jueves, 24 de enero de 2008
Pontevedreses lidos en Santiago...
Hoxe leveime unha grande sorpresa cando abrín a primeira páxina do periódico gratuito "deLunsaVenres" e encóntrome coa foto dunha pontevedresa insignie, Lupe Murillo, que concedeu unha pequena entrevista a este periódico.
Póñovola enteira:
Guadalupe Murillo Solís.
Naceu en Pontevedra e licenciouse en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Está casada e ten tres fillas.
Dirixe Conservas Pescamar, é vicepresidenta do Pontevedra C.F e administradora do Sanatorio Nuestra Señora de la Merced de Poio.
É concelleira polo PP en Pontevedra e tesoureira deste partido nesta cidade.
P-¿Un sinónimo de Galicia?
R- Calidade de vida.
P-¿Que quería ser de pequena?
R-Médica
P-¿Cal é o seu maior defeito?
R-Implicarme en todo ao 110%
P-¿E as súa maior virtude?
R- Ser loitadora e perseverante; non adoito tirar a toalla con facilidade.
P-¿Un libro?
R-Calquera de actualidade política ou social.
P-¿Unha canción?
R- Un canto a Galicia. Tamén calquera de Queen.
P-¿unha película?
R- Los lunes al sol
P¿Un lugar?
R- Poio, onde paso moitas horas ao día polo meu traballo.
P-¿Unha paixón?
R- A miña familia
P-¿un soño?
R- Ascender o Pontevedra CF SAD a Primeira División
P¿Un político?
R- Ana Pastor
P-¿Un personaxe galego?
R- Amancio Ortega
Algún sorprenderíase do seu Curriculum, pero algún sorprenderase máis se soubese que xa acumula esta experiencia coa súa idade... cousa que sen o seu permiso non me atrevo a desvelar... aínda que teña ¡¡¡¡37 anos!!!
Ben demostrado está que a oposición en Pontevedra conta con concelleiros cos que o goberno municipal ben soñaría en ter para despertar a Pontevedra...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario