sábado, 10 de mayo de 2008

Silleda crece



Onte foi elexida Presidenta de Novas Xeracións de Silleda por unanimidade, Belén Seco, e como Sec. Xeral o compañeiro Asorey.
O acto tivo lugar na Casa da Cultura de Silleda ante un público entregado e abarrotado, sorprendendo a todos os que fomos de fóra do Concello da comarca do Deza.

Respaldando a este novo equipo encontrábanse Alberto Núñez Feijoo, Presidente Rexional; Pepe Crespo, Alcalde de Lalín; Alejandro Gómez Alonso, ex-Presidente Rexional de NNXX e deputado autonómico; Roucho, Presidente local de Silleda; e moitos concelleiros dos arredores.

Como bo coñecedor do Deza, alegroume moito ver xuntos a 100 xóvenes na constitución desta formación, que despois de ver a súa entrega e compromiso, estou seguro de que farán as cousas pensando no ben do seu pobo e do seu concello.

Ramón de Valenzuela Otero, un dos galeguistas máis históricos, silledense comprometido coa súa terra e comarca, é o máximo expoñente do galeguismo nestes lindes.

O que fora membro de mocedades galeguistas, prisioneiro do réxime franquista, loitador contra os nazis en Francia e exiliado na "quinta provincia galega, Bos Aires", estaría moi orgulloso de saberes que moz@s do seu pobo, polo que tanto loitou, están dispostos a seguir o seu legado e contribuir a mellorar a vida dos xóvenes da terra dezá.

Noraboa a Belén e a todo o seu equipo, á organización do congreso e noraboa a Silleda.

1 comentario:

Miguel A. Pazos Fernández dijo...

Esperemos que tome una buena línea. Te he dejado un meme en mi blog para que lo hagas.

Un saludo