jueves, 10 de julio de 2008

LOS DEBERES PATRIÓTICOS DE LOS ASESINOS



La mejor y única manera de que ETA no logre su objetivo es recordar y tener presente a Miguel Ángel Blanco.

Otros dirán que están cansados de su memoria.

Yo mientras haya familias como la suya que tienen que ver como sus asesinos se ríen en sus caras, lo defenderé siempre, que se endurezcan las penas y que cumplan las penas íntegramente.

Muchos se lo pensarían antes...



http://jorgecubela.blogspot.com/2007/07/resistir-es-vencer.html

1 comentario:

Anónimo dijo...

Oe, Jorge, cal é o obxectivo de ETA? Non, non, en serio, cal é? A parte de matar por matar, desestabilizar, etc, etc... cal é?

Haberá quen diga, conseguir a independencia para Euskadi (aínda que moitos dos que dirían iso preferirían empregar aquilo de "Vascongadas"). E digo eu, realmente resulta verosímil que ese sexa o seu obxectivo?

Haberá quen diga que queren que lles entreguen Navarra. Pero é que a sociedade é tan estúpida como para crer iso.

A ETA é un grupo fascista que actua como tal, facendo uso da violencia, do mesmo xeito que outros glorifican a pasada dictadura. Son uns tipiños con un forte complexo de sometemento, teñen que sentirse acosados, perseguidos. Se non se sinten sometidos non viven, a súa filosofía de vida deixa de ter senso, desaparecen. Esa é a base de todos os intentos de negociación que ao longo e ancho do mundo se dan con grupos semellantes; trátase de romper a súa tese da opresión, escachar os seus principios.
O endurecemento das penas o que fai, no longo prazo non é que outros so pensen antes, senón que fai que outros estean tolos por tomar o relevo. Estes non actúan do mesmo xeito, pero son comparabeis cos que se inmolan noutros lares (e hai que ter en contan que a algúns deses que se inmolan non lles falta razón, aínda que se trabuquen de método).

Logo dese espiche, direi que non hai ninguén farto da memoria de Miguel Ángel Blanco. Ninguén. O que si dirán algúns, entre os que me inclúo, é que xa está ben de mártires, é dicir, xa está ben de aproveitarse politicamente de quen, desgrazadamente, xa non ten voz porque lla calaron de dous tiros. Non podemos esquecer a Miguel Ángel Blanco, pero creo que merece descansar en paz e que o seu nome deixe de aparecer en mitins, sesións parlamentares, debates nos mass media... non foi el ao único que asasinaron, pero só a el lle toca sufrir esa humillación de converterse nun elemento cuase publicitario.

En fin, remato. Remato con unha vaga referencia ás sombras desas 48 horas famosas. Iso que saíu na prensa os días posteriores ao asasinato pero que logo viu como lle caía terra enriba; aquilo de "que curioso que as fuerzas da orde atopasen o agocho pouco despois de que sacasen ao secuestrado do mesmo" algo que un artigo de opinión resumía no seu titular "Miguel Ángel Blanco ¿Mártir sacrificado?".
Direi que quero crer que non foi un mártir sacrificado, pero si me parece un mártir aproveitado.

Saúdos.