jueves, 3 de enero de 2008

O erro inexcusable da non asistencia de Ánxela Bugallo















Encontrábase estes días por Galicia o ministro de Cultura, Antonio Molina, para visitar a nova biblioteca pública de Santiago de Compostela, que foi construida con cartos do propio Ministerio.

Unha visita que ía a ser beneficiadora para a capital de Galicia, xa que a construcción dunha biblioteca non é unha infraestructura de menor importancia, foi soada exclusivamente polo desplante da Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, ao ministro e ao seu Presidente autonómico.

Esta política, cultura poderá ter, en certo modo, bastante, pero intelixencia política ben pouca e respeto ás institucións aínda menos.

Os desplantes cos que a Conselleira de Cultura ten acostumada ó ministro forman parte do "quehacer" do departamento que dirixe Ánxela Bugallo, eludindo ademais a petición de asistencia que lle fixera o Presidente da Xunta, Pérez Touriño.

Isto non só representa un desprecio
hacia unha institución que desempeña unha función de interés público, como o Ministerio de Cultura, ademais dunha deslealtade hacia o Presidente que a nomeou, o señor Touriño, senón que é unha falta de responsabilidade, como tamén, unha deixadez hacia o pobo de Santiago e hacia a cultura galega, que é a quen representa gubernamentalmente.

En vez de aproveitarse desta visita, algúns "reductos" prefiren quedarse na casa.
Isto acontece con Touriño como Presidente porque con Fraga xa se mandaría a filas a máis dalgún...

Esta Conselleira tería que ter un mínimo de gratitude co Ministerio de Cultura por realizares unha obra en beneficio da cultura e de Santiago, pero debe de ocorrer que para o departamento nacionalista de Bugallo recibir un apoio inversor por parte do ministro de Cultura de España non é aproveitoso, aínda que repercuta no ben do pobo.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Das a enterder que non foi porque é un ministro español.

Ben, con esta apreciación hai que valorar negativamente que a conselleira non fora á cita, pero tamén hai que saber o fondo da cuestión, que é asegurar os motivos polos que non foi antes de dar un veredicto final.

Anónimo dijo...

Non hai máis que ver a foto coa que ilustras a entrada para entender por que non foi á inauguración dunha ¿biblioteca?

Anónimo dijo...

Si, nunha biblioteca normalmente hai libros. Inaugurar unhas estanterías resulta, ademais de electoralista, ridículo.

Creo que o artigo de Jorge atende ao mesmo que a inauguración das estanterías. Marzo está preto, e calquera pretexto é bo para tentar deslexitimar, botar a menos, descalificar... o que prefirades, a calquera dos demais concursantes. Sobre todo, tendo en conta esa omnipresente pretensión dos chamados "grandes partidos" por bipolarizar a vida política do Estado.

Saúdos.

Sísar dijo...

Es una gran obra en uno de los edificios más emblemáticos de Santiago.

No sé si es una obra de la importancia como para que venga el Ministro de Cultura pero si viene y además le acompaña el Presidente de la Xunta el deber de la Conselleira que es la que en teoría conoce todos los entresijos de la obra es estar ahí.

Ahora observamos el cruce de declaraciones a través de la prensa culpándose unos a otros en un espectáculo bochornoso e impropio de un Gobierno coaligado.

Anónimo dijo...

Será un espectáculo bochornoso, pero esas declaracións danse tanto dentro de gobernos coaligados como de gobernos de unidade...

Saúdos.

Anónimo dijo...

Perdón, esquecín poñer o nome na anterior entrada.

Anónimo dijo...

Gracias Tevye por comentar, pero te aseguro que mi fin último es criticar la dejadez de sus funciones de Ánxela Bugallo.
Es más, valoro positivamente del ministro de cultura hacia Galicia y, más en concreto, hacia Santiago.
Es lamentable que una conselleira no cumpla las peticiones de su Presidente, lo que demuestra que no es un gobierno coaligado, sino dos gobiernos, con sus respectivos intereses propios, obviando los intereses de los gallegos.
Esto no te podrá gustar por proximidad ideológica a la cartera de Bugallo, pero ni en el Psoe ni en el PP ha sentado nada bien esta ausencia, y en los gallegos mucho menos.

Hay una irresponsabilidad tremenda.
¿Con qué legitimidad le volverá a pedir algo al ministro de cultura Ánxela Bugallo?.

Era una inaguración de las instalaciones, aún no está abierta alñ público.

No voy a criticar la visita del ministro porque todos los partidos cuando están en el poder lo hacen.

Pero algunos responden con más compromiso y responsabilidad.

Saludos.

Anónimo dijo...

La Ánxela fue la que dijo que no iba porque estaba de vacaciones! jiji

Anónimo dijo...

A min o que dis nin me gusta nin me disgusta, Jorge.

Para min, a irresponsabilidade de Anxela Bugallo non demostra que haxa dous gobernos no canto dun coaligado. Desplantes así tenos habido en gobernos cunha soa formación á fronte.

Sobre o de que non lle sentou ben nin ao PSOE nin ao PP, e menos aínda aos galegos... permíteme que che diga que á inmensa maioría dos galegos nin lles vai nin lles ben, sobre todo porque a inmensa maioría non teñen nin idea do acontecido, e non é por falta de transparencia, senón por falta de interese nesas androménas.

Sobre o da lexitimidade, pois supoño que poderá pedir o que sexa coa lexitimidade que lle outorga ser conselleira de cultura. Home, agora están de moda as reprobacións, pero o abuso conduce ao vicio.

E eu si critico a visita ministerial, con independencia de cores, e a inauguración das estanterías segue a parecerme unha mera parafernalia propagandística, electoral e un absurdo desvío de fondos para o pertinente catering. Pero, bon, aos politicos é o que vos vai... que se a primeira pedra, que se o primeiro cravo... o caso e obter foto e rédito político.

E para o anónimo das 17:46, por favor, un pouco de rigor, outros estiveron de cacería no seu día.

Saúdos.

Anónimo dijo...

Y otros que los incendios estaban controlados, dos veces.

Anónimo dijo...

Gracias polo de político, pero de momento só son un observador,loxicamente coa súa ideoloxía e os seus principios.

Eu non estou a favor da inaguración de pedras ou primeiros km de vías de tren, por se din a entender iso, porque é unha vergoña que veña unha ministras de Fomento a mofarse dos galegos inaugurando pedras para logo non facer o proxecto e ter que esperar ata 2020 polo AVE, por exemplo. Se sabes exemplos doutros gobernos di-os para facer un contraste. Pero creo que nin Felipe, nin Aznar chegaron ata os límites da demagoxia nese aspecto como algún ministro do actual goberno.

O que me parece lóxico é que as autoridades inauguren as obras que financian, pero cando xa están rematadas como é o caso.

O dos libros é porque aínda non está aberta, pero a infraestructura xa está acondicionada.

Que quede claro que o que manifesto no artigo é unha crítica hacia a ausencia da conselleira porque denota moi pouca sensibilidade política e de xestión.

Gracias por comentar Tevye. un saúdo.

Anónimo dijo...

Olvidoúseme.

En el Correo Gallego de onte un prestixioso columnista como Alfredo Conde ven a manifestar, no fin, o mesmo que di este artigo.

Penso que é unha autoridade moral, xa que entre outras cousas foi conselleiro de cultura durante o tripartito de Fernandez Laxe.

Anónimo dijo...

Amigo Cubela, e amigos ledores:

Vou coincidir con Tevye: malditas fotografías de inauguracións, e menos neste caso, cando en España nin un só goberno da súa Historia se preocupou de achegar a cultura ós nacionais.

Inaugurar bibliotecas é unha parvada. Si, porque a poucos lles interesa a Biblioteca, e menos ós gobernantes: un pobo culto é un pobo perigoso. Para isto voume referir á Biblioteca da Cidade da Cultura, con tódolos seus marabillosos volumes á vista, e á que se vetaría a entrada ós estudiantes. ¿Para quen queda logo tal biblioteca? ¿Para as ratas, ou as cascudas? Querían tamén levar o fondo bibliográfico completo da USC. E os estudiantes mirariamos, coma na nova e flamante Biblioteca de Santiago, os andeis tan ventilados.

Se o Ministro de Cultura e o Goberno queren invertir en Cultura, e a Xunta tamén, que se deixen de inauguracións (nas que se van contías escandalosas en viños vellos, xamón, queixo e petiscos) e que invistan en Educación. En escolas, en Institutos. Que fixen máis cantidades orzamentarias en Cultura, na formación de xoves artistas, na conservación do clásico; e que se deixen de enviar tropas a países extranxeiros, ou a insuflar enormes sumas de diñeiro en clubes de fútbol ruinosos. Teñen a masa, pero non queren cocer. Prometen cultura, pero só dan enganabobos. Non hai dereito.

Pero voltando ó da Conselleira Bugallo, tíñao moi fácil: se tocan a bailar, pois a romper os tacóns; se vén o Ministro, pois canda el, e punto. Queda tempo e tempo para a mala educación e os malos xestos. Agradezo a Deus infinitamente que dende hai catro anos ata agora, rematáransenos as trompeterías, a pompa e a circunstancia, á hora de inaugurar; e tamén foron tomar aire as famosas plaquiñas de "inaugurapantanos", "alcaldedeturno" e "presidenciques". Puidera ser que tomasen nota do que digo.

E se se quere inaugurar: fagámolo con naturalidade, e todos adentro. A tempos novos, formas novas. E o importante é a xente, e non o Ministro. Dixen.

Anónimo dijo...

Concordo con Arias. E reafírmome no dito sobre a inauguración, inauguración á que Ánxela Bugallo debería de ter ido malia que o propio acto en sí fose un absurdo espectáculo. Iso si, non sei se houbo plaquiña ou non.

Sobre o das inauguracións de Felipe e Aznar... Aínda me lembro dese discurso de inauguración da Expo de Sevilla, na que parecía estar inaugurando o ano. Ou cando se fixo a colocación, con colaboración rexa, da primeira pedra da ampliación do Pazo do Senado no 87. E sobre Aznar, non te lembras de cando colocou en Campos del Río a primeira pedra das obras para o trasvase do Ebro? E a cousa é que non colocou unha única "primeira pedra" para ese trasvase, senón que se adicou a ir chantando primeiras pedras en todas as provincias polas que pasarían os canos coa auga ibera (ibera de ebro). E tamén en Barajas, para abrir dúas pistas de aterraxe. E o cumio da demagoxia (entendendo a demagoxia como o que realmente é: a política baseada en sacar proveito da visceralidade da poboación, é dicir, a política de estómagos agradecidos, o "panem et circenses") foi o Plan Galicia, do que para 10 anos estaba orzamentado menos dun 10% (así que o problema secular da nosa terra veríase resolto nun proceso tamén secular).

E, finalmente, para o anónimo das 21:57 do día 4; certo, os incendios non estaban tan controlados, pero a verdade é que a estes deberiamoslles de recoñecer o feito de que en todo momento dixeron que eran incendios e ata os sacaron pola televisión pública. Lémbraste daqueles tempos nos que había uns homiños gobernando que, mentres Galiza ardía, falaban de "simples puntos de lume", e de información na televisión pública ren de ren?
Todos, absolutamente todos teñen algo que se lles pode reprochar.
E non caiamos no absurdo "pois os outros máis", que xa vexo que te vas botar a ese recurso.

Saúdos.