jueves, 3 de enero de 2008

Redes wifi en Pontevedra





El ayuntamiento de Pontevedra está promoviendo un estudio desde hace varios meses para instalar redes wifi en numerosas plazas públicas y espacios al aire libre.

Sería muy positivo y una gran medida que los pontevedreses pudiésemos disponer de redes wifi en las plazas más emblemáticas a la vez que nos tomamos una caña o disfrutamos de las grandes tardes de verano, pero...

Lo que en otras ciudades ya es algo normal, sobre todo en aquellas que son ciudades universitarias, como es el caso de Santiago, en Pontevedra aún no es una realidad.
Si fuera un estudio urbanístico ya se habría presentado, teniendo en cuenta que esto ya lo aunciaron en el curso pasado.

Mientras otras ciudades con campus pretenden sumarse o ya se han sumado al vagón de las nuevas tecnologías para poder ofrecer a sus estudiantes y ciudadanos unos servicios modernos, eficaces y útiles, en nuestra ciudad aún tardaremos en ver realidad la posibilidad de algo tan normal como sería conectarnos a internet en la Herrería, en Méndez Núñez o en la Verdura.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Non creo que Pontevedra vai quedar fóra do tren nas novas tecnoloxías. Seguindo en Galiza, Ourense non ten rede wifi; e se nos imos ao resto do Estado, hai cidades ben máis grandes, ou con maior importancia, que carecen dese servizo. No artigo vese que vas collendo as mañas do PP e, por moito que se vaia facer algo realmente bo, se non é o PP quen o fai hai que buscarlle un "pero..." por onde sexa.

Por outra banda, este artigo resulta paradóxico nunha persoa que se autoproclama como seguidor do liberalismo (remítome, por exemplo, ao artigo publicado neste mesmo sitio o 7 de novembro de 2007).

O feito de que vilas e cidades ofrezan espazos de libre acceso inarámico vía wifi vai, a todas luces, contra o principio da libre competencia, algo completamente condenable dende o liberalismo.

De feito, a Comisión do Mercado de Telecomunicacións ten denunciado ese servizo comunitario precisamente por iso. Incluso a OMC, rexida polos principios do neoliberalismo que nas últimas décadas vai collendo o posto ideolóxico do liberalismo (e así nos vai como nos vai), ten sacado algún que outro documento no que pon en tea de xuízo ese tipo de servizos pola vulneración da competencia que representan.

Aínda que teño que admitir que, se ben a ti non te coñezo persoalmente, todos os seguidores do liberalismo que coñezo sono segundo lles veña convindo. Xa sabes, deses que din que o Estado tiña que deixar de recadar e quitar os impostos, pero que ao mesmo tempo se queixan de que os servizos públicos son penosos por falta de fondos, ou porque en determinadas vías hai que pagar peaxe. Amiguiños, se un defende o liberalismo, terao que defender para o bo e para o malo. O que non é de recibo son propostas electorais como "imos baixar os impostos e subir as pensións"... aha, e como se van subir as pensións? Privatizando as vías de comunicación con prezos escandalosos como o do tramo Dozón-Compostela?

En fin, case podía terme quedado no primeiro parágrafo, pero é que eses bailes dos liberais (os de por aquí, non os do sistema anglosaxón, onde os liberais son os tiran máis cara a esquerda) que se presentan como grandes defensores dos servizos públicos, cousa que, se realmente se é liberal, non se é, fan que me proa a úlcera que non teño.

Saúdos.

Anónimo dijo...

Dende a miña opinión sempre falo de política, non de economía.

Dende os presupostos políticos do liberalismo sempre crerei que o máis axeitado é deixar desenvolver as capacidades da persoa con soberanía propia ou, o que é o mesmo, con autonomía.

O estado non pode infrinxir as barreiras da liberdade do individuo, nin impoñer os principios morais que debe aprender un alumno, nin cobrar canons nos CDs.

Agora que o Liberalismo económico levado ata as últimas consecuencias é igual de perigoso que o socialismo, por iso, os extremos que se queden na historia.

Entendo que dis que unha persoa que defenda unha cousa ten que defender todos os puntos. ¿cres que os políticos deben de levar as súas ideoloxías ata a práctica radical? iso é algo que é de supoñer propio do s.xix.



Non sei o que ocorre noutras cidades de España, pero sei o que ocorre noutras cidades de Galicia.

¿Sabes canto deixa o goberno municipal reservado para invertir en novas tecnoloxías? 0 euros.

O que non se pode facer e menos deixar de criticar é que o goberno faga promesas e faga estudios para ofertar un servicio e pasan case 14 meses sen expoñelo, iso en política chámase fume.

Anónimo dijo...

Non sei ata que punto son separables o pensamento político e o económico. Se me falas de "deixar desenvolver as capacidades da persoa con soberanía propia ou, o que é o mesmo, con autonomía", implícitamente estasme a falar de libre competencia, o estado non pode perxudicar o desenvolvemento do individuo en todas as súas facetas, incluíndo as económicas.

Eu non creo que os políticos deban de levar as súas ideoloxías ao extremo, pero si creo que cumprido é que sexan coherentes cos seus postulados.
Por exemplo, eu aínda non fun capaz de entender cómo é que hai homosexuais militando no PP con todo o que determinados altos cargos do PP levan esbardallado sobre a homosexualidade, a non ser que sexan homosexuais que se avergoñen de selo, que os hai, e que se sintan enfermos mentais, como dixo algún alto cargo do PP. Se fosen coherentes co que pensan ou sinten, unha de dúas, ou se volven heteros ou deixan de militar nun partido no que grande parte da militancia os denigra (e se non mo cres, date un paseo polos foros en liña do PP e olla para algúns comentarios de militantes do partido).
Por outra banda, o PSOE non está sendo coherente a hora de non posicionarse de xeito firme en determinados temas como o da monarquía ou o do estado federal.
Do mesmo xeito que o BNG non responde ao seu programa en lugares como Mugardos.

Dis ti "o estado non pode infrinxir as barreiras da liberdade do individuo, nin impoñer os principios morais que debe aprender un alumno, nin cobrar canons nos CDs". Nese parágrafo volve ir implícita a libre competencia. Por outra banda, quería preguntarche: sobre o ensino moral, debe entón impartirse relixión no ensino público? e sobre o do canon, deben os artistas (cando menos os que poden ser así chamados) de perder o seu dereito a cobrar, aínda que sexa un pouquechiño, parte do custo deses productos nos que, en moitos casos, se vai copiar de xeito pouco lícito a súa obra (porque aquí ninguén piratea, pero todo o mundo ten ensaladeiras de cd's con mp3)?
E que eses dous temas, os do ensino moral e o do canon fanme especialmente graza, polo que teñen de populistas e pouco realistas.

Sobre o que deixa ou deixa de deixar reservado o goberno municipal de Pontevedra para novas tecnoloxías, non teño ganas de lerme o orzamento municipal, así que créoche o que dis, pero así e todo ben pode acontecer que non haxa unha conta específica para novas tecnoloxías. Dígoo porque, por experiencia propia, sei que decote acontece que un está mirando un orzamento e ve que falta algo esencial pero resulta que ese algo esencial vai incluído nun apartado máis xeral, feito que debería de reflectirse en apéndices, anotacións, o que sexa.

E aínda que non saibas o que pasa noutras cidades de España, nestes casos as comparacións non son odiosas, e se por algo se caracterizan todos os gobernos municipais e pola esixencia á poboación do exercicio da santa paciencia.

Así e todo, 14 meses non me parecen unha espera excesiva. Na que xa citei Ourense, levan anos, comezou sendo alcalde Cabezas, pasou Poly Nóvoa (o potro do Barbaña), e a ver que fai agora o do PSOE.

Saúdos.

Miguel Prado dijo...

Cada vez hai máis empresas que ofrecen WiFi de maneira gratuita. Hostelería, centros comerciais...

Desta maneira no centro das cidades vaise creando unha maraña de WiFis que permitirá en pouco tempo tempo a conexión a Internet gratuita dende a maioría de rúas e prazas das nosas cidades. Seguro que a competencia fomentará esta implantación.

Outra cousa son as zonas onde e imposible a conexión a redes de alta velocidade. No termo municipal de Ourense, por exemplo, hay moitos fogares e negocios que carecen de esta posibilidade, e o Concello si que nestes casos debería facer algo.

Tamén hai que ter en conta o atraso en materia de fogares conectados a Internet que hai en Galicia, propostas como a incumprida en Pontevedra fomentarían o uso de Internet. Co que serían maiores o pros que os contras.

Saúdos.
www.miguelprado.es

Anónimo dijo...

Eu estou totalmente dacordo co feito de que os organismos públicos fagan algo ao respecto. Polo que vexo, ti (refírome a Miguel Prado) non o ves así para o centro das nosas urbes onde, polo que eu deduzo das túas palabras, debería de ser a competencia entre locais privados a que potenciase a implantación das redes wifi.

Os que non están dacordo son precisamente os locais privados, se queres busca nas hemerotecas artigos sobre o conflicto xerado polas áreas wifi públicas. Para que vou entrar nun cyber se na praza que hai en fronte do mesmo podo conectarme de balde?

Por min perfecto, considero que hai certos servizos que deberían de ser proporcionados polo Estado libres de cargas; servizos como o propio das comunicacións, fontes de enerxía, productos de primeira necesidade... servizos que ás máis das veces realmente están a convertírense en bens de luxo.
De feito, estou totalmente convencido de que ese atraso tecnolóxico do noso país débese máis a iso que a propostas incumpridas (de momento, que as cousas de palacio van despacio).

E o de Ourense, ben, é algo herdado, como os viais de núcleos como Salto do Can. Eu opto por darlle tempo ao novo goberno antes de xulgar. E xa sei que o teu xuízo está preemitido polo teu posto orgánico no seo do PP ourensán.

O que aínda non acabo de ver é de ónde pensades no PP que vai saír o diñeiro para prestar os mesmos servizos que agora, incluso aumentándoos, como no caso das pensións, ou ámpliando redes wifi cuxo custo lle será cargado ás arcas do Estado, se ao mesmo tempo se elimina o canon nos CD's (curiosamente, o canon que se aprobou non grava principalmente aos CD's e DVD's senón a outros soportes), se se pretende realizar a maior baixada de impostos da democracia... como din os nosos vellos "papas e sorber non pode ser".

O que non é de recibo é, por unha banda, reclamar servizos novos e a ampliación dos vellos, a eliminación de impostos e canons e, por outra banda, para poder financiar eses servizos dada a eliminación de impostos que lle proporcionen o diñeiro suficiente ao Estado, asinar un convenio de 50 anos de duración para que un privado cobre por poder cruzar pola Ponte de Rande, ou outro por 75 anos para que cobren case 5 euros polo tramo Dozon-Compostela.
É dicir, quítannos os impostos (que ben!!) pero sangrannos a carteira por outro lado (era visto). Sinceramente, prefiro os impostos xa que con eles sei que o meu diñeiro, independentemente de en qué se gaste despois, vai ás arcas do Estado; pola contra, neses convenios a verdade é que non queda moi claro quen mama (aínda que todo o mundo o sabe).

Saúdos.