sábado, 19 de enero de 2008

Outra illa das esculturas é posible*



Fai uns días fun cuns amigos a dar unha pequena volta polo entorno do meu instituto de toda a vida, Xunqueira II, e acavamos indo hacia a Illa das esculturas.

Recordo cando facíamos saídas para pasear na ESO os mestres sempre nos levaban á Illa das esculturas porque é un sitio magnífico para camiñar e para descansar, como bo sitio de recreo. É un percorrido precioso para pasear ás beiras da nosa ría.

É un dos sitios de Pontevedra máis fermosos, pero peor coidados. Este paraxe podería ser un dos máis explotados polos pontevedreses se estivese noutras condicións máis humanizadas. O que me dá verdadeiramente mágoa é pensar que as condicións de limpeza, conservación e coidado da Illa seguía igual esta semana que fai dous anos. A maleza, a suciedade, o mal estado da ponte de madeira, o mal coidado dos bancos para poder sentarse... son exemplos do que hoxe é a Illa das esculturas e, pola cal, sinto gran cariño e afecto por tódolos eses paseos que dabamos na ESO ou por esas carreiras de quentamentos cando estaba no atletismo Cuntis...

A illa conta con pezas artísticas que permiten unir cultura e natureza nunha mesma simbiose, e é un feito que non ocorre en tódalas cidades nin en tódalas vilas.
Outra Illa das esculturas é posible. Unha illa onde houbera unha instalación para alquilar barcas e dar unha pequena volta pola ría, un carril bici para percorrer a beira da ría facendo deporte, ou unhas mesas e bancos para xogar aos múltiples xogos de mesa... son cousas que de facerse atraerían a máis persoas e esas persoas atraerían máis turismo a esa zona, e neste ciclo Pontevedra tería unha gran fama por dispoñer de estos paraxes tan bonitos e tan ben coidados.

Estou seguro de que lugares como a Xunqueira de Alba ou a Illa das esculturas serían un dos principais atractivos para pasear, meditar e disfrutar se o goberno puxese un pouco de entusiasmo e iniciativa en coidalas, pero cando non hai vocación pouco hai que facer...

No hay comentarios: