domingo, 6 de abril de 2008

Charlton Heston



Uno de los grandes de Hollywood, Charlton Heston.

Siempre presté atención a las noticias relacionadas con él porque fue uno de los primeros actores que recuerdo de pequeño gracias a su interpretación en El Cid (versión en galego), en la persona de Rodrigo Díaz de Vívar, héroe idílico en la reconquista visigoda.

Otras de sus obras maestras fueron Ben Hur, donde se recrea la vida de la Roma del "Pan y Circo", estrategia política que a día de hoy aún se pone en práctica sobre todo en los países con regímenes dictatoriales.

También, fue actor principal en Moisés, actuó con un pequeño papel en El Planeta de los simios, Titanic y otras muchas más...

Como actor, un ejemplo.


Uno de los históricos.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

otro de centro no?
jajajaja

Anónimo dijo...

Aquí teño que discrepar. A verdade é que a min Charlton Heston sempre me pareceu un actor bastante mediocre, incapaz de traballar coa expresión facial e cunha dicción bastante penosa (feito que podo asegurar logo de ter visto filmes del en versión orixinal). Unha anécdota, o descurso pacifista e en contra das armas (el que foi lider da NRA) no remake que Tim Burton fixo do Planeta dos Simios.

Por outra banda, unhas preguntas que deixo no aire. A reconquista foi visigoda ou española? O reino visigodo desapareceu con don Rodrigo, xa que logo, foi realmente unha reconquista? E se o foi, reconquista de que?

Unha aperta

Anónimo dijo...

Hola amigo, pola noite respóndoche á pregunta.
Dende o punto de vista do Dereito, non do político eh.

UN saúdo.

Jorge

Anónimo dijo...

Dacordo, eu facía a pregunta dende o punto de vista da Historia, que é o meu.

Saúdos.

Anónimo dijo...

Magnificas sus ultimas palabras como presidente de la NRA. "Solo me la sacaran de mis manos frias y muertas".

Quíen me diera que el PP fuera lamitad del Partido Republicano

Jorge Cubela dijo...

Houbo tempos en que segundo as investigacións que facía, para min a reconquista ou o era cristiá, ou visigoda ou hispana, quizais pódase facer unha simbiose.
Pero se hai que concretar, o foi visigoda e, primeiramente conquista, se non basamos en que a partires da "conquista" dos astures, liderados por Pelaio, se intentaba ampliar territorio e impedir o avance dos musulmáns, pero máis adiante, no s.IX, coa intención dos astures por recuperar as institucións de goberno e as xurídicas máis as formas de vida do antigo reino godo pasou a ser "reconquista", a reconquista visigoda.

É a miña teoría dende un punto de vista histórico-xurídico.

Gustaríame coñecer a túa máis a fondo.

Unha aperta meu.

Anónimo dijo...

Pois a miña teoría parte da base de que toda a estructura de poder do reino visigodo caeu ao mesmo tempo que caeu Rodrigo, e que os "guerrilleiros" de Paio pouco tiñan que ver cos visigodos, xa os mesmos representaban unha porcentaxe ínfima da poboación peninsular antes da chegada do Isläm.

E certo que "cabaleiros" (póñoo entre comiñas porque chamalos así non é moi correcto) visigodos viñeron a refuxiarse ao norte penínsular, pero tamén é certo que outros moitos convertéronse á nova relixión conservando formas xurídicas da etapa anterior, véxase o caso navarro-aragones da familia Casio que pasaron a ser os Banu Qasi.

Así mesmo, as institucións de goberno e xurídicas dos visigodos afectábanlle case exclusivamente a eles; a poboación non visigoda non se tiña por qué ver afectada pola ley dos primeiros.

Por outra banda, para falar de reconquista ten que haber primeiro unha perda de algo; e, se ben o reino visigodo cae ante o Isläm (máis por unha pacífica conversión progresiva da poboación peninsular que por unha invasión de carácter bélico), os reinos que logo lle fan a guerra ao "mouro" son reinos novos, que pouco ou nada teñen que ver co anterior.

E é máis, en todo ese conglomerado bélico non vemos realmente unha loita por recuperar o espazo perdido ante os mouros, xa que vemos sen parar como se enfrontan cristiáns contra musulmáns, musulmáns contra musulmáns, cristiáns contra musulmáns... e logo alianzas entre musulmáns e cristiáns para loitar contra tal ou cal señor cristián ou musulmán... E, de feito, el-Cid entra perfectamente nese xogo, xa que o vemos tanto facéndolle a guerra aos musulmáns como aos cristiáns, e "traballando" ao servizo de Afonso VI, como ao de al-Mutamin de Zaragoza. De feito (sinto repetir tanto o "de feito") el-Cid non é máis que unha hispanización de al-Sïdi que era como os musulmáns coñecían a Ruy Díaz polas súas fazañas, tanto contra como para o Isläm.

Por iso, pola falta de vinculación dos novos reinos que loitan co pasado visigodo, como pola propia estructura e movementos seguidos durante o "conflicto" (se se lle pode chamar así), a min non me gusta falar de reconquista xa que realmente non atopamos a uns reis que pretendesen reconquistar a gloria pasada, senón que pretendían asentarse no poder, e expandir a súa influencia na península.

Saúdos.