martes, 1 de abril de 2008

O retraso do presuposto municipal

www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2008/04/01/0003_6694676.htm


Aquí vos deixo o enlace á noticia da queixa do concelleiro pontevedrés, Jacobo Moreira, ante a desidia do goberno pontevedrés para elaborar os presupostos municipais.

Xa prometeran durante as vacacións de S.Santa a brevedade da publicación dos presupostos e aínda seguimos a esperar por eles, co atraso que isto conleva para poñelos en práctica.

A lentitude nesta exposición tan só é motivo de que non existe traballo nin coperación mutua entre os concelleiros dos partidos que forman o goberno pontevedrés
Pode ser un claro resultado de dividir materias entre 4 concellerías, como ocorreu con Urbanismo, habendo agora ata un total de 11 dedicacións exclusivas.

Pontevedra segue a ser unha cidade pechada, non progresa
, e a cal lle faltan líderes no goberno municipal con peso para conseguir inversións coas que facer infraestructuras para mellorar as entradas á cidade; poder elaborar un PXOM,que se encontra moi atrasado; cumprir o convenio da Xunta de Galicia para o saneamento do rural; ofrecer saídas laborais ós xóvenes do concello; elaborar un plan de deportes municipal co que desenvolver escolas deportivas, campionatos locais para integrar a tódolos rapaces do concello e fomentar así o seu coñecemento e as súas relacións, etc...

Algún día chegarán políticos con experiencia probada na xestión pública, acostumados a xerar emprego e progreso, que lideren de verdade unha gran cidade como o é Pontevedra.

1 comentario:

AlejandroAlmau dijo...

El mandar no admite par.