miércoles, 23 de julio de 2008

Este ano Iria Aboi volverá faltar ó respeto ós moz@s galegos?





Nalgunhas cousas estou dacordo co BNG pero nunha sí que non, a súa actual liña política. Comezo partindo de que son doutro partido político pero o respeto ideolóxico o teño por calquera partido, mais non teño porque estar dacordo nos principios dos demais, pero iso é a democracia. En tempos de Beiras, o BNG era a única alternativa ó PP e, agora, coa actual liña política o único que conseguiu ser é unha forza para permitir ao PSOE gobernar onde lle interese o apoio do BNG, quedando relegado a un partido de terceira división, moi lexos do que fora o BNG do señor Beiras, ao que me gustaba escoitar e no que recoñezo unha profunda lealtade á súa idea de Galicia.

Pois un exemplo desta actual liña do BNG propiciada polo poder interno da UPG refléxase moi ben nas súas xuventudes con militancia. O pasado ano, na conmemoración "do Día Nacional de Galicia" -definido así polas institucións-, os militantes de Galiza Nova acudiron ao Panteón de galegos ilustres para facer unha ofrenda floral como fixeramos outros, e que debería ser igual de respetable para un que para o outro. Pero non ocorreu así. Mentres o líder popular, Núñez Feijoo, encabezaba unha marcha na defensa da xuventude, na que defendía posturas liberais e nas que lles aconsellaba "non ter nin ideoloxías pechadas, nin pensamentos pequenos nin ideas de conveniencia", defendendo un galeguismo integrador e un discurso conciliador, pois nin era o día de entrar en loitas políticas nin de faltar ao respeto a ninguén, demostrando quen sí respeta a un día como o 25 de xullo, dando unha auténtica lección de respeto, en contra posición do feito por Galiza Nova e, en concreto, pola secretaria xeral da organización, Iria Aboi, que acusou ao PP "de ultraxar" e "prostituir" os símbolos de Rosalía e Castelao.

Os símbolos galegos como a bandeira, o himno ou mesmo os escritores son patrimonio de Galicia e de tódolos galegos, sexan do partido que sexan.

Esta é a liña que manda no BNG, a imposición ou tamén a que se non se fai o que a eles lles gusta non eres nin galego nin merecedor de defender a emblemas da galeguidade como estes dous devanceiros, que existiron moito antes que todos nós.

Coa de xente preparada, traballadora e con sentido común que debe haber en Galiza Nova gaña a liña máis radical. Isto evidentemente non é bo para os xóvenes, xa que cantas máis organizacións moderadas haxa na defensa dos nosos intereses mellor será para nós e as nosas conquistas en común, pero se o obxectivo é calumniar e faltar ao respeto o único que saco en limpo é que non son galeguistas e, menos, que sexan xente que represente á mocedade desta terra.

Ninguén, e menos unha líder dunha organización política, pode patrimonializar nin privatizar os símbolos e iconos da historia reivindicativa de Galicia, e menos a UPG da que forma parte Aboi, que se declara "leninista", que dito sexa de paso para nada é a ideoloxía de Castelao e menos de Rosalía de Castro. Con Rosalía comeza o auténtico Rexurdimento cultural e literario; a súa obra é unha síntexe moi perfecta da defensa de Galicia, sendo unha boa observadora da realidade galega como no poema "adeus ríos, adeus fontes", con posturas reivindicativas que calquera bo galego por deber tería que facer naqueles tempos foran de esquerdas ou dereitas, e nunca mostrado isto por Rosalía, xa que da política encargábase o seu home, o rexionalista Murguía, que é aceptado polo PP no seu ideario autonomista e rexionalista, e que nunca defendeu a autodeterminación como o BNG, co que Rosalía xa nin de asombro pode ser patrimonializada nin polo BNG nin por ningún outro partido político.

Castelao é considerado o pai de Galicia e de tódolos galegos, pero ideoloxicamente nos termos políticos nos que se define a UPG pouco ten que ver con ela, hoxe en día prestaría servicio nun partido de ideoloxía próxima a un partido nacionalista, pero non independentista. Del sabemos que foi un dos pioneiros da Xeración Nós, onde se encontraban persoas cun único obxectivo -reclamar unhas institucións propias e o recoñecemento oficial do idioma e da cultura galega-, e que tivo un importante labor xunto co Seminario de Estudo galegos na fundación en 1931 do Partido Galeguista, onde se pode atopar a persoas tan diferentes en posturas ideolóxicas como Risco e Villar Ponte, aínda que logo todo terminaría en ecisión e en oscuros tempos para o galeguismo por mor da guerra civil.

Castelao era un home moi progresista, pero á vez moi conservador en canto ás liñas defendidas para Galicia, para as súas estructuras e a súa política, polo que podemos olvidar por completo o cuño de leninista, xa que entre outras cousas a súa defensa basábase no pobo e non no marxismo e, menos aínda, na revolución.


Dáme lástima que por falta de argumentos e por non ter valentía para denunciar os erros da Xunta en política de xuventude, como o mal establecido Noitebús; a bolsa de alugueiro; a lei de xuventude copiada tal cual ó anterior goberno... haxa que recorrer a descalificacións contra o adversario.

O BNG crerá nunha "Galiza ceive e popular". A maioría dos galegos cren nunha Galicia aberta; na Galicia dos galegos e da liberdade; non uniformizadora, senón plural; democrática; que mire ó futuro e non ó pasado máis desgraciado; que sexa capaz de reclamar a súa cultura sen ter que autoexcluirse dos demais; que camiñe hacia o europeísmo e á integración constitucional de España.

Non quero entrar no argumento que deu para este tipo de razoamentos ilóxicos "de que o PP intenta ser galeguista e ao memo tempo impide que se fale galego". Quizais debería reflexionar sobre quenes son os que non permiten falar galego con liberdade xa que o único que tratan e trataron de facer coa última lei foi que na escola se impoña o galego como idioma, sen respetar a liberdade dos alumnos a escoller lingua, e ademais, quizais, Iria Aboi nin sabe qué goberno foi quen aprobou a lei de Normalización Lingüística por unanimidade. Hai moitos ilustres galeguistas como Albor ou Ramón Piñeiro que non teñen nada que ver cos plantexamentos nacionalistas. De calquera modo, toda esta situación que se dera o pasado ano, por parte dalguén que ten como obrigación defender á xuventude e os seus intereses non debería nin dicilo aínda que fora por humildade.

10 comentarios:

Miguel A. Pazos Fernández dijo...

Jorge(todavía non é Xurxo, aínda que xente como Iria Aboi o queira), eu, se me permites, vou dicir directamente que esta xente son uns sinvergonzas e non queda outra. Non paran de mentir. Non serei eu o que esté dacordo coas posturas de Castelao e Rosalía, pero se o BNG os quere tomar como símbolos propios, eu teño que dicir que deberían de aprender de que galeguismo non é o mesmo que ese separatismo inusitado que eles defenden e proclaman aos catro ventos. A min nin me gusta Castelao nin me gusta Rosalía, pero se o PP se é galeguista-aínda que a min non me guste-pode rendirlles un homenaxe, e ademáis facelo con educación, non como os xoves de Galiza Nova, que non sei onde gardan a educación.

Un saúdo

Ginebra dijo...

Ola ^^

Estou dacordo contigo. Tambén está Eduardo Pondal ¿por qué nom falan de el? E iso que é o autor do himno nacional. Parece que para defender unha Terra hai que defender os seus escritores ou artistas ¿dende cando?. Unha Terra é máis que iso (tambén conta), pero tambén é máis importante outros rasgos, aparte da cultura, está a nossa sangue, costumes, tradiçom e sobre todo a nossa HISTORIA, e nom a partir do franquismo e cía.

Ímos ver uns puntos...

1º Este día é porque o proclamaron as Irmandades da Fala (1919). Nom sabía eu que a Historia de este gran Povo tívese tan pouco tempo de existenza, hehe. Nom sei que ten que ver coa Historia e o espíritu guerreiro do nosso povo con isso. Nom defenden a autencidade desta Terra.

2º É un gran día para os cristiano católicos. Pensava que esses leninistas ían contra a relixión sobre todo esa.

3ºPara defender esta Terra nom se debe defender mediante símbolos políticos, senón históricos. E a estrela vermelha nom sei que pinta, porque esa banderia xamás a existido. Nim coa a águia imperial. ¿Iso e a súa Historia?. ¡Que triste! porque é unha falta de respeito a nossa Terra galaica. Aparte coma dixen moitas veces a estrela vermelha significan moitas outras cousas de fai séculos na rama do esoterismo/místicismo. Hai varias pero eche longo de contar.

4º O tema do galego... Mmmm... Nesta Terra hai idiomas máis antigos, e pode que moita xente nom utilice o típico galego por ese motivo asim que mellor calados que estamos máis guapos, que seguro que hai máis patriotas que eles mesmos con o tema do idioma ^^

5º Esta xente sempre falta o respeito, Jorge. Mira eu que som anti xudea cristiá e te falo sen insultar (sabes que o digo con agarimo) E nom e por votárme flores... pero a xente xa sabes como é e xuzgan a primeira de cambio.

6º Eu consideiro Galaico a toma persoa que naceu eiquí. Da igual se eres do PP coma do Partido sadomasoquista de Draculín ^^
Seguro que tí eres máis patriota que eles, estou segura. E nom porque seas do PP porque son anti PP :-P

7º Igual que se fan manifestaçoms disso, se son tan amantes de esta gran Terra tambén que celebren as súas festividades auténticas e outros temas da nossa Historia (nom de fai 500 anos) e sen utilizar dobres de moralidade. Esta Terra é máis que un idioma. Hai máis...

Agora están con o lema: Nom os touros. Pero sim as penhas, haha. E no concello está o BNG se supón que som da esquerda a morte ¿e permite os touros? haha. ¿Por qué esa moza nom critica iso tan galeguista e leninista que é ela?

En fin u.u

E por último, isso de que se comparen con Eire (Irlanda), e Alba (Escocia) nom o entendo. ¡¡Xa lles gustaría ser a eles como esses fermosos povos de gran espirítu patriótico!!. Esses irmáns europeios loitan pola HISTORIA nom de fai 500 anos senón os orixes (por dici-lo de algunha forma).

Jorge, a palavras necias oidos sordos. Tí segue o teu caminho. A xente queda como o que é. E nesse discurso de esa rapaza BURGUESA, porque logo son todos uns/a burgueses capitalistas insulta gratuitamente sen vós dicir nada. Isso e co vexo eu dende fóra.

Salve Et Victoria!. A cultura é a chave da vida.

Andrés Álvarez dijo...

La verdad...si el BNG quiere los símbolos, que se los coma. Realmente sufrimos un complejo de adaptación y acogida de todo lo que nos imponga el separatismo, lo cual nos ha derivado en la aceptación de unos símbolos que históricamente no se corresponden con la Historia ni con la naturaleza jurídico-política que queremos dar a los entes públicos del Estado que hoy por hoy nos sirven de autogobierno. La bandera albiceleste es una creación independentista en el exilio cubano, lo mismo que el "Himno", el cual consagra la fantasía pondalina de los bardos y la raza superior celta, pobres ellos; y nosotros, incomprendidos y sometidos. Lo único histórico es el escudo, quitando obviamente la corona de los Borbones, el cual sobre un fondo azulón conformaba el pendón institucional y militar del Reyno de Galicia (o Galizia). Nada de "nazonal", sólamente un símbolo de los representantes del rey y de los cuerpos de milicia gallegos, como por ejemplo el Batallón Literario cuyos estandartes posan en la Praza da Quintana, cosas que bien se podrían adaptar como símbolos de un hipotético estado federado. Y antes que el "himno dos iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros" teníamos la bellísima "Marcha del Reyno", también de mezcolanza y unión del folklore, la cultura de peregrinación a Santiago y lo estrictamente castrense, por ser una marcha militar.

Realmente, creo que es hora de pasar del "galeguismo", sea separatista o simplemente un localismo reivindicativo, a un patriotismo basado en la aceptación total de la diversidad cultural y de la pluralidad de la sociedad que conforman nuestra Nación, cosa que considero que sólo lograremos mediante una genuina República democrática, liberal-social, federal y laica.

Saúdos.

Ginebra dijo...

Nom confundamos: Racismo, Arianismo e Xenofobia ou delincuencia. O do tema superior eche o do Arianismo nom os racistas.

Ginebra dijo...

Tambén estou un pouco dacordo con o que dice Andrés, pero eu quero un modelo etnofederal baseado no concepto de "Europa das etnias". Unha mostra deste amor e respecto ás identidades populares é a utilización dos símbolos e bandeiras tradicionais de cada Comunidade étnica, así como o uso preferencial de lingua vernácula nas actividades e propaganda. E un socialismo comunitario para a comunidade popular.

En resumen, Europeísmo, Socialismo, Arte e Natureza constitúen o que eu quero.

Pero cada un ten o seu pensamento. Pero jorgito, nim él nim eu tendremos o nosso pensamento en vigor, hehe. Eche impossível evidentemente.

Aínda que é possível sacar aos que están no Concello, haha.

Salve Et Victoria!

Andrés Álvarez dijo...

Mi único modelo es es la República federal, democrática, social-liberal y laica de la Nación Española, soberana e independiente, obviamente de la Unión Europea y de la OTAN y dejando la puerta abierta a la incorporación voluntaria de Andorra, Sáhara, Gibraltar y Portugal.

Por cierto, digan lo que digan, circula la afirmación del "patriota gallego" Murguía de que Galicia era "una nación natural y espontánea, heredera de la raza superior celta, hablante de un idioma propio, habitante de un territorio definido, y poseedora de unas costumbres, una mitología, unas instituciones y un folclore señalado", cosa que particularmente me recuerda a las tesis "etnicistas" de Arana, Prat de la Riba, Blas Infante...etc. Luego Carod- Rovira afirma todo convencido que en 1714 Cataluña "perdió el Estado", "ario-gótico" afirman algunos...

No queramos escenificar el apuñalamiento de César, sólo oque esta vez con la Historia en su lugar.

Anónimo dijo...

insisto: es o rapaciño aquel de "todos dicen Ilove u" de Allen,

pasoo moi ben con tantas chorradas da dereita deste país...

Anónimo dijo...

o BNG non é un partido independentista e deixou de ser marxista leninista xa hai moito tempo.
Podes ter razón en que a ideoloxia de Castelao e de Rosalía teña pouco q ver coa do BNG, pero moito menos coa do PP!
Se unha cousa caracteriza o pensamento do BNG, Rosalia e Castelao é o seu profundo amor a Galicia e a súa profunda defensa da nación galega. En ningún caso se pode caracterizar a Rosalía ou a Castelao por defender a unha suposta nación española. Desde o momento en que o PP define a España como a nación na que tamén entraria Galicia, Rosalía e Castelao deixarían de ter relación idolóxica co PP, e dá igual que Rosalía e Castelao sexan de dereitas, de centro ou do que sexa, o que salientou nestes dous persoeiros é Galicia e non a esquerda ou a dereita
Polo demais estou totalmente dacordo con que o PP prostitue os símbolos de Galicia.
Outra cousa que che queria dicir é que pode q ti e algunha outra pouca xente do PP sexades de CENTRO, pero o PP, na súa maior parte é tan de CENTRO como eu chino, tampouco é un partido liberal, sobre todo se o comparamos con partidos políticos liberais europeos, que si acpetan as bodas entre homosexuais.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

asegúroche que Iria Aboy non representa a liña mais radical, ao contrario, é a mais moderada!

Anónimo dijo...

Estás a falar dos máis dereitosos do BNG, non da liña "máis radical". A UPG son os máis próximos aos empresarios e os máis autonomistas hoxe por hoxe, a pesar das súas orixes.

Os comunistas e independentistas están aquí:

www.iscagz.org
www.polabase.net