semella que chos meteron na cabeza, vaia, que non son os que ti terías de ter nado noutra familia.

É que non me gustan as ideoloxías por tradición, parécenme baleiras de contido.

Por suposto, estou ben seguro de que no teu caso non é así, cando menos semellas convencido dos teus ideais, o cal é louvable.

tevye dijo...

Por certo, supoño que xa viches o que che respostei arredor da (re)conquista.

Rules Of AtractioN dijo...

Jorge tremendo artículo, sencillamente genial, como dice el primer comentario, si escribes esto con sólo 19 años, que harás dentro de 5?

Hce falta gente como tú en esta sociedad, ánimo y adelante.

I have a Dream

Anónimo dijo...

dentro de 5 a la cope

ARIAS dijo...

Resulta que estamos sempre a falar dunha dicotomía inxustificada e rancia.

Hoxe, que o moderno é ser Europeo...¿Onde imos dar con tanta España e tanto Galego?

Creo que xa algunha vez teño falado do ser galego. E non creo que sexa soamente unha relación de dereito público ou de vecindade civil. Ser galego é algo máis ca iso.

Cabanillas, Castelao, Risco... Basilio Álvarez, Antón e Ramón Vilar Ponte (Compatriotos, como se di agora) e temos unha tira de nomes que se levantaron con forza (...irmáns rubamos ó cume/ e botemos man do lume/ onde non chegue o fouciño...) pola defensa dun ideal. E uns calaron, outros tiveron que marchar, outros morreron, pero todos traballaron.

Permitídeme pensar que falamos de literatura. O resto creo que son políticas barateiras.

O traballo da Xeración Nós, e os seus predecesores das Irmandades da Fala creo que se pode facer revivir tan só pensando un pouco en localista, en crerse por un minuto o embigo do mundo, e utilizar o medio propio para espallar a cultura galega. A Universidade é un bo lugar.

Sen embargo hai que crer que o galego, sendo tan válido coma calquera outra lingua, ten que ir fóra de Galicia. Hai, por exemplo, que vetar as tendencias a considerar a Universidade Galega como unha soberana, grande, independente... e illada, como moitos pretenden. Sei do que falo, e pode ser que algún día o aclare.

En fin. Creo que estamos a falar de literatura, e eu quédome cun home da Vila Episcopal, de Mondoñedo. Cunqueiro... "A selva de Esmelle, na memoria, lévoa de azul pintada..."

Deixémonos de politicadas que non levan a nada.