jueves, 8 de noviembre de 2007
O sectarismo de Mª José Caride
A consellería de Infraestructuras, Obras Públicas e transportes, á cabeza da cal se encontra Mª José Caride, segue sen mostrar predisposición algunha a recibir a 20 alcaldes do PP para tratar consultas urbanísticas.
O "suposto goberno do cambio e da transparencia" avoga por unha política sectaria á hora de tratar aos alcaldes.
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, máis a responsable de Urbanismo do grupo popular, Pilar Rojo, acusaron á Xunta de fomentar o "caos" e a "indefensión", tanto polas medidas que non adoptou como polas que non cumpriu.
Calquer alcalde é o representante do seu concello e do seu pobo. Isto xa non só é unha falta de respeto a estes alcaldes, senón ós veciños de cada pobo, a quenes a administración autonómica ten que prestar uns servicios básicos.
O sectarismo desta conselleira enténdese ben. Non ten a menor noción do que é a política, a xestión e o respeto institucional.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario