viernes, 30 de noviembre de 2007

Promesas, promesas...


Pasaron algo máis de dous meses dende que fixera aquel artigo titulado "O rural no Ostracismo" (http://jorgecubela.blogspot.com/2007/09/o-rural-no-ostracismo.html) e nada cambiou dende entón.

Se xa pasara daquela un ano dende que se firmara o convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, dirixida por Manuel Vázquez, e o concello de Pontevedra para o saneamento do rural, agora pasará outro tanto coas reiteradas promesas do conselleiro tra-la súa visita a nosa cidade.

Según o señor Vázquez "unha vez que empecemos o saneamento o que queremos é desenvolvelo o máis rápido posible".

Penso que en pleno século XXI, onde os grados de analfabetización en España reduxéronse considerablemente, dicir estas palabras é mofarse na dignidade dos pontevedreses e nos seus dereitos a ter un saneamento en condicións.
A cuestión non é desenvolvelo o máis rápido posible, que tamén, senón empezalo.

Outras palabras que me fixeron levantar do asento foron as vertidas polo concelleiro do rural, o señor Valcárcel, que anunciou que dende o seu departamento se traballa para recuperar o tempo perdido.

Por fin!!! alguén do goberno municipal recoñece que en 8 anos non fixeron nada polo rural, nin polos veciños das parroquias...

O primer paso é bo, recoñecer os erros, o segundo pode ser aínda mellor, facer algo pola cidade e as parroquias.

No hay comentarios: