viernes, 9 de mayo de 2008

Mentres o Bipartito se pelexa, os galegos defenden a Galicia


Os membros da Xunta de Galicia, persoas que nos deberían representar con seriedade, prefiren adicar o seu tempo e esforzo en pelexar entre eles mentres Galicia se manifesta.

O sector da Pesca coa auga ao pescozo polo incremento de prezos maniféstase en Santiago.

Os gandeiros galegos toman Madrid para reclamar prezos dignos.

Centos de persoas maniféstanse en Santiago para reinvindicar un tren rexional de proximidade e de calidade.

A ministra galega Espinosa segue desaparecida mentres os gandeiros maniféstanse na defensa do seu futuro.

Galicia acaba de perder 3 anos e medio para o futuro do seu autogoberno.
De 70 competencias prometidas, só foron concedidas para Galicia 5 traspasos menores
.

Isto é o reflexo do nulo peso político do Goberno galego e á división entre os dous gobernos existentes na Xunta de Galicia, que materializan todo o seu tempo en loitas internas, e non en adicar tempo ós problemas da sociedade galega e en traballar.

Máis motivos para seguir crendo neste goberno?

9 comentarios:

Miguel Pazos dijo...

Motivos? Ninguno. Pero, tú crees que Feijóo conseguirá mayorí absoluta?

Un saludo

tevye dijo...

Unha pregunta, que pode facer a Xunta perante a "crise" dos prezos? Pregúntovolo aos liberais porque, segundo teño entendido, sodes os defensores da liberdade, e eses prezos veñen, en grande medida, da liberdade de mercado.
Segundo elEconomista.es os gandeiros "quieren denunciar el gran diferencial de márgenes comerciales entre lo percibido por el agricultor y lo pagado por el consumidor". Moi ben, que poden facer a Xunta ou o goberno central respecto a iso sen vulnerar un principio do liberalismo como é a liberdade de mercado?
Por outra banda, esquecíaseme que o PP xa non é liberal. Como Rajoy dixo, "si alguien se quiere ir al partido LIBERAL o al conservador, que se vaya", co que xa non importará tal liberdade de mercado.

Pódense facer as infraestructuras que a Galiza lle compren en 3 anos e medio? Ese argumento non é moi real. Ademais, resulta curioso que agora nos lembremos de interconectar aos galegos, logo de 3 anos e medio falando da vital importancia do AVE, que nos conectará con todo menos co resto de galegos.

E sobre as competencias, non era o Rajoy o que levaba no seu programa marco a proposta de restrinxir as competencias en mans das CCAA? É dicir, se gobernase o PP, non veriamos minguar o miúdo número de competencias que hoxe ten o goberno galego?

"materializan todo o seu tempo en loitas internas, e non en adicar tempo ós problemas da sociedade galega e en traballar"

Esa é unha afirmación moi demagóxica e simplista. Cales son os problemas? Cales son as solucións? Cales son as loitas internas? Ou chámaslle loitas internas ás lóxicas diferencias que poden xurdir entre os dous partidos que hoxe gobernan? E que se non tivesen certas diferencias entre eles, non se explicaría que fosen dous partidos distintos.

Motivos para crer neste goberno? Galiza foi a CCAA onde máis caeu o paro en 2007, e unha das só 5 CCAA onde o paro baixou o pasado Abril; temos un goberno que realmente se preocupa por facer efectiva unha lei que leva en vixencia dende o ano 83 como é a Lei de Normalización Lingüística; temos un goberno no que, por fin, se estructuran políticas efectivas para a mocidade (e se queredes exemplos dádevos unha volta por xuventude.net); temos un goberno que, cando menos, se mostra combativo ante as cafradas urbanísticas que se adoitan ver por toda a nosa xeografía; por fin hai un plan de acceso á vivenda como é debido (incluíndo o Rexistro Público Único de Demandantes de Vivendas de Protección Pública, co que se acaba, ou cando menos se intenta acabar, coas fraudes); temos un goberno que loita por poñer en valor a nosa terra, con políticas como o Banco de Terras (que algúns gustan de chamar "intervencionismo") no canto de subvencionar o feche de explotacións como se adoitaba facer con don Manuel; parece que por fin vai quitar ENCE da ría; temos un goberno que potencia campañas como a de "mancomun.org", fomentando o software libre en lingua galega ou "byGalicia" para facilitarlle as nosas empresas a saída aos mercados internacionais; por fin se pode ser autónomo e non morrer no intento; temos un goberno que promociona a nosa cultura con programas como os "Circuitos 4x4" ou "Espazos sonoros", ou poñéndonso toda a información cultural que nos poida interesar en "culturavai.info", ou coa axencia AGADIC; e podería seguir todo o día.

Queda moito por facer? Por suposto, aínda queda todo por facer. Un goberno ten que ver nacer cada día coma se non tivese feito aínda nada.

Terá Feijóo maioría absoluta? Primeiro hai que ver se se presenta el, porque aínda vos van mandar o Rajoy para acó como xa fixeran co Fraga no seu momento. Pero, presente quen se presente, as maiorías absolutas remataron. É a democracia.

Arias dijo...

Carafio para o amigo Tevye. E gústame tal paixón posta na defensa da idea.

Se o intento de Mr. Cubela era lanzar a pregunta, creo que a resposta, para calquera Viveirés, é dicir que non hai motivos para crer neste goberno, nin en ningún outro, per saecula etc.

¿Por que digo isto? Porque a pesares de que xa levan 3 anos no goberno, a maioría das infraestructuras (o de infra debe ser porque están moi por debaixo do que deberían ser) da Mariña de Lugo é penosa, e da época de Don Manuel. As do rural lugués andanlle cerca. E aquí como cada un varre para a súa casa ¿qué demo de confianza hei ter eu?

Por outra banda unha promesa que fixo o Sr. Fraga, candidato ó Senado polo BNG na Provincia de Lugo nas pasadas eleccións, foi o de cambia-la situación dos transportes públicos. Ben. Agora que iso depende directamente da Xunta de Galicia, e dunha consellería que dirixe o BNG ¿Por que diaños non se cambian os itinerarios dos buses entre a Mariña e o resto de Galicia, que aínda van por camiños de carro, coma quen di? O que pasa é que o sistema é o sistema, e non hai quen o dea cambiado é, foi e será sempre igual. E ata unha triste ruta de bus que dura tres horas non poden cambiar. ¿Por que non queren, porque non saben, por que perderon as habilidades?

A Cultura... ai a Cultura... aquí tamén, entre o alternativo e o formal, temos loita de toma e daca que espanta. A cultura, en si, é diversa. Os medios de expresión artística son moi variados. E felicito o que fan, que non dista moito do que se facía co Goberno do PP. Con isto, aínda quixera eu que visedes como andamos diso en Viveiro. ¿E é cousa da Xunta? En gran parte si.

O da famosa desaceleración económica... o intervencionismo do Estado debera medrar no seu debido momento, pero isto como é ciclico... qué se lle vai a facer. O que pasa é que este ciclo económico apurouse moito, o normal sería que en 25 anos dende o 93 (máis a menos) tivese lugar unha recesión. Iso sí, esta vai ser gorda, porque coincide, tamén, cun ciclo longo, de 50 anos, tamén descendente. Pero o que aínda me segue a chocar é que se adiantan... ¿E o goberno que ten que facer? Pois como din os italianos: "Piove, porco governo..." E para algo os poñen aí, aparte de engordar. Agora, sendo serios, claro que a Xunta ten que facer. O primeiro, incentivar a economía galega, con plans laborais enmarcados en accións de política laboral comunitaria e estatal, que iso poden facelo: dotar de subvencións a empresas de participación pública para integrar no mercado de traballo a xoves e mulleres. 2º,aproveitar a dinámica do BANTEGAL e fomentar o cooperativismo ou outras formas de explotación e integración empresarial e económica no rural; 3º Novas tecnoloxías,que parece que lles teñen medo, pero non coñecelas: fabricalas e explotalas, subvencionar empresas adicadas a eses sistemas.

Son reformas a tomar en pouco tempo. Pero a crise actual, para escaparlle, está crudo. Pola falta de enerxía e de liquidez bancaria e empresarial. Hai débeda a gran escala no sistema financeiro privado; non hai investimentos seguros e así a crise, por medo, está asegurada. O conto é que os gobernos teñen que espabila-la troita, e non facer, como fixo ZP, falar de desaceleración e practica-la táctica da avestruz.

Que é situación herdada dos gobernos populares? Non, é cousa mundial. O que si herdou ZP foi unha posición económica nacional envexable, e que deu réditos durante tres anos. Rato non era tonto.

As queixas dos agricultores son lexítimas e xustas: quéixanse porque os seus custos son altísimos, e os beneficios poucos. ¿queren saber porque? Os prezos máis ou menos, están na dinámica Europea; pero os custos están moito por riba da media de custos da gandeiría Europea porque hai falla de especificidade do sector (é moi amplo e pouco selectivo), tecnificación e formación; ademáis da incultura do rural. O gandeiro non se une co veciño, podendo ter así, os dous, duascentas vacas á metade de custo do que supón ter 75 cada un. E isto a Xunta non o fomentou.

En Viveiro púxose de moda vende-la madeira do monte a unha empresa que a ven buscar en barcos e a leva directamente a Portugal. Os madeiristas da zona xa van trinando: sube o prezo da tonelada de eucalipto, a pagar ó productor, de 27 Euros a 35. Os productores asociáronse e agora xestionan as vendas e as exportacións directamente. E aquí a Xunta non fixo nada, e podía facelo: ten fórmulas para iso. ¿Activarase a economía? Pois si, introdúcense cartos e elimínanse intermediarios. ¿Que farán as empresas do forestal? Pagarán máis a pequenos productores, curiosamente dos cales moitos traballan para eles. Pero se os gobernos non fixeron nada, por algo é. Tamén resulta paradóxico que as empresas do forestal teñan xente metida en partidos de un e outro signo. Por algún interese ninguén se mete a aconsellar ós productores de nada.

Para que os gobernos funcionen e fagan funcionar, teñen que obrar dende unha independencia honesta, e non dende intereses nin gobernos para os seus amigos. ¿Que poden facer? Moito, se queren e máis do que podo facer eu.

Educación, inversión en empresas de novas tecnoloxías e infraestructuras. O resto chega só.

Por outro lado, acerca das competencias... e do Estatuto: ¿Para cando a reforma? Señores, somos españois de segunda, e iso non se pode pretender sendo nacionalidade histórica (nación, país... ¿Por qué non Estado, e así deixámonos de tonterías?) ¿Para cando unha petición seria da reforma do Senado? Ah, que me esquencía... ¿E para cando o BNG se convencerá de que a circunscripción electoral única é unha barbaridade?

Dende logo que as competencias coas que últimamente se fixo este goberno son competencias-chorrada. Oia, e as que a Constitución outorga as Autonomías tamén. E aínda que haxa transferencias de competencias... ¿os cartiños? ¿con que imos xestionar esas competencias? ¿con allos? Por favor... Temos un goberno que só obtivo contía boa para organiza-lo relativo á lei de dependencia... pero iso non chega, señores. Non chega nin á metade...

¡Ai, que Galicia! Se don Castelao levantase a cabeza...

Vale.

Anónimo dijo...

Pienso que es muy preocupante pensar que Touriño tiene más asesores que todos los conselleiros de FRaga juntos.

La conselleira de la cultura se gasta 2 millones de euros en un viaje a Cuba, cuando no gasta ni eso en la promoción del fomento de la lectura en gallego o en los ciclos cinematográficos en Galicia.

ETC....

Lau dijo...

Así que galleguiño!!! jajajaja yo te informa de ante mano que repelo la politica... estoy más bien poco informada de muchas cosas y por ello no podré enterarme ni de la mitad d elo que pongas, aun asi te iré haciendo visitas


saludos

y gracias por tu comentario

Laura

Sísar dijo...

Para empezar el Gobierno Gallego debe fomnetar la inversión en nuestra comunidad y no paralizarla, como ocurrió con la mayor planta de Pescanova que se fue a Portugal o la paralización de suelo industrial que necesita Citroen para seguir compitiendo y creciendo, por culpa de lío sinternos con el PGOUM de Vigo, cuando ya se había dejado aprobado.

La norma de Habitat hay que hacerla en épocas de bonanza económica y no ahora que ayuda a ahogar todavía más al sector. Eso y la paralización de construir a 500 mts. de la Costa por que sí, sin atender a las peculiaridades de cada Concello ayudan a acuciar la crisis.

Puedo extenderme mucho más Teyve y argumentarlo adecuadamente pero se necesita mucho tiempo. Espero que tan solo estos ejemplos te ayuden a comprender lo que un Gobierno puede y debe hacer para paliar en cierta medida los efectos de una crisis econcómica.

Tomeza dijo...

Eu son nacionalista, e incluso bon amigo de Jorge a través do internete, pero estou absolutamente en desacordo co que di o gran comentarista Tevye.

Que pode facer un goberno? ou toleamos ou que? un goberno pode e deber facer todo o que esté nas súas mans, nin máis nin menos.
Iso é un argumento baladí...

Ikea a Portugal... Pesacanova a Portugal...

Que carayo estamos a facer das nosas vidas?

Antes Galiza, e logo as ideoloxías!!!

Jose Antonio dijo...

Lo que dices aquí no lo sabe ni la mitad de los gallegos así que no te sorprenda que ganen las elecciones...
El pp no sabe venderse.

tevye dijo...

A ver, primeiro a Arias, se todos nos poñemos en plan chouvinista, efectivamente non confiaremos en ningún goberno porque non se fixo tal pista que é tan importante para o desenvolvemento de tal comarca, non se axudou a tal zona industrial que sen dúbida sería un revulsivo para tal área... eu creo que hai que mirar un pouquiño, só un pouquiño máis aló do nariz.

Sisar, dada a túa intervención na que dis "la norma de Habitat hay que hacerla en épocas de bonanza económica y no ahora que ayuda a ahogar todavía más al sector" supoño que cres que os intereses humanos están por diante do medio ambiente; pois que queres que che diga? o medio ambiente xa estaba aí antes de chegarmos nós. Precisamente, se cando hai recesión non coidamos do noso medio, cando chegan as vacas gordas, o pouco medio sen afectar mingua aínda máis.
Pescanova a Portugal, pois si, pero o caso é que centos de portugueses veñen a traballar a Galiza porque, precisamente, en Portugal empresas como Pescanova explotan literalmente aos traballadores.

Tomeza, se volves ler o que escribín o pasado 9 de maio verás que o que fixen foi unha pregunta retórica. Cando preguntei qué podería facer a Xunta ou o goberno central, non o preguntei porque eu non saiba a resposta. A solución de toda crise pasa pola intervención do Estado para a reactivación económica. Pero esa intervención debería facerse a calquera custo ou medida? Falas do caso de Pescanova, e aquí é onde fastidiamos unha área natural para que unha empresa se quede e cree algo de emprego que para nada vai solucionar a crise ou demostrámoslles ás empresas que queremos que se queden pero que tamén queremos dignidade? Ti dis "antes Galiza", pero é que Galiza non é só a xente, Galiza tamén e o territorio, e non creo que o máis axeitado sexa matar o territorio para saír dunha crise facendo que uns poucos saian de verdade e a grande maioría siga sen chegar á fin do mes.
Coma ti, eu creo que un goberno debe facer todo canto poida nunha situación de crise, pero tamén debe medir a repercusión dese todo canto poida.
Pensa no caso das ducias de empresas que están montando fábricas en Marrocos, Alxeria, Romanía, Moldavia... todo porque os gobernos lles facilitan o acceso ao seu territorio. Pero, esas empresas crean esas fábricas para axudarlles a eses países a saír das súas crises? NON, fano porque queren minimizar custos. E no momento en que neses países, logo de teren sacrificado boa parte o seu medio natural e da súa poboación, reclamen dignidade e salarios máis xustos e poñan medidas de control de impacto ambiental máis estrictas, esas empresas non van dubidar en írense a outros países en crise onde os gobernos fagan "todo canto poidan" por saír da recesión sen pensar na repercusión das súas decisións.
Fixo mal a Xunta co de Pescanova? Eu creo, segundo o que veño de escribir, que non, que a Xunta demostrou que quere saír da crise, pero non a calquera prezo.

E ao anónimo que saiu por aí, para iso que dis de "promoción del fomento de la lectura en gallego", tal vez axude que ti mesmo escribas en galego.

En fin, vexo que a miña mensaxe obtivo o resultado esperado. Dunha banda os argumentos de costume como Pescanova, e doutra banda moita xeneralidade pero nada concreto.

Saúdos.