miércoles, 30 de enero de 2008

¿Una ilegalización para qué...?


Siempre dije y defendí que la historia y el tiempo ponen a cada uno en su sitio...
Desde los albores de la democracia, los españoles siempre han sufrido el azote del terrorismo y del asesinato a bocajarro.

En un Estado de derecho como España, las autoridades y los órganos de gobierno, mediante el imperio de la ley, deben de velar para que se cumplan y se hagan cumplir las leyes.

No estoy a favor del "Terrorismo de Estado y de los entierros en cal viva" practicados en tiempos pasados, pero tampoco estoy a favor de que las cosas se hagan mal, tarde y a destiempo.

Nos podemos acordar del intenso debate que se mantuvo antes de las Elecciones Autonómicas Vascas y antes de las Elecciones Municipales, ya que, en ambas, se denunció la presentación de candidaturas herederas del aparato de ETA-Batasuna, correspondientes al PCTV (Partido Comunista de las Tierras Vascas) y a ANV (Acción Nacionalista Vasca).

Se sabía desde el primer día que tanto el PCTV como la ANV eran marcas tapaderas de Batasuna, ya que existieron informes policiales que así lo atestiguaron.

Mientras todo el PP lleva desde el primer día denunciando la evidencia de que los hijos políticos de ETA estaban en las Instituciones Democrácticas y financiándose con dinero de todos, reclamando hasta en 5 votaciones distintas en el Congreso de los Diputados que se instase a la fiscalía para la ilegalización de ANV, el Gobierno miraba para otro lado diciendo que los del PP usaban el terrorismo con fines electorales...

La historia ha colocado a Rajoy y a Zapatero en sus correspondientes asientos.
Uno defendió la verdad, la firmeza y el Pacto contra el terrorismo y por las libertades, el otro permitió, aún habiendo informes policiales clarificadores, que la marca política de ETA tuviese el inmerecido honor de sentarse en parlamentos democráticos y ejecer, en muchos casos, funciones de gobierno.

Y, ahora, los españoles que nos sentimos engañados por el Gobierno nos preguntamos si lo verdaderamente electoralista no será en realidad esperar al último minuto para ilegalizar ANV a dos meses de las elecciones...

14 comentarios:

Anónimo dijo...

A ver, Jorge, ti estudas dereito, non é?

Xa que logo supoño que coñeces o significado da palabra PROBA no seu senso máis relacionado coa legalidade. Lémbroche o que di a o diccionario da nosa RAG: "Cousa con que se demostra ou intenta demostrar algo".
Unha "evidencia" non constitúe unha "proba", porque unha evidencia non ten por qué ser un ente tanxíbel ou demostrábel, non ten por qué poder ser probada.

O caso é que a Fiscalía Xeral do Estado, de acordo coa Lei de Partidos, precisa de "probas" para poder solicitar a ilegalización dunha formación política ante o Tribunal Supremo, que tamén precisa (mira ti por onde) "probas" para poder facer efectiva esa ilegalización.

Pode resultar electoralista ilegalizar agora a PCTV xunto coa ANV, posibelmente a resultas dun acordo entre PSOE e PNV. Pero tamén resulta bastante electoralista dar un mitin nun congreso de víctimas do terrorismo, ou volver sempre ao de Miguel Ángel Blanco.

Sexa como for, supoño que de darse esa ilegalización, dende o punto de vista do PP mellor antes que despois, non?
Aínda que, o PP está ou non a favor de que algunha desa xente, que aínda pode ser recuperábel, se reintegre na sociedade? No caso de que a resposta sexa si, como se van reintegrar se se ilegaliza calquera partido que formen?

Saúdos.

Anónimo dijo...

Rajoy foi a ese Congreso porque foi invitado, mentres que ningún representante do Goberno foi á cita, o que é lamentable, e que acerta a aclarar que xente verdadeiramente de esquerdas como Rosa Díez decidan abandoar as filas do PSOE ou que xente como Bono e Ibarra apien o Pacto Antiterrorista frente á política do Goberno.

Entendo que teñas as túas diferencias co PP porque é obvio, pero o que é un feito obxectivo é que tanto membros de ANV vitoreaban a etarras, que sí mataron, en mitíns e colaboraban economicamente con Batasuna, reflectido en informes policiais de fai máis dun ano, de ahí que o PP presentase probas no Congreso dos Deputados, cousa da que estou seguro poderás acordarte.

Houbo iniciativas parlamentarias máis que suficientes para instar á fiscalía... é un dato obxectivo, o PP denunciaba e o Goberno miraba para outro lado.

Estudo Dereito e Foi así ou non foi así?.

Esperarei ansioso pola túa resposta, Un saúdo.

Anónimo dijo...

Rajoy foi coma convidado, pero era convidado a tomar parte nun congreso de víctimas do terrorismo e non a dar un mitin, que é o que fixo. Foi así ou non foi así?

É certo que o PP presentou diversas propostas parlamentares para instar a legalización desas formacións, sería absurdo negalo, pero tamén é certo que o PP de "probas" no congreso falou máis ben pouco; falou de "evidencias". Creo lembrar que xa che espuxen a diferencia.

Sobre os informes policiais, ata hai ben pouco non houbo probas concluíntes, xa que os rexistros en erriko-tabernas resultaron bastantes decepcionantes no que se refire á colleita de probas. Seguro que alguén do teu partido che pode facilitar unha copia dalgún dos informes que foron desclasificados.

Por outra banda, e falando de probas, o propio Garzón puxo en dúbida as evidencias das que o PP falaba. Nese senso é curioso como cambia a veleta do PP; cando foi o do GAL Garzón era para o PP un santo, comezou a perder a súa calidade de beato durante o xuízo do 11M, e cando chegou o tema do que estamos a falar, pasou a ser chamado marioneta por algúns pepeiros. E é que o PP ten insultado en varias ocasións a independencia do poder xudicial, é ou non é?

Que vitoreasen a etarras nalgún mitin non constitúe unha proba suficiente (os da Falanxe ían cantarlle a Franco -e non hai dúbida de que ese foi outro terrorista- no Val dos Caídos, renegan da Constitución, nalgunhas áreas ata pretenden reinstaurar o somatén á súa maneira... en definitiva, enxalzaban unhas figuras e un réxime dictatoriais. Constitúe logo iso unha proba para proceder á súa ilegalización?). E a colaboración económica hai que demostrala, e esa demostración non se fixo efectiva ata hai ben pouco.
As iniciativas están moi ben, pero teñen que ter unha base sólida para poder saír adiante. E, unha cousa é certa, este proceso a quen realmente beneficia é a ETA e a ninguén máis (se non contamos aos que tiran votos a conta do terrorismo). E pódese instar ao fiscal a conta de propoñer moreas de iniciativas parlamentares pero, como non teña con que traballar, de pouco vai servir. Iso é o que agora se lle deu, material para traballar.
Ollo, eu non estou a falar de se o PP tiña ou non a razón, o que digo é que non era suficiente con dicilo.

E sobre o de mirar para outro lado. Vaia, pois depende do lado. O que está claro é que cando o PP non goberna, non vai votar a favor de nada, tomemos como referencia a voz de Zaplana, que nun recente debate dixo: "Claro que va a haber consenso. Si gana el PP habrá consenso".

E, para rematar, resulta divertido iso de xente realmente de esquerdas. Pensaba que segundo o PP os que son realmente de esquerdas son os que van por aí queimando igrexas, nacionalizando todo e quitándolles as pensións aos nosos velliños; cando menos iso é o que o PP pregoa. Rosa Díez e Zapatero sonlle ao PSOE o que ao PP lle son Gallardón e Esperanza Aguirre. Que curioso, Rosa Díez marchou do PSOE, e seica o Gallardón vai marchar do PP logo do 9 de marzo.
E, home, Bono e Ibarra realmente de esquerdas... en fin, ninguén nace aprendido. É como se dicimos que o PSOE é realmente de esquerdas, ou o novo partido de Rosa Díez, ese no que xa andan a labazadas entre eles.
E coma o conto de que o PP é de centro reformista... o máis recente é o que, como puiden ver nun arrebato de zapping, Montse Nebrera dixo nun deses afterhours televisivos: "el PP es un partido liberal-conservador", o que constitúe unha auténtica contradicción de termos, por moito que o partido de Cánovas o fose, ou porque Reagan ou Tatcher se autoproclamase así.

En fin, creo que me alonguei un pouquiño. A verdade é que PSOE e PP parécenme o mesmo auto con distinta matrícula, e tan electoralista me resulta o de "ahora los ilegalizamos" como o de "ya lo habíamos dicho". Cousas do trastorno bipolar da política hispana.

Anónimo dijo...

Ah, si. Saúdos.

Anónimo dijo...

Que casualidad teniendo a dos meses las elecciones estemos todavía viendo si estos hijos de puta son buenos o malos!
La verdad chicos es que viendo lo que se ve, ni PSOE ni PP tendrán nunca la razón.
Por supuesto, al pp lo que es del pp y al psoe lo que es del psoe.
Rosa Díez es la única política con credibilidad en España, se parte la cara por los vascos y por España.

Anónimo dijo...

Igual que o pp utilizou o terrorismo como fin partidista, tamén o psoe esperou ás elección...
o único malo disto é que se vai a ilegalizar un partido político.
Non existe o código penal?

Anónimo dijo...

e entrementres ninguén fala de si hai que ilegallizar a partidos políticos de extrema dereita como Alianza Nacional, Falanxe ou Plataforma España 2000 que organizan manfiestacións claramente racistas e xenófobas e están detrás de moitos casos luctuosos nos últimos años no Estado Español, diso non se fala nin tan sequera se chegou a albiscar un debate ao respeito, paréceme que xente coma Ynestrillas que fai apoloxia da violencia manifestándose en Hernani cós seus (provocando máis ben) tamén tiña que rendir contas, pero como son de extrema dereita parece que son menos malos, o que pasa que a algún partido non lle interesa porque supoño collerá moitos votos desa xente.

Ilegalizar a formacións coma Batasuna ou o PCTV si, pero a partidos de extrema dereita que promoven a violencia tamén.

un saúdo a todos

Jorge Cubela dijo...

Boas Breogain.
Non sei se te acordas ou escoitaches que o PP presentara unha iniciativa para ilegalizar ás organizacións fascistas, tal medida ata fora aplaudida por IU, o que pasa que aver como queda iso ao final.

A diferencia entre e falanxe e o PCTV e Anv é que non se probou que financiasen a grupos violentos, pero, pola contra, España 2000 sí ten moitos integrantes que van a vixiar nas manifestacións que organizan e que teñen antecedentes por malleiras,actos violentos e ameazas...
Non entendo como aínda seguen campando por aí...

O que sería desexable non é que foran ilegalizadas, senón que non existisen.

Saúdos

Sísar dijo...

Teyve la Lei de Partidos no se han cumplido. Es incierto lo que dices.

El Gobierno tuvo pruebas antes de las elecciones de que Batasuna montó ANV. http://www.elmundo.es/elmundo/2008/01/29/espana/1201571500.html

Jorge te dejo un vídeo que me han pasado con toda la cronología de la negociación con ETA. http://www.youtube.com/watch?v=m2n3IrKawzQ

Anónimo dijo...

Ben, esa é a versión do Mundo, empeñado en retorcerlle o rabo á marrá. Outros xornais (e non teñen por qué ser o País ou outros presumibelmente simpatizantes do PSOE) dan versións ben distintas. Cal é a verdadeira? Cada quen crerá o que queira crer. Iso si, teño que dicir que o Mundo, ao meu parecer, non se caracteriza polo rigor e a profesionalidade xornalísticas.

Eu, pola miña banda, concédolle o beneficio da dúbida ao PSOE, como antes llo concedín ao PP, en definitiva ao goberno, no que á Lei de Partidos (coa que discrepo) e ao seu cumprimento se refire.

Tamén indicar que quen rompeu o pacto ese polas liberdades non foi o goberno. Precisamente o pacto en cuestión establece que a oposición apoiará ao goberno no que se refire á consecución da fin do terrorismo, sexa pola vía penal ou pola negociada. Quen rompeu o consenso foi o PP ao non apoiar como principal partido da oposición a iniciativa do goberno de negociar unha solución para o problema (cousa que si fixo a oposición cando o señor Aznar andivo a xuntarse ás agachadas cos etarras e lles chamaba "movemento de liberación nacional"... vaia, neses intres o Mundo non falaba de probas para ilegalizacións e outras chuminadas). Nese senso, quédome coa frase de Zaplana á que xa fixen referencia no seu momento "Si gana el PP habrá consenso", e se non, a dicir NON ante calquera iniciativa do goberno.

E sobre o vídeo... a información sesgada non é información, e ese vídeo obvia determinados elementos (dos que sería unha parvada poñerme a enumeralos) que tal vez non resulten tan rendíbeis pero que aí están.

Saúdos.

Anónimo dijo...

Caímos no positivismo xurídico, puro e duro, e houbo que inventar unha lei á medida dos partidos con preeminencia parlamentaria, que temen movementos xa non só violentos, senón que escindan a unidade que teñen en mente. ¿Non hai un código penal? ¿Non hai un tipo delictivo denominado apoloxía do terrorismo? Se esta se fai dende unha sociedade, a sociedade resulta ilegal, ipso facto. A lei de partidos responde só a necesidades electoralistas. E mentres ilegalizan partidos, os seus dirixentes andan pola rúa coma se nada pasase. ¿Incoherencia xurídica (societas delinquere non potest) ou simple oportunismo electoralista? A Lei de Partidos é unha arma de dobre filo, que debe ser anulada. É abertamente incostitucional.

E despois disto, porei a coiraza, porque me van coser a dardos.

Sísar dijo...

El que la oposición apoye al que gobierno es sólo un punto de muchos más.

Las únicas opciones que siempre que se ofrecieron a ETA han sido siempre o la rendición o la derrota. Frutos de esta voluntad fueron el Pacto Antiterrorista, la Ley de Partidos y la expulsión de Batasuna de la democracia y de la legalidad. En todas esas medidas participó el señor Rodríguez Zapatero. Gracias a todo ello hemos conseguimos acorralar a los terroristas hasta el punto de que la derrota a corto plazo apareciera como una posibilidad alcanzable.

La ley de partidos establece las reglas de juego entre los dos partidos mayoritarios y es vulnerada cuando se deja en fuera de juego al Pp y se marcan otras reglas con otros partidos.

A esa aventura ha dio Zp solito porque nada indicaba cambiar UNA POLÍTICA ANTITERRORISTA QUE HABÍA AISLADO A ETA POLÍTICA Y SOCIALMENTE, y demostrada como la más eficaz.

Esa es la pregunta sin respuesta.

Anónimo dijo...

Expulsouse a Batasuna da Democracia e da Legalidade gracias a unha lei ad hoc. ¿Non é iso algo raro? ¿Non choca á mentalidade xurídica?

O estado fíxose forte usando trampas legais.Inmorais. Inconstitucionais. Xogou ó "y tú más". A iso é o que non hai dereito. Batasuna elimínase soa, sen necesidade de pactos para leis de partidos. Sen necesidade de pactos antiterroristas que axudaron a ZP a ascender ó poder e ó PP a poder ascender agora. O terrorismo úsase como arma política. E no Reino Unido, onde sen dúbida algunha o terrorismo foi desmesuradamente peor (ollo que non minoro a traxedia española) endexamáis pasou tal. Nin se ilegalizou ó Sinn Fein. Nin houbo tal vontade. Nin coa Thatcher.

O fin non xustifica os medios. Nin de ETA, nin do Estado. E o Estado de dereito non só se somete ás propias leis (estamos aviados se me someto á miña vontade) senón que ó Dereito, que é outra cousa distinta á lei.

E os partidos maioritarios non poden establecer unhas normas de xogo que funcionan como imposición, e por parte de partidos, cunha lexitimidade democrática cuestionable. En España non podemos falar de democracia nin de dereito: partitocracia e lei. O resto xa veremos.

COn todo isto non quero defender ós Batasunos. Simplemente me parecen delincuentes que deberían estar na cadea, por faceren o que fan. Que actúen os xuíces e a Fiscalía, e non que actúen cando o goberno ten interese na actuación. Dixen.

Anónimo dijo...

Concordo completamente con Arias. E aínda engadirei que durante o goberno da Thatcher, a que pasou á historia como a "dama de ferro", a negociación foi realmente intensa e incluso se deron algunhas concesións, se ben non podemos obviar os presos falecidos nas folgas de fame do 81, entre eles un deputado eleito democráticamente como era Bobby Sands.

A fin da ETA só se pode dar dende a ETA. Coma foi o caso do IRA, xa sacado ao prelo. Nese senso, logo do atentado de Omagh, do que se van cumprir agora os 10 anos, reivindicado (e logo confirmada a autoría pola RUC ou Royal Ulster Constabulary) polo RIRA (Real IRA, que nada ten que ver co IRA ou co Sinn Féin, coa salvidade de ter nacido dun brazo escindido do primeiro), no que faleceron 29 persoas, entre elas uns nenos españois que estaban alí de viaxe de estudos; Aznar, e cito textualmente ao xornal el Mundo (tamén sacado xa ao prelo), "en una conversación telefónica de 15 minutos, Aznar agradeció a Blair los esfuerzos de los servicios de emergencia británicos y agregó que «la única vía es continuar con el proceso de paz»". Que curiosa a súa reacción, diametralmente oposta, logo do da T4.

Dende o meu punto de vista, a Lei de Partidos nace cunha única intención, a neutralización dos chamados "nacionalismos periféricos" (absolutamente a todos, feito acusado nas propias declaracións de Vidal Quadras, ás que xa teño aludido, e dalgunha que outra cabeza visíbel de PP e PSOE), por parte do realmente excluínte nacionalismo español, porque por moito que se queira negar a evidencia, o de "España es una única nación" é un descurso nacionalista.

E, non ven ao caso pero non me parece que vaia ser tratado nalgún dos bos artigos aos que nos ten acostumados Jorge, xa que logo lanzo esta pregunta: que vos parecen os mitins, porque son mitins en toda regra, que está lanzando a Igrexa estes días? A liberdade de expresión é un dereito inalienábel pero, debe a Igrexa facer política? Debe tentar condicionar o voto dos seus fieis? Volvemos a mesturar relixión e estado?

Saúdos.