sábado, 17 de mayo de 2008

Día das nosas letras



Onte estiven en Cambados no concerto polo vixésimo aniversario da orquestra Panorama, que contou como invitados con Rosario Flores, King Africa, Manquiña, A Roda, Las Kanarias, Carlos Baute, Os Tonechos... coa praza de Fefináns a rebosar, na que houbo mencións especiais para o día no que acababamos de entrar, 17 de maio.

Hoxe é o día das Letras Galegas.
Os galeg@s conmemoramos no 17 de maio a publicación da obra Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

O primeiro ano que celebrouse tan alta conmemoración para as letras e a lingua do noso pobo foi en 1963, no centenario desta publicación.

Este ano, o galego que tivo a honra de se lle adicar as Letras Galegas é o escritor vigués Xosé Mª Alvárez Blazquez, que nos tocara estudiar o ano pasado en literatura galega.

Pertence a xeración de escritores de 1936.
Escribiu tanto en galego como en castelán.
Formou parte das mocedades galeguistas, cunha reivindicación moi activa.
Foi fillo de Álvarez Limeses, un dos galeguistas fusilados despois de Bóveda.

Feliz día a todos.
Xa estamos preparados para o seguinte 17 de maio como ben manda a nosa cultura e a tradición.

1 comentario:

Miguel A. Pazos Fernández dijo...

Tes un premio no meu blog.

Un saudo