jueves, 10 de abril de 2008
Consolidación blogueira dunha compañeira
Dereito dá bastante máis xogo político do que agardaba.
Fun caer nunha clase moi proclive á afiliación política, tanto no PP como no Psoe ou no BNG, nas súas mocedades, sexa Novas Xeracións, Xuventudes socialistas e Galiza Nova, entre os cales levámonos moi ben.
Unha delas é a miña compañeira de clase, Adriana Viz, Sec. Xeral de XSG de Lalín, elixida con tan só 14 anos.
Edita o Blog http://www.adrianaviz.blogspot.com/, o cal vos recomendo para comparar puntos de vista entre os mozos de diferentes posicións políticas e ideolóxicas, aínda que unha cousa leva á outra.
É un feito moi bo que un concello do interior de Galicia, como o é Lalín, teña xóvenes activos que se preocupan polos problemas dos xóvenes e do seu pobo, como Adriana e o meu compañeiro Marcos Torres.
Sempre mostrei e mostrarei respeto e admiración polos xóvenes, aínda que non sexan do meu carro político, que se atreven a achegarse á sede dun partido para afiliarse e loitar polas súas ideas e principios dentro do respeto aos valores democráticos e constitucionais.
Devólvolle o gran detalle que tivo conmigo no seu Blog.
Un saúdo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Moitas grazas Jorge, vémonos mañá, xD!
Publicar un comentario